luns, 28 de outubro de 2019

3ºESO: LISTADO DO ALUMNADO SELECCIONADO PARA A "ENGLISH WEEK" E INFO ÚTIL


Achegamos o listado do alumnado de 3ºESO seleccionado no sorteo desta mañá para participar na "ENGLISH WEEK" do 10 ao 16 de novembro, así como o alumnado en lista de espera ordenados. 

- Ligazón n1º LISTADO ALUMNADO SELECCIONADO E ALUMNADO EN LISTA DE ESPERA 
(Só aparece parte do DNI/NIE pais/titores legais do alumnado)

Ademáis achegamos información útil para as familias do alumnado que irá, que tamén será entregada ao alumnado:

Que teñen que traer os/as participantes?

  1. Roupa para 6 días
  2. Neceser con material de aseo (champú, xel, desodorante, peine, cepillo de dentes, pasta de dentes…)
  3. Pixama e zapatillas
  4. Toallas de ducha
  5. Roupa deportiva
  6. Chuvasqueiro e botas de auga
  7. Paraugas
  8. Maleta identificada con nome e apelidos
  9. Medicación (se é o caso)
  10. Non traer comida
  11. Moitas ganas de aprender e pasalo ben

Como contactar durante a ENGLISH WEEK?

Para garantir a seguridade dos/as participantes, os teléfonos móbiles estarán custodiados polos/as monitores/as.
Os/as participantes disporán do móbil os martes e xoves en horario de 15:45 a 16:15 para contactar coas familias.
No caso de que o/a participante non dispoña de móbil poderase contactar con el/ela a través dos números oficiais do campamento en horario os martes e xoves de 15:45 – 16:45
633792030 / 633672030 / 666917050
Se por calquera circunstancia a comuniación co alumnado ten que ser a outra hora informarase chamando ao 633792030Este número tamén estará dispoñible para resolver posibles dúbidas ou consultas sobre o campamento en calquera horario.


venres, 25 de outubro de 2019

INTERCAMBIO ESCOLAR 2020: KRONBERG IM TAUNUS

O noso Intercambio Escolar 2020 será de novo co instituto Altkönigschule de Kronberg im Taunus, perto de Frankfurt en Alemania. Será o noso segundo intercambio con este centro. 

O alumnado de 4ºESO que queira participar, pode inscribirse avisando aos profesores de inglés que imparten ese nivel. 

O vindeiro MARTES 19 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 convocamos ás familias e alumnado de 4ºESO preinscritos na actividade a unha reunión informativa.

xoves, 24 de outubro de 2019

24-O: DÍA DA BIBLIOTECA @ 'BIBLIODIESTE'


A nosa biblioteca



A nosa expo de bibliotecas

No Día das Bibliotecas 2019, BiblioDieste quere facer unha visita ás bibliotecas máis interesantes en todo o mundo coa exposición que podedes ver no pasillo xunto á entrada da nosa biblioteca (fotos superiores). Como podedes ver hai bibliotecas nos sitios máis inverosímiis... (unha antiga cabina telefónica, nunha praia, a lombos dun burro...)
Tamén expoñemos todos os carteis anunciadores das nosas semanas culturais.  (Foto inferior).



Ademáis o alumnado do noso centro fixo recomendacións de lecturas que tamén están expostos.




Biblioteca pública de Estocolmo (Suecia)

Na ligazón que incluímos podedes botar unha ollada a esas outras bibliotecas:

BIBLIOTECAS DO MUNDO


mércores, 23 de outubro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2019: ACTIVIDADE DE BAILE


Comenzan as actividades do Proxecto Deportivo de Centro nos recreos. Esta semana comenzou no ximnasio a actividade de baile dirixido polo alumnado de 4° ESO. Nela está a participar tanto o alumnado mais novo de 1°ESO, coma os de 2° Bacharelato. Parabéns a tod@s por participar con entusiasmo e respeto. 

martes, 22 de outubro de 2019

PARABÉNS PARA LUCÍA REY COUSILLAS

Queremos felicitar á nosa alumna LUCÍA REY COUSILLAS DE 3ºESO-B que ven de quedar terceira en TIRO ARCO TRIPLE VERTICAL no TROFEO FEDERACIÓN SALA 2019 (Cadete).

Parabéns, Lucía!

venres, 18 de outubro de 2019

ALUMNADO 3ºESO: ACTIVIDADE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA "ENGLISH WEEK" NOVEMBRO 2019



O IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' ven de ser seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística ENGLISH WEEK, dirixida ao alumnado de 3º da ESO. Son unha serie de actividades para a práctica e mellora da comunicación oral en inglés co apoio de profesorado nativo. 
A actividade, organizada pola Consellería de Educación, terá lugar entre os días 10 e 16 de novembro nun centro residencial en Os Peares (Ourense). A actividade non terá coste para as familias coa excepción do transporte, que será organizado polo instituto. O noso alumnado estará acompañado pola profesora de Educación Física, Leticia Ogando.
O número de participantes está limitado a 25. Os interesados en que o seu fillo/a participe, deberán devolver ao centro a autorización que se lle entregou a todo o alumnado de 3ºESO debidamente cuberta e asinada, antes do VENRES 25 DE OUTUBRO na SECRETARÍA do centro. 
No caso que houbera máis candidatos que prazas procederíamos a realizar un sorteo público que se levará a cabo o luns 28 de outubro durante o segundo recreo (12:10h) no salón de actos do centro.

martes, 15 de outubro de 2019

"CLUB DIESTE": OS 24 CLUBES DE LECTURA 2019-20 DO 'RAFAEL DIESTE'




O proxecto Club de Lectura "CLUB DIESTE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 9 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2019-2020 temos en funcionamento:
- 24 grupos3 de 1ºESO, 3 de 2ºESO, 4 de 3ºESO, 4 de 4ºESO, 5 en 1ºBAC e 5 en 2ºBAC. O que implica:
- 22 profesores (2 deles levan 2 clubes). 13 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de música, 1 de orientación e 1 de persoal de administración e 1 do persoal da cafetería.
- 240 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos. Supoñen xa un 43% do total do noso alumnado. Quedan na reserva 33 estudantes sen poder incorporarse a ningún grupo, intentando solventalo.
- Este curso contamos con 2 grupos de lectura en inglés e inauguramos 1 en francés.
- As actividades do club inclúen: participación no concurso de microrrelatos e booktrailers que organiza o Ágora polo grupo DADO conmemorando o Día das Letras Galegas, outros actos organizados pola biblioteca escolar, visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...
As reunións terán lugar na biblioteca, na aula 307, un espazo novo do que dispoñeremos desde este curso como propio do club (que durante o verán estivemos acondicionando para que se parecese o mais posible a un espazo de lectura e non ás aulas), e nas aulas materia dos diferentes departamentos. Todos os trasniños e trasniñas serán atendidos nos recreos excepto tres grupos de bacharelato, que terán as súas reunións os martes ás 15.40 e as 18.10.

xoves, 10 de outubro de 2019

"RADIO NA BIBLIO" NO 'RAFAEL DIESTE'



Cómpracenos informar que o noso centro IES Plurilingüe "Rafael Dieste" foi un dos 30 novos institutos da comunidade galega elexidos para incorporarse no programa "RADIO NA BIBLIO" para o curso 2019-20. 
Este programa, dentro do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), consiste na introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos (integrados no PLAMBE, nos estamos dende o curso 2010-11). 
Iremos informando das actividades a realizar neste programa, podedes seguilo neste enlace: RadioNaBiblio

venres, 4 de outubro de 2019

ACTIVIDADE 'STEM GIRL' 2019

Hoxe o alumnado de 3ºESO asistiu á actividade "STEM GIRL", o programa para incentivar o talento STEM* nas rapazas.
A través desta actividade quérese reducir a brecha de xénero entre mulleres e homes nos estudios dos campos STEM (*Ciencia, Tecnoloxía, Inxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado femenino apenas se sitúa en torno ao 30%. Para isto, poñen en marcha o programa “STEM GIRL: derribando estereotipos”. Trátase dun programa de mentoring con mulleres referentes de recoñocido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, farán chegar a súa experienci falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuindo a derribar estereotipos.

*(Science, Technology, Engineering & Mathematics)

















PRESENTACIÓN DAS TITORÍAS 2019-20


Comprácenos convidarvos a unha sesión informativa sobre o comezo do curso e para presentar as novas titorías, o vindeiro 

martes 8 de outubro de 2019

no Salón de Actos do IES Plurilingüe Rafael Dieste. O horario das presentacións será o seguinte: 

• 18:45 h . 1º e 2º ESO 
• 19:15 h. 3º e 4º ESO 
• 19:45 h. 1º e 2º BACHARELATO. 

Posteriormente os/as titores/as reuniranse con vós nas aulas.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores