mércores, 26 de xuño de 2019

VISITAS GUIADAS DO CLUB DE LECTURA

Hoxe alumnado de 1ºBAC participaron nunha visita ao Cemiterio de San Amaro dentro dunha actividade complementaria para o alumnado participante nun dos Clubes de Lectura desenvolvidos durante este curso que xa remata. 
















CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2019

AVISO EXAMES SETEMBRO 2019 
O alumnado de 4º de ESO ao que lle coincidan os exames de Tecnoloxía e TIC realizarán o exame de TECNOLOXÍA ás 16:30 hs. e o de TIC ás 18:00 hs o MARTES 3 de SETEMBRO. 

venres, 21 de xuño de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

 Hoxe venres 21 de xuño rematan as clases e celebramos no noso salón de actos o festival de fin de curso, en distintas sesións para que todo o alumnado poida disfrutalo.
Pasámolo ben coa alegría de saber que empezan as vacacións.
Que sexan boas para todos!




mércores, 19 de xuño de 2019

PARTICIPAMOS NO #EVOPOD02


Compartimos video dunha tertulia sobre a Evolución Humana con investigadores da Atapuerca na que participarou o noso alumnado de 4ºESO formulando preguntas.

Video:


martes, 18 de xuño de 2019

DATAS DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2019-20 E DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Nunha entrada anterior incluíamos información importante sobre o final de curso. Recordamos aquí as datas de matrícula para cada curso e a documentación necesaria:

25 xuño: novo alumnado de 1ºESO

26 xuño: alumnado de 2ºESO

27 xuño: alimnado de 3º e 4ºESO

28 xuño: alumnado de 1º e 2ºBAC

Documentación necesaria:

- Orixinal e fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto.
- Fotocopia do DNI ou Libro de Familia.
- Dúas fotografías actualizadas tamaño carnet.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria para os alumnos de 1º e 2º ESO.
- Para os alumnos de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º BAC, recibo do pago do Seguro Escolar de 1,12 €, recollido en Conserxería.
- Fotocopia do Boletín das últimas cualificacións.

TRABALLOS ARTÍSTICOS DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO EN DEBUXO


Exposición de traballos do alumnado da asignatura de Debuxo de 3º e 4º da ESO coa profesora Ana Cuiñas.

xoves, 13 de xuño de 2019

PROGRAMAS DE LECER SAUDABLE NOS CENTRO CÍVICOS DA CIDADE PARA O VERÁN 2019



Na ligazón que incluimos tedes a información sobre as actividades de lecer gratuitas para a mocidade nos centro cívicos municipais durante os meses de xullo e agosto de 2019. O prazo de inscrición é dp 25 ao 27 de xuño de 11:00 a 13:00h e de 17:30 a 19:30h en cada un dos centros respectivos donde se realice a actividade que vos interese.

venres, 7 de xuño de 2019

CONFERENCIA DE LLUÍS MONTOLIU: "EDITANDO XENES"



O Dr. Lluís Montoliu é xenetista e biotecnólogo, investigador en enfermidades raras, como albinismo, a través do uso de modelos animais editados xeneticamente con ferramentas CRISPR, do que é pioneiro no noso país, ferramentas posibles grazas aos descubrimentos en bacterias da salina de Santa Pola por un microbiólogo da Universidade de Alacante; Francisco Martínez Mojica.

Lluís Montoliu (Barcelona 1963) é licenciado (1986) e doutor (1990) en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Actualmente é investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) en Madrid. desde 1997. En 2007 foi nomeado científico titular no Centro Biomédico Español, Centro de Investigación de Redes en Enfermidades Raras (CIBERER).
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".





Hoxe recibimos no noso centro a visita do xenetista, biotecnólogo e investigador Lluís Montoliu quen impartíu a conferencia "Editando xenes" para o alumnado de ciencias de 4ºESO e 1ºBAC. Arriba as fotos durante e despois da conferencia. Ademáis, Lluís dedicou para a nosa biblioteca un dos seus libros. Nesta foto da esquerda aparece coa profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeira, diante da vitrina "Encontros do IES" da nosa biblioteca donde se atopa o seu libro.

martes, 4 de xuño de 2019

luns, 3 de xuño de 2019

II ENCONTRO MUS-E GALICIA 2019 "CreAccion Compartida"


Celebrouse o II Encontro MUS-E de Galicia no CEIP Raquel Camacho, ca participación de todos os centros MUS-E de Galicia (o CEIP San Pedro de Visma, o CEIP Raquel Camacho, o CEIP Ría do Burgo, o IES Agra Do Orzán e o noso centro tamén) coa implicación de máis de 300 menores, xunto co seu profesorado e cos artistas MUS-E de Galicia.
Un gran traballo realizado con gran calidade e no que houbo moita implicación de todos, coa idea de ‘Pasar á acción’, que foi o motor forza deste curso no Programa MUS-E.
O II Encontro MUS-E Galicia ‘CreAcción Compartida’ basouse en accións de proceso creativo a través das diferentes disciplinas artísticas que poideron experimentar e compartir todos os rapaces participantes.
+ info na páxina web da Fundación Yehudi Menuhin AQUÍ
Video:

domingo, 2 de xuño de 2019

EMPATÍA E INTEGRACIÓN NA CLASE DE HISTORIA DA ARTE 2ºBAC


O Departamento de Xeografía e Historia este curso tivo que afrontar o reto de impartir a materia de Historia da Arte de 2º BAC a unha alumna cega. Ademais de contar cos libros e láminas da ONCE, ó longo deste meses algúns alumnos e profesores colaboraron na elaboración de materiais diversos para facilitar a integración desta alumna na aprendizaxe de conceptos específicos das artes visuais.
A profesora da universidade de Lodz, en Polonia, Anne Pawtowska visitou a clase da profesora de arte Inma Mato para ver como traballamos historia da arte cunha alumna cega. Está nun proxecto de elaboración de materiais para este tipo de alumnado. 

Nas fotos aparecen o alumnado de Arte deste curso xunto coas profesoras Inma Mato, Anne Pawtowska, a alumna cega Marina Blanco e unha das coidadoras do centro Elena Brenlla.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores