Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de maio de 2023

VISITA DA ESCRITORA CORUÑESA NIEVES ABARCA





Onte o alumnado do "Rafael Dieste" tivo a oportunidade de escoitar á escritora coruñesa Nieves Abarca que veu a charlar co alumnado de 1ºBAC do seus libros e en espcial de "Voraces". Tamén tivo tempo para estar co alumnado dos clubes de lectura do centro.



 

venres, 14 de abril de 2023

HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA VASCA EDURNE PORTELA












Hoxe visítounos a escritora vasca Edurne Portela que veu a falarnos da súa última novela "Maddi y las fronteras", contestando ás preguntas do alumnado de 1ºBAC.

Sinopse da novela:

Unha tarde de outono de 2021 Edurne Portela recibe unha chamada na que lle ofrecen unha serie de documentos históricos relacionados con María Josefa Sansberro, coñecida como Maddi, nada en Oiartzun en 1895 e que rexentara un hotel moi popular nos anos trinta do século XX aos pes do monte Larrún, na fronteira entre España e Francia. A primeira vista, Maddi xa se revela como unha muller inquietante e chea de contradiccións, que traspasou moitas fronteiras tanto físicas como morais: contrabandista e mugalari, fervente católica e divorciada, muller sen fillos e nai, servidora dos nazis e axente da Resistencia. A autora acepta o reto de meterse de cheo neses documentos e, a partir de aí, imaxinar a Maddi: a súa voz e a súa mirada, os seus desexos e anhelos, os seus motivos e razóns, os seus afectos.

   Así se escribe "Maddi y las fronteras", unha novela sobre unha muller que non se axustaba ás convenciones da súa época, que cruzou todas as liñas vermellas, unha muller que fixo o que ninguén esperaba dela.






luns, 13 de febreiro de 2023

LEDICIA COSTAS VISITA O "RAFAEL DIESTE"



Hoxe tivemos a sorte de contar de novo coa presencia da escritora galega Ledicia Costa quen tivo un encontro co alumnado de 2ºBAC. 

martes, 17 de xaneiro de 2023

VISÍTANOS O ESCRITOR FERNANDO LALANA

Recibimos unha nova visita do escritor zaragozano Fernando Lalana, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, entre outros moitos, quen falou da súa actividade literaria ante o alumnado de 3ºESO.

















 

mércores, 7 de decembro de 2022

O POETA JUAN BESADA FALA DO SEU NOVO LIBRO EN RADIOFIESTRA


 "Teito de ferro" e o título da última novela de Juan Besada e tivemos o privilexio de que falara dela na nosa radio. Unha conversa relaxada e moi interesante con alumnado de 2º de bacharelato serviu para afondarnos nas súas lembranzas da man de Sinde, unha das protagonistas. Esta muller fala co seu neto de seu pasado: o levantamento nacional en Santiago, as horas de traballo e de inquedanza. Juan Besada acércanos ao seu xeito de falar de nós e de quen somos.

luns, 5 de decembro de 2022

A ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ DE VISITA NO NOSO INSTITUTO



A escritora Antía Yáñez visitounos o pasado xoves 1 de decembro. A autora de "O Misterio de Portomarín", falou co alumnado de 1ª da ESO no Salón de Actos do instituto. 
Tivo un momentiño para pasar pola biblioteca onde temos varios exemplares da súa obra asignados por ela.




 

xoves, 27 de outubro de 2022

CHARLA COA POETA E RELATORA NURIA VIL



 O alumnado de 2ºBAC tivo hoxe a oportunidade de coñecer es escoitar a NURIA VILÁN PRADO, mais coñecida como NURIA VIL, poeta e relatora galega nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, nunha actividade organizada polo Departamento de Galego.
Nuria formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos. Moi activa en redes sociais.

xoves, 5 de maio de 2022

SESIÓN FOTOGRÁFICA DE THEODOR KALLIFATIDES NO IES "RAFAEL DIESTE"


 Incluímos algunhas das mellores fotos da sesión de fotos que o fotográfo de "La Opinión de A Coruña", Víctor Echave, fixo durante a visita do escritor Theodor Kallifatides ao noso centro onte.


Cos presentadores do acto Xenia Knorr e Tiago Salaño.


Coa profesora de inglés do instituto Hilda Fraga, que actuou de intérprete.






mércores, 4 de maio de 2022

THEODOR KALLIFATIDES VISITA O "RAFAEL DIESTE"


 Hoxe temos o privilexio de recibir a visita do escritor sueco de orixe grega Theodor Kallifatides que dará unha conferencia para o alumnado de 1ºBAC.

Como xa anunciamos, recibimos pasado o mediodía, a visita do escritor THEODOR KALLIFATIDES que falou co alumnado de 1ºBAC da súa vida, obra e traxectoria vital como escritor. 
O acto foi presentado por dous estudantes de 1ºBAC do centro:
 Xenia Knorr, alumna suíza que estudia no noso centro este curso e cuxa nai é de orixe grega, quixo recibir ao escritor con unha introducción en grego.
 Outro alumno, Tiago Salaño comentou a breve presentación en imaxes sobre el.
A profesora de inglés do centro, Hilda Fraga, fixo de intérprete durante a charla.
O escritor respostou tamén a todas as preguntas que o alumnado tiña preparadas sobre as súas obras, as súas opinións personais e sobre a situación do seu país natal, de Europa e a actualidade. 
Esta visita foi todo un luxo para o noso instituto!
Máis abaixo tedes as ligazóns á noticia na prensa local ["La Voz de Galicia" e "La Opinión de A Coruña", respectivamente].





Foto: Ana Cepri


Theodor Kallifatides con Hilda Fraga, Xenia Knorr e Tiago Salaño.

martes, 5 de abril de 2022

ENCONTRO COA AUTORA NIEVES ABARCA NO "RAFAEL DIESTE"

Hoxe o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de disfrutar do encontro coa escritora Nieves Abarca para falar da súa novela "VORACES". O alumnado aproveitou para facerlle preguntas sobre este libro que xa leron.
O acto foi presentado e conducido por dous alumnos de 1ºBAC, Xoana Pérez González e Tiaño Salaño Varela.

Nieves Abarca Corral naceu en A Coruña, España, en 1968. Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e é Máster en Periodismo pola UOC.












martes, 1 de febreiro de 2022

ESPIDO FREIRE VISITA O "RAFAEL DIESTE"

Foto: Víctor Echave / La Opinión de A Coruña



Hoxe visítanos a escritora Espido Freire a partir das 12:30h.
Os grupos que asistirán á súa charla son os cinco de 2º de ESO no salón de actos. A autora falaranos sobre El chico de la flecha, narración que inicia unha triloxía xuvenil ambientada na Emérita Augusta do século I
Ligazón ao artigo na prensa ("La Opinión de A Coruña")

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores