Amosando publicacións coa etiqueta Concello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de novembro de 2023

CONCERTO ALDAOLADO: CONFIMADO NINGUÉN MORRE DE ESCOITAR POESÍA





O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visitou o Centro Ágora para presenciar un espectáculo que hibridou poesía e música. Unha oportunidade para poñer cara e son ás autoras dun dos libros cos que traballamos no centro, escrito a dúas mans polas poetas Lucía Aldao e María Lado: “Ninguén morreu de ler poesía” (Edicións Xerais, 2020).

Guiados pola man delas subimos até os tellados e mollamos os pés na praia das gaivotas. Deixamos os cines Equitativa atrás de nós e soubemos que as laranxas gardan o sabor da amizade. Aínda, e de xeito inesperado, obtivemos a licenza para odiar -e mesmo para moito amar- a poesía. 

Confirmamos, tamén, que o alumnado desta casa disfrutou e celebrou a palabra, que se emocionou e riu e que -sen dúbida- forman parte do colectivo dos que aman. 

Actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Rafael Dieste en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o programa Falamos.

mércores, 25 de outubro de 2023

XORNADA DE MÚSICA E POESÍA PARA O ALUMNADO DE 1ºESO

 






Grazas á colaboración do Programa Falamos Secundaria que promove o Servizo de Dinamización da Lingua Galega do Concello da Coruña, o alumnado de 1º da ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste puido facer unha viaxe sonora pola historia da literatura galega da man dun Cicerone excepcional, o músico Fran Amil.

Esta singradura sonora iniciou a aventura -desde o conforto dos asentos do Centro Ágora- retornando para o século XII, visitando en chave pop xoias do noso cancioneiro medieval. 

A partir de aí, salto temporal até o século XIX coa complicidade amiga de Rosalía de Castro. E esperando por nós, no tempo das Irmandades da Fala, iniciamos o século XX con Luís Amado Carballo. Atrás del apreceron aínda Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Avilés de Taramancos. Popsía. 

Houbo tempo nesta aventura para o soul, o funky, o reggae, o rock. Exectutado brillantemente por unha banda na que houbo solos de teclado, guitarra, baixo, saxofón e gaita. 

luns, 23 de outubro de 2023

CONCELLO: CONVOCATORIA "A CORUÑA NO MUNDO" BOLSAS USA 2023-24

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2023/24, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións: 

• Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE). 

• Residir e estar empadroado co seu pai, ou nai, ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña. 

• Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar do Concello da Coruña, no presente curso 2023-2024. 

• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación media de 6 puntos ou máis, e non ter ningunha materia suspensa. 

• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés). 

O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto dende o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos. 

Nesta edición introdúcense importantes novidades co obxectivo de poder abrir esta fantástica posibilidade a máis nenas e nenos, entre as que destacan: 

• A suba dos cartos de peto mensuais. 

• A posibilidade de obter unha cantidade adicional de 400 euros en concepto de gastos de preparación da viaxe. 

• Reducción das achegas das familias. Para poder informar polo miúdo das condicións das devanditas bolsas, realizaranse as seguintes charlas informativas para as familias: 

CENTRO CÍVICO DATA HORARIO CCM ROSALES 23 de octubre 16.00 a 18.00h

 CCM NOVO MESOIRO 23 de octubre 18.30 a 20.30h 

CCM MALLOS 24 de octubre 18.00 a 20.00h 

CCM MONELOS 25 de octubre 18.00 a 20.00h 

CCM MONTE ALTO 26 de octubre 18:00 a 20:00h 

CCM SAN DIEGO 27 de octubre 18.00 a 20.00h 

Co desexo de que participedes o maior número posible de rapaces e rapazas, para calquera dúbida podedes chamar ao 010, ao Servizo Municipal de Educación ou á Rede Municipal de Información Xuvenil (981184200). 

domingo, 7 de maio de 2023

O IES "RAFAEL DIESTE" PARTICIPA NO "DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2023"



 O sábado 6 de maio o alumnado do Club de Ciencias do IES Rafael Dieste participou nunha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, no Monte de Santa Margarida da Coruña.

Levamos varias experiencias: Non existen as fórmulas secretas; cromatografía das clorofilas, non nos fumigan; como se forman as estelas ao paso das partículas, non somos o que comemos; extracción de ADN e explicación da súa expresión, como observar; con invertebrados e curiosidades mariñas, extracción de agar-agar; xelatinas e medios de cultivo…

Os rapaces explicaron todo esto coas súas experiencias ao público, que a pesar do día encheu o Parque de Santa Margarida, no día da gran festa da Ciencia para escolares de A Coruña e a súa contorna.










mércores, 25 de xaneiro de 2023

CONVOCATORIA "IDIOMAS DO MUNDO 2023" DO CONCELLO DE A CORUÑA

 


Achegamos bases e información relativa á apertura do prazo de inscrición para participar no programa Idiomas do Mundo 2023, que subvenciona estancias durante un mes en Irlanda, Francia e Portugal para o alumnado de 1º de Bacharelato e que estudou 4º da ESO no curso pasado.

 
Desde mañá mércores e ata o 9 de febreiro xa estará aberto o prazo de inscrición para as solicitudes de participación no programa Idiomas do Mundo 2023, que ofrece a oportunidade ao alumnado que cursa 1º de Bacharelato o presente curso 2022-23 de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán para mellorar a súa competencia en idiomas estranxeiros. O prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de xaneiro ata o 7 de febreiro, ambos días incluídos.

A convocatoria establece un mínimo de dez estancias durante catro semanas, preferentemente no mes de xullo, en Irlanda, Francia e Portugal, para polo menos un total de trinta entre os tres destinos.
 
Os requisitos para poder participar no programa son os de estar empadroado no Concello da Coruña con algún proxenitor ou representante legal no momento da solicitude, estar a cursar 1º de Bacharelato nun centro educativo da cidade, obter unha cualificación media de 7 en 4º de ESO e non contar con ningunha materia suspensa, obter unha cualificación mínimo de 8 en 4º de ESO na materia de lingua estranxeira para a que se solicita praza (inglés, francés, portugués ou galego), aínda que no caso de cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a nota obtida nesta; e estar en posesión do DNI, pasaporte ou NIF, ademais de dispoñer con 15 días de antelación ao comezo da estancia do visado, no caso de que sexa necesario por parte da persoa solicitante.
 
O alumnado seleccionado poderá ser beneficiario dunha subvención total ou parcial en función das circunstancias económicas familiares, segundo unha táboa que figura nas bases do programa. O importe do custo/praza está aínda por determinar.
 
baremación das solicitudes realizarase de acordo á nota media obtida en 4º de ESO, ata un máximo de 6 puntos, de tal maneira que se a nota media é superior a 7 e igual ou inferior a 8 outorgarase 2 puntos; se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, serán 4 puntos, e se é superior a 9, serán 6 puntos. A cualificación de lingua estranxeira estará valorada en 3 puntos se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, e de 6 puntos se é superior a 9. Cando se acredite a existencia dunha situación de discapacidade da persoa solicitante nun grao igual ou superior ao 33% outorgaránselle 2 puntos na baremación.
 
A renda económica familiar non será baremada aínda que permitirá establecer a porcentaxe de subvención por parte do Concello e a achega que terán que realizar as persoas solicitantes en caso de non ser beneficiarios dunha subvención total.
 
A inscrición terá que ser realizada a través de calquera dos rexistros municipais (María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Ágora e centro cívico de Mesoiro) solicitando cita previa, no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2012, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
Para formalizar a inscrición será necesario achegar toda a documentación, recollida nas bases que se poden consultar na web educativa www.coruna.gal/educacion
 
Para máis información:  
educación@coruna.es
981184200, extensión 12114

venres, 21 de outubro de 2022

MELLORAS NA ACCESIBILIDADE NA CONTORNA DO IES "RAFAEL DIESTE"


 Fotos: Concello de A Coruña




O Concello da Coruña rematou os traballos de mellora na contorna do IES Rafael Dieste, que consistiron na ampliación da beirarrúa existente no cruzamento da rúa Manuel Murguía e a rolda de Outeiro, na glorieta do Pavo Real, para adaptala á actual normativa e inclúe novas zonas verdes. Ademais, o Concello actualizou a frecuencia semafórica da zona para mellorar a seguridade viaria.

luns, 9 de maio de 2022

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022



O pasado sábado 7 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarita o Día da Ciencia na Rúa 2022, donde dende as 11 da mañá ata as 7 de tarde, alumnado de distintos centros escolares da cidade presentaron os seus proxectos e experimentos científicos. O "Rafael Dieste" tamén tivo a súa representación, coordinada pola profesora de ciencias Marisa Castiñeira.

Toda a información completa no blog de ciencias: DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022.



xoves, 10 de febreiro de 2022

CONCELLO DE A CORUÑA: CONVOCATORIA "IDIOMAS DO MUNDO 2022"


 O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2021-22, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2022, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Destinos e prazas: Irlanda, 37 prazas / Francia, 10 prazas / Portugal, 10 prazas / Alemaña ou Austria, 3 prazas.

Toda a información na web do concello: "Idiomas do mundo".

venres, 31 de xullo de 2020

A NOSA ALUMNA RAQUEL TORRES DÍAZ, UNHA DAS 10 MELLORES CALIFICACIÓNS NAS ABAU 2020 DA CIDADE


Foto: coruna.gal (web do Concello)


Esta mañá a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, recibíu no pazo de María Pita aos estudantes da cidade que acadaron as mellores calificacións nas probas ABAU 2020. Una vez mais, unha das nosas alumnas está entre eles. Trátase de RAQUEL TORRES DÍAZ, alumna de 2ºBAC-B durante o curso 2019-20.
Parabéns para todos eles e moi especialmente para a nosa alumna Raquel e a súa familia. Moita sorte no futuro!

Esta información na web do Concello: AQUÍ

venres, 21 de febreiro de 2020

CONVOCATORIA IDIOMAS DO MUNDO 2020 DO CONCELLO DE A CORUÑA.


O Concello de A Coruña ven de convocar a edición 2020 de "IDIOMAS DO MUNDO", 60 prazas para alumnado de 4ºESO e 1ºBAC  para perfeccionar en idiomas (alemán, francés, inglés e portugués) durante 4 semanas preferentemente no mes de xullo 2020.
Prazo de presentación de solictudes ata o 6 de marzo.

60 prazas: Irlanda, 37 prazas. Francia, 10 prazas. Portugal, 10 prazas. Alemaña ou Austria, 3 prazas
Toda a información nesta ligazón á web do concello

xoves, 14 de novembro de 2019

BECAS DO CONCELLO PARA CURSAR 1ºBAC NOS EE.UU 2020-21



Un curso máis, o Concello de A Coruña convoca as Becas "A CORUÑA NO MUNDO" 2020-21 para cursar 1º de Bacharelato nun High School nos EE.UU. Vai dirixido a todo o alumnado que cursa neste momento 4º da ESO. 

PRAZO DE SOLICITUDE ENTRE O 18 DE NOVEMBRO E O 10 DE DECEMBRO 2019.

Toda a información na web do Concello AQUÍ.

luns, 4 de novembro de 2019

O 'RAFAEL DIESTE' NA SEMUA IV: SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL



O Departamento de Música volveu a participar na IV Semana das Músicas do Audiovisual,  un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.

Cos alumnado de Música de 3º ESO estivemos o luns 28 de outubro no Teatro Colón no concerto ofrecido pola Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por David Fiuza,  no que interpretaron músicas de bandas sonoras de obras audiovisuais españolas. Escoitamos músicas compostas por Carmelo Bernaola (as sintonías de Verano Azul e La Clave e das películas Espérame en el cielo, Tormento Pasodoble), Capitán Trueno (Luis Ivars), así como as músicas de dúas cortametraxes do director Hugo de la Riva (El abducido-Una comedia humana e Blondi, el perro de Hitler) e o tema principal de Bienvenido, Mister Marshall.


martes, 6 de agosto de 2019

ALUMNADO CORUÑÉS 2019 QUE ESTUDIARÁ 1ºBAC NOS EE.UU

[Foto. coruna,gal]

Hoxe á mañá a alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación despediron aos 60 estudantes de centros coruñeses que partirán nuns días a estudiar o equivalente a 1ºBAC nos EE.UU. dentro do programa "Bolsos de Estudos Junior Year 2019-20" convocado polo Concello de A Coruña. Entre eles están dous alumnos do 'Rafael Dieste': Manuel García Otero e Adrián Vossen Cerviño.
Parabéns e moita sorte para todos eles!

Info completa na web do Concello

martes, 9 de xullo de 2019

A NOSA ALUMNA CARMEN CADAHÍA VEIRA UNHA DAS MÁIS ALTAS CALIFICACIÓNS NAS ABAU 2019

[Foto: coruna.gal]

A nosa alumna Carmen Cadahía Veira, xunto aos outros estudiantes da cidade que obtiveron as calificacións máis altas nas probas de ABAU de 2019, recibiron os parabéns da alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación Jesús Celemín esta mañá no salón de plenos do pazo de María Pita.
Os nosos parabéns para todos eles e en especial para Carmen! Moita sorte no futuro!

Toda a información na web do Concello.

Tamén a prensa local recordou este días que o IES 'Rafael Dieste' é un dos institutos da cidade que sempre aparece entre os que acadan mellores medias nas probas ABAU nos últimos anos.

[Foto: La Voz de Galicia]

xoves, 13 de xuño de 2019

PROGRAMAS DE LECER SAUDABLE NOS CENTRO CÍVICOS DA CIDADE PARA O VERÁN 2019



Na ligazón que incluimos tedes a información sobre as actividades de lecer gratuitas para a mocidade nos centro cívicos municipais durante os meses de xullo e agosto de 2019. O prazo de inscrición é dp 25 ao 27 de xuño de 11:00 a 13:00h e de 17:30 a 19:30h en cada un dos centros respectivos donde se realice a actividade que vos interese.

luns, 6 de maio de 2019

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' PARTICIPA NA ACTIVIDADE 'CIENCIA NA RÚA 2019'



O pasado sábado celebrouse na Casa das Ciencias a actividade 'Ciencia na rúa' na que participou alumnado do noso centro coordinados pola profesora de bioloxía Marisa Castiñeira. Ali montaron un posto para mostrar os seus traballos, polo que pasou, entre outros,  o alcalde da cidade Xulio Ferreiro.

+ info.



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores