venres, 29 de outubro de 2021

CHARLAS INFORMATIVAS DO COLECTIVO "ALAS" (2ºESO)


 Tal e como está indicado no contrato-programa Iguala-T que se desenvolve este curso no instituto, esta semana comenzaron as charlas informativas sobre os dereitos Lgtbi. O alumnado de 2º da ESO puido comprobar como anda en coñecementos de terminoloxía e intentar entender a perspectiva dende a que estes colectivos se sitúan. Para iso contamos coa presenza de Pablo e Óscar, da asociación Alas (Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual). Esta asociación traballa contra a discriminación e a marxinación promovendo a igualdade de todas as persoas neste sentido, tanto no plano privado como no público.

venres, 22 de outubro de 2021

UNHA NOVA CONFERENCIA DE JOCELYN BELL


 O 21 de outubro de 2021 a astrofísica Jocelyn Bell impartiu unha conferencia no Teatro Colón da Coruña sobre a orixe dos elementos do que está feito o Universo, e por tanto todos os seres vivos que que nel están: We are made of star stuff.
No Club de Ciencia fixemos un tríptico ca biografía de Jocelyn, para dar a coñocer aos nosos compañeiros a labor desta magnífica astrosísica. Nos participaramos con algunhas preguntas nun vídeo feito polos Museos Científicos Coruñeses dunha entrevista a Jocelyn conducida pola Astrofísica Ana Ulla, para o Congreso Estatal de Astronomía. Algún destes rapaces asistimos a conferencia e achegámoslle algún agasallo de agradecemento pola súa divulgación e compromiso por unha ciencia por e para todos.
Toda a información nesta ligazón: CONFERENCIA DE JOCELYN BELL.

martes, 5 de outubro de 2021

CONCURSO 'BIBLIODIESTE': "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021-22"


 Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021 – 2022
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas bases que podedes consultar na seguinte ligazón: CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS" @ ArquivosDoTrasnoBlog 

Ánimadevos!!

luns, 4 de outubro de 2021

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN 'BIBLIODIESTE': "O MEU VERÁN FOI..."



Irreal, impresionante, efímero, ajetreado, crazy, armonía, inmarcesible, relax, extraño…Estas son algunhas das palabras coas que os alumnos e alumnas cualifican ou relacionan o seu verán. Pedímoslles ademais imaxes, fotos feitas ao longo das vacacións e que foran representativas deses días. Con esta exposición que mestura verbas e imaxes inauguramos as actividades da Biblioteca. 

Podedes ver más fotos:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores