venres, 29 de abril de 2022

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" PREMIADOS NA EDICIÓN 21/22 DA ConSat


Naiara Manteiga Cendón (2º BAC B), Jacobo Castro Costoya (2º BAC A) e o profesor de Matemáticas, José Francisco Balsa, asistiron o xoves 28 de maio ao aeródromo de Rozas (Lugo). Alí participaron no lanzamento de satélites, defenderon o traballo que  presentaron nesta edición rexional ConSat 21/22 e gañaron o accesit “Competencias profesionais”.

Noraboa!


Maís info nesta LIGAZÓN.








Video entrevista con Naiara e Jacobo:

luns, 25 de abril de 2022

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2022


 Publicouse no DOGA de hoxe a ORDE do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311A).

Toda a información NESTA LIGAZÓN

CONFERENCIA DE ÁNGEL CARRACEDO: "PESCANDO XENES"


O venres 22 de abril o alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rafael Dieste asistimos ao EPA Eduardo Pondal para escoitar en conferencia ao Dr Ángel Carracedo.
Toda a información do acto no blog "Laboratorio de Ciencias".

sábado, 23 de abril de 2022

XVII PREMIO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO": ALUMNAS DO NOSO CENTRO ENTRE AS PREMIADAS



Onte pola tarde entregáronse os premios da XVII edición do Concurso Literario de Relato Curto e Poesía Homenaxe a RITA SUÁREZ AMADO que organiza cada curso o IES Plurilingüe "Eusebio da Garda". 

Entre as participantes están dúas alumnas do noso centro:

- VALERIA ORTIZ ARIAS (2ºESO-D), gañadora no apartado de poesía nivel 1.

- LAURA MORA ARCAS (1ºESO-A), accésit no apartado de poesía nivel 1.

Ambas as dúas son alumnas da nosa compañeira Mercedes Garrote.

Parabéns as nosas alumnas e o resto de gañadores!

mércores, 6 de abril de 2022

martes, 5 de abril de 2022

ENCONTRO COA AUTORA NIEVES ABARCA NO "RAFAEL DIESTE"

Hoxe o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de disfrutar do encontro coa escritora Nieves Abarca para falar da súa novela "VORACES". O alumnado aproveitou para facerlle preguntas sobre este libro que xa leron.
O acto foi presentado e conducido por dous alumnos de 1ºBAC, Xoana Pérez González e Tiaño Salaño Varela.

Nieves Abarca Corral naceu en A Coruña, España, en 1968. Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e é Máster en Periodismo pola UOC.












PROXECTO AUDIOLIBRO: CIENCIA, E EU QUERO SER CIENTÍFICO!!


 A principios deste curso 2021/22, Quintín Garrido, contable de profesión e promotor de divulgación científica, propuxo unha ilusionante idea: que o noso alumnado locutara capítulos deste libro en liña: "CIENCIA, Y YO QUIERO SER CIENTÍFICO!"
Así pois, podedes escoitar a alumnado de 1ºBAC do noso instituto dando voz a distintos capítulos, hai químicos, xenetistas, enxeñeiras, biólogos, astrofísicas...
Ligazón a algúns AUDIOCAPÍTULOS.
A información completa sobre este proxecto no blog LABORATORIO DE CIENCIAS.
Tamén a información completa sobre todas as exposicións de Ciencias da Semana Cultural podedes atopala nesta ligazón: LABORATORIO DE CIENCIAS/S.C.-A SAÚDE.

domingo, 3 de abril de 2022

venres, 1 de abril de 2022

XII SEMANA CULTURAL/A SAÚDE: ACTIVIDADE ECOSALUDABLE - SENDERISMO, PASEO POLO MANDEO

Hoxe celebrouse unha das últimas actividades dentro da Semana Cultural. Unha actividade ecosaludable, una ruta de senderismo polo río Mandeo con grupo de 4ºESO. Esta actividade foi como premio á mellor decoración de aula no Nadal.
Acompañaron as profesoras: Inma Mato, Mar Seara e Isabel Viñuela.


















 

RECOLLIDA DE TÍTULOS DA ESO E BAC - PROMOCIÓN CURSO 2019-20


 O alumnado de ESO e Bacharelato que rematou no curso 2019-2020 pode recoller o seu título correspondente na Secretaría do instituto.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores