xoves, 27 de setembro de 2018

EN RECORDO DE PACO DE LA IGLESIA

A comunidade escolar do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" se entristece ao coñecer a noticia do falecemento dun dos seus profesores mais queridos, PACO DE LA IGLESIA.
Antiguo profesor do Departamento de Inglés dende os primeiros cursos do centro ata o 2007.
Dende aquí todo o noso cariño e sentimento para a súa familia e amigos.
DEP, Paco.



luns, 24 de setembro de 2018

CALENDARIO DE AVALIACIÓNS CURSO 2018-19



1ª AVALIACIÓN
2º BAC: LUNS 3 DECEMBRO.
Entrega boletín de notas: por determinar
Cursos ESO e 1ºBAC: LUNS 17 e MÉRCORES 19 DECEMBRO.
Entrega boletín de notas: por determinar

2ª AVALIACIÓN
2º BAC: MÉRCORES 28 FEBREIRO.
Entrega boletín de notas: por determinar
Cursos ESO e 1ºBAC: LUNS 25 e MÉRCORES 27 MARZO.
Entrega boletín de notas: por determinar

3ª AVALIACIÓN
2º BAC: en función das datas das probas ABAU.
Cursos ESO, 1ºBAC e Extraordinaria 2ºBAC (antiguo Septembro): MARTES 25 XUÑO.
Entrega boletín de notas: por determinar


(*Días festivos elexidos polo noso centro: 2-Novembro, 18-Marzo)

mércores, 19 de setembro de 2018

INFORMACIÓN IMPORTANTE EN CASO DUNHA EMERXENCIA


Aquí vai un resume das regras básicas que todos debemos saber cando o sinal de emerxencia sone estando na aula ante calquera situación de emerxencia que poida darse no noso instituto ou nun caso de simulacro de entrenamento.

Unha vez detectada a situación, comunícase ao conserxe.

A evacuación  iníciase cando se escoita soar o timbre TRES veces seguidas.


1- EVACUACIÓN DO ALUMNADO.
- O/a profesor/a comproba que se pechan as ventás (non as persianas) e sitúase na porta e comproba a RUTA DE EVACUACIÓN no plano da porta da aula.
- O/a profesor/a ou persoa encargada do grupo contará a todos os alumnos que estén na aula (para facer reconto no punto de encontro).
- Organizar ao alumnado para que forme unha soa fila, co delegado diante, informado da ruta de evacuación (plano na aula) e do punto de encontro. Esta fila debe manterse tamén no punto de encontro.
- A saída do edificio ata o Punto de Encontro farase en orde e en silencio, para que as instruccións do equipo de evacuación poidan escoitarse claramente, seguindo a ruta de evacuación da aula que se pode ver na porta. Insistir ao alumnado que manteña a calma durante o percorrido de saída: evitar carreiras e empurróns que poderían dar lugar a avalanchas. En caso de que a ruta inicial estea bloqueada, ir por unha alternativa. 
- O/a delegado/a liderará o grupo e o/a profesor/a ou persoa encargada de clase irá de último.
Deben deixar todo o material na aula. Baixo ningún concepto se deberá regresar a recoller ningún obxecto durante a evacuación.
Ao saír, pechar a porta SEN CHAVE (para que se poida comprobar posteriormente que queda baleira)

2- EVACUAR POLA RUTA MÁIS SEGURA EN CALMA E EN SILENCIO.
- Nunca volver atrás.
- Camiñar rápido, sen correr.
- Non gritar.
- O tempo máximo para evacuar é de 3 minutos por andar (é dicir, os do 1º andar deben baixar antes de 3', os do 2º andar deben baixar ao 1º antes de 3' e saír do edificio antes de 6', e así sucesivamente), polo que non debemos perder moito tempo organizando ao alumnado na fila. O tempo máximo para evacuar o edificio é de 10'.

SE HAI ALGÚN ALUMNO DISCAPACITADO, QUEDARÁ CONFINADO NA AULA: se chega unha coidadora, o/a profesor/a baixará co grupo. 

Se non hai coidadora, o/a profesor/a permanecerá co/a alumno/a, avisando a outro/a profesor/a para que se faga cargo do seu alumnado. Neste caso, deben deixar un folio na porta da aula e dirixirse ás ventás para que o equipo de emerxencias identifique rapidamente a/s aula/s na que hai xente confinada. 


3- EVACUAR EN ORDE NUNHA ÚNICA FILA PEGADA Á PAREDE.
- Cada profesor/a deberá levar aos seus alumno/as silenciosamente en orde ata a saída máis cercana seguindo os sinais de evacuación.
- En ningún caso poderánse empregar os ascensores.
- O/a profesor/a que faga o percorrido de evacuación máis longo ata as escaleiras, DEBE COMPROBAR SE AS AULAS E OS ASEOS POLOS QUE PASA QUEDAN BALEIROS e coas VENTÁS PECHADAS, para informar á saída ao director.
- Baixar ordenadamente en fila de un.
- Se se xuntan dous grupos, as filas circularán en paralelo polas escaleiras e, nos corredores entre escaleiras, formarán unha fila individual.

4- IDE AO PUNTO DE ENCONTRO.
- Unha vez fora do edificio, non rompades a fila antes de chegar ao Punto de Encontro.
- O Punto de Encontro varía según a porta de saída. O alumnado que proceda das clases de Tecnoloxía ou do Ximnasio ou saia pola porta do aparcadoiro reunirase no xardín posterior, o alumnado que saia pola porta principal central reunirase diante da fachada principal do centro e o alumnado que saia pola porta da pista deportiva reunirase a carón da pista deportiva (preto do edificio da UNED).

5- UNHA VEZ NO PUNTO DE ENCONTRO, O ALUMNADO DEBERÁ PERMANECER NUNHA FILA POR GRUPOS DE CLASE.
- Cada grupo de clase volverá a ser contado.
- Calquera ausencia deberá notificarse inmediatamente.

OS GRUPOS QUE SAEN POLA PLANTA BAIXA REÚNENSE FACENDO FILAS NA PISTA POLIDEPORTIVA,-

OS GRUPOS QUE SAEN POLO SOTO (Tecno e EF) REÚNENSE NO XARDÍN POSTERIOR.

CADA PROFESOR DEBE ORGANIZAR AO SEU ALUMNADO NUNHA FILA E FACER O RECONTO DOS SEUS ALUMNOS e, de ser o caso, do grupo doutro/a profesor/a do que se fixese cargo.


6- TODOS DEBERÁN ESPERAR INSTRUCCIÓNS ANTES DE VOLVER A ENTRAR AO EDIFICIO.

Ligazón: INSTRUCCIÓNS EVACUACIÓN

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

martes, 18 de setembro de 2018

NOVOS REGULAMENTOS NO CURSO 2018-19

Comezamos o curso 2018-19 con dous novos regulamentos:

1- A prohibición do uso dos móbiles en todo o recinto escolar durante toda a xornada escolar. O móbil non poderá ser visible en ningún momento durante toda a xornada, tanto en horas lectivas como nos recreos. Se traedes o móbil  ao instituto deberá estar sempre apagado e gardado na mochila. 
Non é necesario telo para ningunha comunicación, xa que en caso de emerxencia, os teléfonos do centro están a súa disposición.

2- O alumnado do segundo ciclo da ESO (3º e 4º) non poderá sair en ningún caso do centro se falta algún profesor ás últimas sesións da xornada. Os do primeiro ciclo (1º e 2º) xa non podían sair con anterioridade a este cambio. So poderá sair o alumnado de BAC, previa autorización.

xoves, 13 de setembro de 2018

PRESENTACIÓNS CURSO 2018-19: LUNS 17 DE SETEMBRO


O vindeiro LUNS 17 DE SETEMBRO convócanse as presentacións do novo Curso 2018-19 no Salón de Actos do instituto e dacordo ao seguinte horario:


1º e 2ºBAC ás 11:30h

3º e 4ºESO ás 12:00h

2ºESO ás 12:30h

1ºESO ás 13:00h

As clases comezan o vindeiro MARTES 18 no horario habitual de 8:30h a 14:10h. E pola tarde de 16:30h a 18:10h.

martes, 4 de setembro de 2018

RECORDATORIO: ENTREGA DE NOTAS SETEMBRO 2018

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE NOTAS DE SETEMBRO 2018 
MÉRCORES 5 SETEMBRO
NO SEGUINTE HORARIO: 

ALUMNADO 2ºBAC - 10:30 EN SECRETARÍA E REUNIÓN ABAU ÁS 11:00 NO SALÓN DE ACTOS.

ALUMNADO 1ºBAC E ESO - 18:00 NAS AULAS DE TITORÍA. ALUMNADO DA ESO DEBERÁ ENTREGAR OS LIBROS DE TEXTO.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE REVISIÓN EXAMES E MATRÍCULA: AQUÍ.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores