mércores, 27 de marzo de 2019

CALENDARIO FINAL EXAMES 2ºBAC - MAIO 2019.


Achegamos o CALENDARIO FINAL DE EXAME DE MAIO PARA O ALUMNADO DE 2ºBAC e as especificacións sobre as distintas datas de reclamacións e convocatorias das ABAU e probas extraordinarias.
O mesmo calendario podedes descargalo en PDF nesta LIGAZÓN AQUÍ.

sábado, 23 de marzo de 2019

O NOSO ALUMNO HUGO MOSQUEIRA BUDIÑO PREMIADO NO CONCURSO 'RITA SUÁREZ AMADO'

Foto de Eduardo Pérez para "La Voz de Galicia".

Onte á tarde entregáronse os premios do XIV Concurso Literario 'Rita Suárez Amado' que organiza o IES "EUSEBIO DA GUARDA". Un dos nosos alumnos Hugo Mosqueira Budiño de 2ºESO-A gañou o primeiro premio no apartado de poesía en lingua castelá. Parabéns para el e para todos os premiados.
Aquí tedes tamén a súa poesía premiada:

ALTEA
Altea tiene un árbol mágico,
que un día le regaló un titiritero.
Cuando está triste o se siente sola,
o algún temor se posa en su pecho,
Altea se sienta al lado del árbol
y deja que sus hojas acaricien su cara.
Al poco tiempo todos sus temores desaparecen,
y su cuerpo se relaja. Y la alegría
le entra por todas sus puertas y ventanas.
Una vez al año, el árbol se transforma
en el titiritero que quiere que Altea sea feliz.
Esa noche se encuentran como dos pájaros felices,
y vuelan por las esquinas de sus corazones,
y nadan en las lágrimas de sus ojos,
y se columpian en sus carcajadas,
como dos duendes traviesos.

Cabellos rizados

mércores, 20 de marzo de 2019

BECAS EUROLINGUA 2019


Eurolingua Venairlanda® convoca as súas Becas para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o veráno nun programa de inmersión todo incluido. Constan dun lote global de 20 becas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación presupuestaria aportada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.
O programa está becado ao 100% e inclúe:
  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento.
  •  Os menores de edade viaxarán do 28 xullo ao 11 de agosto. A data para adultos está pendente de confirmar.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
  • PRAZO DE SOLICITUDE DA BECA
    Ata as 23.59 horas do 17 de abril de 2019
    + info na páxina web de EUROLINGUA-VENAIRLANDA

mércores, 13 de marzo de 2019

ALUMNADO DE 4ºESO E BAC RASTREAN AS PEGADAS DA ROMANIZACIÓN EN LUGO


Por último e tamén onte, alumnado (41) de Cultura Clásica e Latín de 4ºESO e de Latín e Grego de Bacharelato do noso centro participaron nunha excursión de xornada completa coordinada polos Departamentos de Latín e Grego para estudar as pegadas da romanización e asistir a dúas obras de teatro: a traxedia As Troianas de Eurípides e a comedia Anfitrión de Plauto.

Nesta segunda foto o noso alumno de 4ºC Adrián Jiménez vestido de Taltibio, o heraldo de Agamenón, na traxedia As Troianas que se representou hoxe en Lugo.

ENCONTRO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS


Tamén onte recibimos no instituto á escritora Andrea Maceiras, nun encontro organizado polo Departamento de Galego para o alumnado de 2ºESO. Con eles compartiu experiencias sobre o seu libro O QUE SEI DO SILENCIO.

ALUMNADO 2ºBAC VISITA O ARQUIVO DO REINO DE GALICIA


Onte o alumnado de 2ºBAC da opción de Humanidades visitaron o Arquivo do Reino de Galicia ubicado nos Xardíns de San Carlos de A Coruña. Visitando  o taller de restauración e vendo documentos dos temas de historia que están a estudiar no aula.
O Arquivo é na actualidade un centro de titularidade estatal transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida posteriormente en Audiencia Territorial de A Coruña, dende finais do século XIX e especialmente a partires do XX recibe tamén documentación doutras institucións galegas. Finalmente asignanlle o papel de Arquivo Histórico Provincial de A Coruña e tamén para os documentos da Administración autonómica. Custodia fondos privados e amplias coleccións de fotografía, cartografía e postais.  



martes, 12 de marzo de 2019

VIDEO PROXECTO MUSE 2019


Mostrámosvos o video resumen das actividades levadas a cabo este curso dentro do programa Mus.e da Fundación Yehudi Menuhin, que rematou o pasado venres 1 de marzo coa celebración no centro do Día Mus.e 2019.











Video Mus.e 2019:


luns, 11 de marzo de 2019

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE PENDENTES DE MAIO 2019








Anunciamos as datas dos exames finais de alumnado con materias pendentes en Bacharelato e na ESO, se é o caso. Serán na semana do 6 ao 9 de maio. Na ligazón inferior podedes ver a distribución das asignaturas por días e horas.

CONVOCATORIA IDIOMAS DO MUNDO 2019 DO CONCELLO DE A CORUÑA


O Concello de A Coruña ven de convocar a edición 2019 de "IDIOMAS DO MUNDO", 60 prazas para alumnado de 4ºESO e 1ºBAC  para perfeccionar en idiomas (alemán, francés, inglés e portugués) durante 4 semanas en xullo de 2019.
Prazo de presentación de solictudes do 8 ata o 29 de marzo ás 14:00.

- 3 prazas en Berlín para alemán.
- 10 en Biarritz para francés.
- 37 en Dublín para inglés
- 10 en Oporto para portugués.



xoves, 7 de marzo de 2019

sábado, 2 de marzo de 2019

ENTREGA PREMIOS MICRORRELATOS DA PAZ 2019

Os gañadores coa presidenta do xurado, Mercedes Garrote.

Xa se entregaron os premios aos gañadores do Concurso de Microrrelatos sobre a Paz que convocou a Biblioteca dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional da Paz.
Os gañadores recibiron o libro que escolleron eles e o diploma conmemorativo.

Parabéns a todos eles!! 

Germán Alonso e Blanca Fernández, primeiro e segundo premios da Categoría A (primeiro ciclo da ESO)


Paula Iglesias e Marcos Castro, primeiro e segundo premio da Categoría B (segundo ciclo da ESO e Bacharelato)

venres, 1 de marzo de 2019

1-M: CELEBRACIÓN DO ENTROIDO E DÍA MUSE

Hoxe venres 1 de marzo celebraremos o Día Muse 2019 e o Entroido no centro.
Haberá clase normal en todos os grupos, agás os que máis abaixo se consignan:
3ª sesión (10:30h) - Celebración do Día MUSE no salón de actos para todos os grupos de 1ºESO e 3ºESO A e B co profesorado correspondente.
4ª sesión (11:20h) a mesma celebración para todos os grupos de 2ºESO e 3ºESO C e D.



As 13:00h suspéndense todas as clases para celebrar a FESTA DE ENTROIDO  con todos os grupos que inclúe un concurso de disfraces para o que hai que terse inscrito en secretaría.
A disfrutar da celebración!
Logo uns días de vacacións. Volta ás clases o XOVES 7 de MARZO.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores