Amosando publicacións coa etiqueta Set-Dec19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Set-Dec19. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de decembro de 2019

CHRISTMAS FLASHMOB NAVIDEÑO


Seguimos a celebración do nadal cun "Christmas Flashmob Navideño" realizado por alumnado e profesores durante o segundo recreo de hoxe.

Videos:


xoves, 19 de decembro de 2019

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019, DE VISITA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


A coordinadora de Biblioteca Matilde de  Cal na presentación do acto de homenaxe.

Pilar Pallarés entre os profesores de galego César Morán (esquerda) e o Xefe de Departamento de Galego do noso centro Eloi Rodríguez (dereita).


Hoxe, dentro das homenaxes que cada curso facemos dende a nosa Biblioteca a distintos autores galegos, recibimos este ano á Premio Nacional de Poesía 2019, PILAR PALLARÉS. Veciña da nosa cidade e que tamén foi profesora de instituto.

Alumnado de 4ºESO, 1º e 2ºBAC acudirán ao salón de actos para escoitar unha presentación sobre esta autora e o recitado de poesías por parte dalgún alumnado, e tamén a interpretación cantada dalgún poema seu por parte de César Morán. E por último, a propia Pilar falará para todos nos.

É a primeira vez que recibimos en vivo á persoa que homenaxeamos e doblemente nun ano no que foi premiada con tan importante galardón.

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

mércores, 18 de decembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: MAIS PRÁCTICA DE ESGRIMA DO ALUMNADO DO DIESTE





Esta semana o alumnado da ESO está realizando unha práctica no Clube Esgrima Coruña ubicado nas instalacións da Casa da Auga. Elisa Martínez, alumna de 4° ESO e campiona de España fixo de anfitriona do seu clube.

domingo, 15 de decembro de 2019

A NOSA RADIO XA TEN NOME: "RADIOFIESTRA"


Xa temos nome para a nosa radio: 

"RADIOFIESTRA"

De todas as suxestións que recibimos, está é a selecionada. O seu autor, SERGIO POUSADA, de 1º de Bacharelato C lémbranos coa súa  proposta que unha das principais obras do escritor Rafael Dieste titulase "A Fiestra Valdeira".

Grazas a todos e todas pola participación!

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

xoves, 5 de decembro de 2019

UN CORO GOSPEL NO 'RAFAEL DIESTE'

 Hoxe alumnado do primeiro ciclo do noso instituto asistiron, participaron e disfrutaron da actuación dun coro gospel no salón de actos.

martes, 26 de novembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: ATLETISMO NAS PISTAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA EN ELVIÑA


Grazas á Universidade de A Coruña, onte o alumnado de 3ºESO puido visitar as pistas de atletismo de Elviña e exercitar as diferentes disciplinas: desprazamentos, saltos e lanzamentos. Algúns descubriron novas habilidades descoñecidas ata o de agora.

luns, 25 de novembro de 2019

25-N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO 'RAFAEL DIESTE'


25 de novembro de 2019, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Para sinalar e conmemorar esta data haberá unha concentración do alumnado no patio central ás 12:00 para a lectura dun comunicado de concienciación elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato. 

Fotos da concentración e do mural preparado por 'BiblioDieste' a continuación.





Entrada xemelga @ ArquivosDoTrasno

mércores, 20 de novembro de 2019

SEGUIMOS CO PROXECTO DEPORTIVO 2019: FLASHMOB, BRILÉ E BALONCESTO


Tras os ensaios da coreografía do flashmob (foto superior) realizado en Marineda o pasado venres 15 no que participarou alumnado do noso centro...

Toda a información sobre o flashmob nesta ligazón a un artigo de "La Voz de Galicia":

Sede de arte no centro comercial

Alumnos de distintos centros da ciudade reclaman ensinanzas artísticas nas aulas cun «flashmob» en Marineda


...esta semana empezaron os campionatos de baloncesto e brilé, deixando dous recreos para baile. 


Estade atentos aos calendarios dos partidos expostos na porta do ximnasio (foto superior), e no taboleiro do departamento de Educación Física. A disfrutar dos recreos.

xoves, 7 de novembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: ALUMNADO 2ºESO DO 'DIESTE' PRACTICANDO ESGRIMA



Onte, alumnado de 2ºESO do noso centro asistiron á Sala de Esgrima do Club Esgrima Coruña na Casa de Auga para familiarizarse con esta práctica deportiva. Esta actividade realízase dentro do Proxecto Deportivo do centro.
O Club Esgrima Coruña convida a todo o alumnado de 2ºESO a oito clases gratuitas para coñecer a esgrima.



Videos:

martes, 5 de novembro de 2019

UN "DON JUAN TENORIO" REINVENTADO PARA O ALUMNADO DE MÚSICA 1ºBAC



O Departamento de Música asistiu, xunto ao alumnado Música de 1º de Bacharelato á representación da obra de teatro clásico “Don Juan Tenorio” de José Zorrilla no auditorio do Centro Ágora este luns 3 de novembro.


A representación á que asistimos foi moi orixinal, xa que os decorados estaban  videoproxectados en tres dimensións coa técnica do  videomapping, e o texto clásico en verso de Zorrilla (ofrecido pola compañía teatral  Noite Bohemia) acompañábase dunha parte de canto ofrecida polo Acorde Secreto, e a de danza, do ballet Druída.

Precisamente, estivemos dez días antes no ensaio da coreografía do espectáculo na escola de danza Druída, no que a súa directora,  Chedes Suárez, explicounos as claves do espectáculo.


luns, 4 de novembro de 2019

O 'RAFAEL DIESTE' NA SEMUA IV: SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL



O Departamento de Música volveu a participar na IV Semana das Músicas do Audiovisual,  un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.

Cos alumnado de Música de 3º ESO estivemos o luns 28 de outubro no Teatro Colón no concerto ofrecido pola Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por David Fiuza,  no que interpretaron músicas de bandas sonoras de obras audiovisuais españolas. Escoitamos músicas compostas por Carmelo Bernaola (as sintonías de Verano Azul e La Clave e das películas Espérame en el cielo, Tormento Pasodoble), Capitán Trueno (Luis Ivars), así como as músicas de dúas cortametraxes do director Hugo de la Riva (El abducido-Una comedia humana e Blondi, el perro de Hitler) e o tema principal de Bienvenido, Mister Marshall.


xoves, 24 de outubro de 2019

24-O: DÍA DA BIBLIOTECA @ 'BIBLIODIESTE'


A nosa biblioteca



A nosa expo de bibliotecas

No Día das Bibliotecas 2019, BiblioDieste quere facer unha visita ás bibliotecas máis interesantes en todo o mundo coa exposición que podedes ver no pasillo xunto á entrada da nosa biblioteca (fotos superiores). Como podedes ver hai bibliotecas nos sitios máis inverosímiis... (unha antiga cabina telefónica, nunha praia, a lombos dun burro...)
Tamén expoñemos todos os carteis anunciadores das nosas semanas culturais.  (Foto inferior).



Ademáis o alumnado do noso centro fixo recomendacións de lecturas que tamén están expostos.




Biblioteca pública de Estocolmo (Suecia)

Na ligazón que incluímos podedes botar unha ollada a esas outras bibliotecas:

BIBLIOTECAS DO MUNDO


mércores, 23 de outubro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2019: ACTIVIDADE DE BAILE


Comenzan as actividades do Proxecto Deportivo de Centro nos recreos. Esta semana comenzou no ximnasio a actividade de baile dirixido polo alumnado de 4° ESO. Nela está a participar tanto o alumnado mais novo de 1°ESO, coma os de 2° Bacharelato. Parabéns a tod@s por participar con entusiasmo e respeto. 

venres, 4 de outubro de 2019

ACTIVIDADE 'STEM GIRL' 2019

Hoxe o alumnado de 3ºESO asistiu á actividade "STEM GIRL", o programa para incentivar o talento STEM* nas rapazas.
A través desta actividade quérese reducir a brecha de xénero entre mulleres e homes nos estudios dos campos STEM (*Ciencia, Tecnoloxía, Inxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado femenino apenas se sitúa en torno ao 30%. Para isto, poñen en marcha o programa “STEM GIRL: derribando estereotipos”. Trátase dun programa de mentoring con mulleres referentes de recoñocido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, farán chegar a súa experienci falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuindo a derribar estereotipos.

*(Science, Technology, Engineering & Mathematics)

















venres, 27 de setembro de 2019

#FRIDAYSFORFUTURE @ 'RAFAEL DIESTE': CONCIENCIANDO SOBRE O CLIMA. EN DEFENSA DO FUTURO DO PLANETA




Como se anunciara, hoxe venres 27 de setembro o noso centro sumouse á #FridaysForFuture, a Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.
As organizacións e plataformas convocantes fixeron un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realizasen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) fixemos a concentración no patio central interior do instituto.
Achegamos videos para ilustrar o tema.

Videos:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores