sábado, 13 de xullo de 2019

UNHA CAMISETA DENDE O 'RAFAEL DIESTE' PARA O MICROBIÓLOGO ESPAÑOL MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO

[Fotos: Instagram e Facebook]


Esta é a historia dunha camiseta deseñada por 'La Enzima Inquieta' que foi entregada pola nosa profesora de bioloxía Marisa Castiñeira e o seu alumnado a Lluis Montoliu, cando deu unha charla no centro, para que a entregase a Francis Martínez Mojica, o microbiólogo alicantino máis famoso do mundo.

+ info nun artigo de 'La Voz de Galicia:

O alumnado do Rafael Dieste viste ao aspirante español ao Nobel de Medicina

martes, 9 de xullo de 2019

A NOSA ALUMNA CARMEN CADAHÍA VEIRA UNHA DAS MÁIS ALTAS CALIFICACIÓNS NAS ABAU 2019

[Foto: coruna.gal]

A nosa alumna Carmen Cadahía Veira, xunto aos outros estudiantes da cidade que obtiveron as calificacións máis altas nas probas de ABAU de 2019, recibiron os parabéns da alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación Jesús Celemín esta mañá no salón de plenos do pazo de María Pita.
Os nosos parabéns para todos eles e en especial para Carmen! Moita sorte no futuro!

Toda a información na web do Concello.

Tamén a prensa local recordou este días que o IES 'Rafael Dieste' é un dos institutos da cidade que sempre aparece entre os que acadan mellores medias nas probas ABAU nos últimos anos.

[Foto: La Voz de Galicia]

martes, 2 de xullo de 2019

RACHANDO COS ESTEREOTIPOS DE ESPAÑA


O noso lector americano deste curso, Joshua DeYoung, preparou un video para un proxecto do seu programa de estadía, donde intenta rachar cos típicos estereotipos que representan habitualmente a España.
A idea detrás do video é mostrar a estudantes americanos, potenciais visitantes, que a imaxe que poidan ter do noso país a través dos  seus estereotipos (flamenco, paellas e toros) non encaixa co que realmente atoparán nas distintas rexións que o conforman. 
Joshua aparece no video tamén.

Video:
 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores