venres, 25 de novembro de 2022

25-N 2022: MINUTO DE SILENCIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





Un ano maís, chegado o 25 de novembro, tod@s no instituto paramos e fixemos un minuto de silencio en apoio e visibilización de que estamos en contra de violencia de xénero e de respeto a todas as víctimas desta lacra social.

xoves, 24 de novembro de 2022

25-N: A ESCALEIRA CÍCLICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA

A nosa escaleira


Nun novo 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia conta a Muller, traemos o video que explica a escaleira cíclica da violencia de xénero.

Video: 

NICOLÁS LOZANO LÓPEZ, MENCIÓN ESPECIAL NO V CONCURSO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA DO IGFAE


 O xurado da quinta edición do Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías acaba de facer público o ditame cos traballos gañadores de entre as 33 obras recibidas.
Na categoría de videos divulgativos, un alumno do noso instituto NICOLÁS LOZANO LÓPEZ (2ºBAC-A) ven de recibir unha menicón especial polo video "O DESCUBRIMENTO DO SAGITARIO A*E O M87" que incluímos a continuación.


Video "O DESCUBRIMENTO DO SAGITARIO A*E O M87" por Nicolás Lozano López:

sábado, 19 de novembro de 2022

venres, 18 de novembro de 2022

NOVO TABOLEIRO DE NOVAS LGTBIQ+ DE "DiverXentes"


 

Nesta semana, inauguramos o taboleiro de novas relacionadas co colectivo LGTBIQ+; está xestionado por DiverXentes, o grupo de apoio afectivo-sexual do noso centro, que se reúne todos os xoves no primeiro recreo no Espazo Seguro DiverXentes, no terceiro andar do edificio (a carón da aula de Plástica).

martes, 15 de novembro de 2022

PARA CONMEMORAR O 25-N


 O vindeiro día 25 de noviembre celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A Delegación do Goberno de España en Galicia, con tal motivo, organiza unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar á cidadanía ante esta lacra social e a recoñocer o trabajo das persoas que poñen en valor o papel da muller na nosa sociedade e loitan contra a violencia machista.

A iniciativa consiste en animar aos mozos e mozas, a partir de 13 anos, a realizar unha acción na rede social TikTok sobre o respeto e a igualdade, ben unha canción, un baile, unha representación gráfica… e compartila. Para animalos contaremos coa colaboración da tiktoker @Ireniusx, que o vindeiro día 20 colgará un vídeo no seu canal explicando a iniciativa e invitándoos a participar. 

luns, 14 de novembro de 2022

O IES "RAFAEL DIESTE" PROTAGONISTA NAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022 EN SANTIAGO



Este sábado 12 de novembro vimos de participar nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O noso centro foi invitado a participar na mesa redonda sobre "Novas Linguaxes na Biblioteca". En ausencia de Arcadio Novoa, coordinador da radio neste curso e responsable, xunto co alumnado participante,  do programa de radio "A heroica vida de Florencio Delgado", Carlos Lens, coordinador da radio o curso pasado, encargouse de contar a experiencia, tanto da radio en xeral como da elaboración do podcast gañador do premio do día da letras galegas.

mércores, 9 de novembro de 2022

OS CLUBES DE ENCONTROS DE "BIBLIODIESTE"


 Na Biblioteca organizamos unha actividade nova: os Clubes de Encontros. Estes clubes están abertos tanto ao profesorado como ao alumnado, e pódese tomar parte como coordinadores ou como participantes.

A xente que coordina e organiza o club arredor dun tema que lle interese, fai a súa proposta apuntándose no cartel que está na cortiza á dereita da porta da Biblioteca. A temática é libre, o que lle interese a cadaquén.
Xa temos clubes de español, wolof, circuítos eléctricos e linguaxe de signos, coordinados por alumnado, profesorado e mais por Cristina Rubio, a nosa interprete. 
Unha vez organizados, cada club reunirase durante un recreo un día á semana (poden ser máis) na biblioteca e terá a duración que decidan as persoas que o integran.
Se vos interesa, apuntádevos.

venres, 4 de novembro de 2022

I TORNEO DE TENIS DE MESA "RAFAEL DIESTE" 1º E 2ºESO


 Entramos na recta final do I Torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física para os cursos 1º e 2º ESO. Agradecer o gran entusiamo e deportividade que está demostrando todo o alumnado.

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL "EDUCATION FOR THE PLANET" EN COLABORACIÓN CON AXUDA EN ACCIÓN


 




Alumnado de 4ºESO participaron na actividade medioambiental de recollida de residuos de bosques e praias dentro do programa "Education 4 the Planet" patrocindao por Axuda en Acción.

mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAIN 2022 NO "RAFAEL DIESTE"



 Como todos os anos, chegou o Samaín, e no "Rafael Dieste" celebrámolo decorando o noso patio central e con actividades organizadas por la Biblioteca, como foron os "Contos de Medo". Como podedes ver...









 Alba, Paula, Angélica, Roque e Lía, xente de 1º Bacharelato, aficionados a facer teatro sen escenario, adapaton un conto de medo para a rapazada de 2º ESO: bruxa, oso, persecucións entre cabazas e morcegos.

Durante varios recreos, voluntarios de 2º da ESO léronnos contos elaborados por rapaces e rapazas. A luz dos candís e as voces misteriosas puxeron o punto de espanto á actividade.

Moitas grazas a todo o mundo.




IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores