venres, 29 de maio de 2020

INDICACIÓNS PARA AS RECUPERACIÓNS 2ºBAC NAS ASIGNATURAS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ


IES RAFAEL DIESTE. DEPARTAMENTOS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ.



INDICACIÓNS PARA AS ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN: 2º BACHARELATO

[profesores: Norma Fariña e Eloi Rodríguez]

- a proba será a través de Webex e posiblemente dividido en dous grupos, un atendido por min e outro por outro profesor ou profesora.
Xa volo concretarei. Non tedes problema porque xa coñecedes as ligazóns de videoconferencia dos distintos profesores.


- a proba realizarase escrita a man en papel e enviarase ao meu correo cando remate o tempo establecido a través dunha fotografía no seu formato habitual, non en PDF. Procurade facer letra lexible e foto clara.

- non se corrixirán os documentos enviados pasados máis de 5 minutos do exame. Procurade non ocupar moitos folios e  así teredes menos fotos para enviardes.



- empregarase o teléfono móbil como cámara enfocando mans e rostro do examinando. Para usar o voso teléfono como cámara web enviei no seu momento información sobre una APP, DroidCam, que instalada no noso teléfono e no noso computador permite transmitir imaxe a través da Wifi. Se tedes outro procedemento, a través de Webex, p. ex.,. é igualmente válido. 


luns, 25 de maio de 2020

CALENDARIO DE EXAMES 2ºBACHARELATO XUÑO 2020


Achegamos o calendario-horario de exames de 2ºBAC para a vinceira semana. O alumnado debe contactar co profesorado das diferentes materias para informarse sobre a organización das probas ou por se houbese algún cambio de horario.

NOVO CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLO FP CONVOCATORIA 2020



Publicáronse hoxe o novo calendario para as Probas de Acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional  na convocatoria 2020. 
Para ciclo de grado medio será o MÉRCORES 10 DE XUÑO.
Para ciclo de grado superior será o XOVES 11 DE XUÑO.
Tedes toda a información completa nas ligazóns seguintes:

HORARIOS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL NO CENTRO

A Consellería de Educación estableceu no apartado 4.1. da Resolución do 22 de maio de 2020, pola que se establece a reapertura parcial dos centros educativos que “os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Para estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo”.
Para evitar aglomeracións de persoas no centro, establécense as seguintes quendas para recoller o material das taquillas,
- MARTES 26 de maio: 1º ESO
- MÉRCORES 27 de maio: 2º ESO
- XOVES 28 de maio: 3º ESO
- VENRES 29 de maio: 4º ESO
- LUNS 1 de xuño: 1º bacharelato
- MARTES 2 a VENRES 5 de xuño: todos os cursos
En calquera caso, nunca poderán acceder ao centro máis de tres persoas á vez para a recollida do material.
A recollida será en horario de 8:30 a 13:30
No caso das familias que teñan varios fillos no centro e distintos días de recollida, poderán levar o material de todos o mesmo día.
Lémbrase a obrigatoriedade de cumprir coas normas de protección e seguridade (máscara e distancia mínima.)

venres, 22 de maio de 2020

INSTRUCCIÓNS DO REINICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL E HORARIO CLASES PARA O ALUMNADO 2ºBAC


Achegamos o horario e as aulas donde impartirán ás clases de 2ºBAC durante a semana do 25 ao 29 de maio. E as instruccións do obrigado cumprimento para aqueles que asistan xunto co extracto do DOG que recolle as medidas das persoas que poden acudir aos centros educativos.
Ao final da entrada tedes unha ligazón ás instruccións completas.


O documento recolle as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARSCoV-2 que no momento da súa elaboración as autoridades sanitarias consideran necesarias para o control da COVID-19 na Fase 2. 
O conxunto de medidas incluídas nas presentes instrucións poden ser obxecto de revisión en función da evolución do risco sanitario e das decisión que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. 

2) Persoas que poden acudir aos centros educativos. 

2.1 De conformidade co establecido no na Orde SND/399/2020, do 9 de maio e co documento enviado polos Ministerios de Sanidade e Educación: 

 No poderán reincorporarse ao seu posto de traballo as persoas que presenten síntomas compatibles con COVID-19 o estean en illamento domiciliario como consecuencia dun diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto estreito con algunha persoa con síntomas o diagnosticada de COVID-19. 

 As persoas vulnerables para COVID-19 (por exemplo, persoas con hipertensión arterial, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer o inmunodepresión) poderán volver ao traballo, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo as medidas de protección de xeito rigoroso. No caso de dubida, o servicio de servicio de prevención de riscos laborais deberá avaliar a existencia de traballadores especialmente sensibles á la infección polo coronavirus e emitir un informe sobre as medidas de prevención, adaptación do posto e protección necesarias. Na concreción deste punto estarase ao disposto no 2.2 

 Indicarase as familias que non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo. 

 Dado que a incorporación é voluntaria, o alumnado que presenta condicións de saúde que os fai máis vulnerables para COVID-19 (como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión o hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de xeito rigoroso. 

 Recomendase evitar as aglomeracións. As familias solo poderán entrar ao edificio escolar no caso de necesidade ou indicación do profesorado ou do equipo directivo, cumprindo sempre las medidas de prevención e hixiene. 

 Descártanse as actividades grupais ou eventos no interior dos centros educativos.

Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial

mércores, 20 de maio de 2020

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2020-21

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta


Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/21.
Ligazón ao DOG Núm. 96 (martes19 de maio de 2020) 

DESTINATARIOS
Todo o alumnado que no vindeiro curso 2020/2021 curse 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO deberá realizar a solicitude, incluso os que teñan materias suspensas,ata o 19 de xuño de 2020.

Fondo solidario de libros de texto
O alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO recibirá:
- 6 libros para renda per cápita familiar6.000 €, ou alumnado en garda ou tutela Xunta.
- 4 libros pararenda per cápita familiar > 6.000 € e10.000 €.

Axudas para adquirir libros de texto
-240€ para alumnado con NEAE – ESO e renta per cápita familiar 6.000 €.
-160€ para alumnado con NEAE – ESO erenta per cápita familiar > 6.000 € e 10.000 €.
-240€ para alumnadocon NEAE - ESOen garda ou tutela da Xunta.
-275€ ou 6 libros para alumnado con discapacidade 65%. 275€ para Educ. Especial.

Axudas para adquirirmaterial escolar
-50 € para o alumnado da ESO con renda per cápita familiar 6.000€, alumnado con necesidades educativas (NEAE), ou con discapacidade 65% ou de Educación Especial, ou en garda ou tutela da Xunta.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Na convocatoria actual poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o númerode solicitude, e poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro, debidamente asinados, xunto coa documentación.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.(https://sede.xunta.gal)

Documentación necesaria no caso de presentación no centro educativo:
1.Solicitude (anexo I) e anexo II, unha única solicitude para cada familia con fillos admitidosno mesmo centro.
2.Copia e orixinaldo libro de familia.
Documentación complementaria, se procede:
3. Copia e orixinal do certificado dograo de discapacidadedo/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
4. Copia e orixinal da documentación xustificativa da situación daviolencia de xénerono ámbito familiar.
5. Copia e orixinal da resolución xudicial deincapacitacióncon patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
6. Copia e orixinal da resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para oalumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
7. Copia e orixinal do certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezande DNI e NIE.

CALENDARIO
Trámites / Prazo / Observacións
Devolución de libros texto para alumnado que cursou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO no curso 2019/20: ata o 7 de xullo. Para as materias pendentes do curso 2019/20 ata que se examine, e como máximo ata o 7 de setembro de 2020
A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para material escolar no curso 2020/21.

Presentación solicitudes: do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020
O alumnado que repita 4º ESO terá de prazo unmes desde a formalización da matrícula. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes desde a formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

Publicación listaxes provisionais: 10 de xullo de 2020
Haberá dous días para a presentación de reclamacións.

Entrega vales de axudas en xuño: do 16 ao 24 de xullo de 2020
Emenda de erros detectados nos vales: 10 días desde que se recibe o vale.

Publicación de listaxes definitivas: 14 de setembro de2020


Entrega vales axudas en setembro: do 16 ao 25 de setembro de 2020

Uso dos vales nas librarías e demais establecementos ata o 8 de abril de 2021.

Entrega de libros de texto ao alumnado: do 16 ao 25 de setembro de 2020



Darase ao alumnado un documento de entrega para ser asinado polo pai, nai, titor/a ou representante legal.

venres, 15 de maio de 2020

MATRÍCULA E INSTRUCCIÓNS CONVOCATORIA ORDINARIA PROBAS ABAU XULLO 2020


Xa podedes consultar a Convocatoria Ordinaria das probas ABAU 2020 e as instruccións actualizadas nestas ligazóns que se inclúen ou na páxina web da CIUG.



ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS POLA CRISE SANITARIA


Están expostas na nosa páxina web as Adaptacións das Programacións Didácticas en cada unha das asignaturas debido á crise sanitaria polo Covid-19. Podedes acceder a eles indo a cada unha das páxinas das diferentes asignaturas nas ligazóns co seu nome da columna esquerda da páxina. 

PÁXINA WEB IES PLURILINGÜE 'RAFAEL DIESTE'

As adaptacións aparecen nas respectivas páxinas das asignaturas en ligazóns así:

- ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN +nome da asignatura (MAIO 2020)


MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE DE CARA AS PROBAS ABAU 2020


Achegamos o documento coas medidas de prevención e hixiene frente a COVID-19 para a realización das probas ABAU 2020 dirixido ao alumnado de 2ºBAC. Podedes consultalo na ligazón inferior:

sábado, 9 de maio de 2020

HORARIOS PROBAS ABAU XULLO 2020


Achegamos a distribución horaria das probas ABAU dos vindeiros días 7, 8 e 9 de xullo 2020 en sesións de mañá e tarde.

venres, 8 de maio de 2020

CONFERENCIA ONLINE DE CASTO RIVADULLA


Seguimos a celebrar conferencias ainda no confinamento. Hoxe temos una conferencia por internet de Casto Rivadulla "Estás seguro do que ves?" para o alumnado de Bacharelato. Hoxe ás 12:30 pola rede.

Ampliamos e actualizamos información:

O venres 8 de maio tivemos a Casto Rivadulla en conferencia on line para os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de bacharelato IES Purilingüe Rafael Dieste.

Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no Massachussets Institute of Technology, actualmente membro do grupo de investigación NEUROCOM

A conferencia titulouse: Estás seguro do que ves? Foi unha explicación dalgúns aspectos do funcionamento dos sentidos, a través das imaxes e as ilusións.



Tamén falounos como os magos e ilusionistas, tamén artistas, utilizan e dominan a percepción humana, facendonos ver ou non ver aquelo que eles queren.
Rematou a conferencia cos dous consellos que salientábeis para manter en boa forma ao noso cerebro; facer exercicio físico e sobre todo durmir ben (polo menos de seguido 8 horas)
Casto Rivadulla presentou un libro o  ano pasado; A que cheiran as cores?, onde responde a cuestións curiosa mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Estaremos a espera de que veña a firmalo a o noso instituto.

mércores, 6 de maio de 2020

ACORDO PARA A ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES



Ven de publicarse no DOG de hoxe, o acordo para continuar co procedemento de admisión do novo alumnado no noso instituto.

A partir do vindeiro LUNS 11, o centro abrirá de 9:00h a 14:00h exclusivamente para tramitar a documentación referente a este procedemento.

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021


PARA NOVO ALUMNADO PROCEDENTES DE CENTROS NON ADSCRITOS.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado 
en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de-
clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o 
día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión 
do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa pre-
sentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento 
administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de 
admisión reduciranse á metade. 
b) Novos prazos do proceso: 
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de 
maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 
9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días 
hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de 
xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bachare-
lato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores