martes, 21 de decembro de 2021

NADAL 2021: CONCURSO DECORACIÓN DE AULAS PARA O NADAL



Aproveitamos para desexar a toda a comunidade escolar do IES "RAFAEL DIESTE":
UNHAS BOAS FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!
CON TRANQUILIDADE E SAÚDE PARA TOD@S!
 
Este curso para crear ambiente de nadal no instituto, convocamos o Concurso de Decoración de Aulas para o Nadal. Cada grupo adornou a súa clase seguindo a súas ideas. O primeiro premio foi para a clase de 4ºESO-A e o segundo compartido entre os grupos de Bacharelato 1ºB e 2ºC. Aquí temos fotos de varias das decoracións presentadas. 
Parabéns a todos os grupos pola súa participación e entusiasmo. Dalgunha maneira todos gañaron!!!!















luns, 20 de decembro de 2021

FOTOS DA HOMENAXE A JOAQUÍN VÁZQUEZ

Publicamos as primeira fotos do acto que se celebrou o pasado venres en homenaxe ao noso querido Joaquín Vázquez, quen foi o noso primeiro conserxe dende a inauguración do centro. 
O acto de homenaxe comezou plantando unha arbore no seu recordo nos xardíns diante do centro e posteriormente continuou no Salón de Actos do Conservatorio Superior "Andrés Gaos" donde se interpretou a súa música favorita e se leron poemas e víronse videos coas súas fotos e comentarios do primeiro alumnado do instituto.
Ao final entregáronse agasallos de recordo a súa familia.
Hoxe deixamos algunhas fotos, actualizaremos con algunha máis.






A súa muller e fillos plantan a árbore.
Acto no Conservatorio Superior.
Entrega de agasallos de recordo á familia.










 

CHARLA DE PAULINA CEREMUZYNSKA E AS CANTIGAS MEDIEVAIS


Hoxe tivemos a visita no noso centro de Paulina Ceremuzynska, musicóloga polaca que nos comentou os seus coñecementos sobre a lírica medieval galego-portuguesa nunha conferencia-concerto.
Paulina expresouse nun perfecto galego, que serve tamén para desfacer prexuízos lingüísticos. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Música e a Biblioteca.
Mais información no blog do ENL do instituto.

xoves, 16 de decembro de 2021

HOMENAXE A JOAQUÍN

Cumprido xa un ano do seu falecemento, os traballadores, tanto persoal docente como non docente, do IES "RAFAEL DIESTE" rendiremos homenaxe ao noso compañeiro JOAQUÍN, histórico conserxe do instituto dende a súa inauguración. Este tributo retrasouse no tempo por mor da COVID e será con aforo limitado polo mesmo motivo, pero o resto da comunidade escolar poderá seguir o acto por internet na ligazón inferior.



 

mércores, 15 de decembro de 2021

CAMPAÑA DE RECOLLIDA PARA O BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS 2021

O instituto, como forma de colaborar con aquelas persoas que están en situacións difíciles, organiza outra vez este ano unha campaña solidaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña.
Pode participar toda a comunidade educativa e consiste en aportar UN QUILO ou UN LITRO (poden ser máis) de calquera alimento NON PERECEDOIRO como leite, galletas, cacao, latas de conserva, café, sal, aceite, legumes, arroz, fariña…ou similares e material hixiénico coma xel, maquinillas de afeitar, champú…
As vosas aportacións pódense depositar nos contedores que se atopan na entrada da biblioteca do centro antes do día 21 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración.

 

venres, 10 de decembro de 2021

CHARLA EN LIÑA DENDE O MUNCYT CON ADELA MUÑOZ PÁEZ: "OS ELEMENTOS DO CRIME"


 O alumnado de 1º de bacharelato de Cultura científica asistiu o 10 de decembro de 2021 a conferencia on line organizada polo MUNCYT da Coruña.
Maís info nesta ligazón: charla ADELA MUÑOZ PAEZ.

xoves, 2 de decembro de 2021

VISITA DA ILUSTRADORA XULIA PISÓN


 Recibimos a visita da ilustradora Xulia Pisón que ofreceu unha conferencia ao alumnado de 4ºESO sobre a súa traxectoria profesional.
Máis información no blog de ENL do instituto.

martes, 30 de novembro de 2021

SAIDA XEOLÓXICA: VISITA Á COSTA DE DEXO-SEIXO BRANCO




 O martes 30 de novembro de 2021 tivemos unha saída xeolóxica a costa de Dexo-Serantes.

O xeólogo Fran Canosa foi o noso guía para explicarnos a petroloxía e xeomorfoloxía da zona.

Máis información nesta ligazón: SAÍDA A MERA-COSTA DE DEXO.

venres, 26 de novembro de 2021

ENTREGA PREMIOS DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021-22"




Hoxe fíxose entrega na Biblioteca dos premios ao concurso de selfies "AS MIÑAS BIBLIOTECAS" que convocamos o pasado mes de outubro para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. Parabéns para os gañadores.

xoves, 25 de novembro de 2021

luns, 15 de novembro de 2021

INSTRUCIÓNS DISTRIBUCIÓN MASCARILLAS CURSO 2021-22


 Achégase a ligazón as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

xoves, 11 de novembro de 2021

venres, 5 de novembro de 2021

'BIBLIODIESTE': CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, dende o martes 2 ao xoves 11 de novembro imos ler contos terroríficos nos recreos. Alumnado voluntario e profesoras tamén voluntarias fannos pasar un rato de medio divertido entre sombras, cabazas, velas e seres descoñecidos…

Micro contos, contos curtos e algunha sorpresa xaponesa farán as delicias do alumnado máis pequeno que se acerca a biblioteca nesta primeira actividade en exclusiva para todos eles e elas.








 

mércores, 3 de novembro de 2021

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS EN 'BIBLIODIESTE' PARA ALUMNADO 1ºESO


 Esta semana comezaron as xornadas de formación para o alumnado novo no centro. Aproveitando o ambiente especial do Samaín, presentamos a nosa biblioteca aos novos usuarios e usuarias de 1º ESO. Explicámoslles como sacar partido dos recursos da biblioteca: como atopar os libros, como usar o seu carné, os ordenadores, onde están os cómic, as películas e os xogos de xadrez. E presentamos as nosas novidades: o punto de intercambio, o caixón de suxestión e o anel Lgtbiq+. 

Benvido todo o mundo!!!

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores