martes, 24 de xuño de 2025

VII Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico


A VII edición dos Premios Isabel Zendal, organizados pola UDC en colaboración con Círculo Escéptico, e coa Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades; estableceron dúas categorías: A, dirixida ao alumnado de 1º a 3º da ESO e FP básica, e a B para o alumnado de 4º de ESO a 2º de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio.

Sofía Carou Barreiro, alumna de 4º de ESO titorizada pola nosa profesora ad honorem Mercedes Garrote, acadou o terceiro premio na súa categoría.

O acto, ademais da entrega de premios, contou coa conferencia “Realidades de formigón, imaxinarios de papel: mitos na construción”, a cargo da investigadora e divulgadora Gemma Rojo, doutora en enxeñería civil adscrita ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da UDC.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores