sábado, 21 de decembro de 2019

INAUGURACIÓN DE "RADIOFIESTRA" COA ENTREVISTA A PILAR PALLARÉS


O pasado xoves inauguramos as emisións de "RADIOFIESTRA" cunha convidada moi especial. Aproveitando o acto de homenaxe á Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019, no noso instituto fixémoslle unha entrevista na nosa nova emisora.


A partir de agora, poderes acceder aos programas de "RadioFiestra" na ligazón que teremos no Blogue da Biblioteca "ArquivosDoTrasno" picando neste icono na columna dereita  :


Versión da entrada @ ArquivosDoTrasno

venres, 20 de decembro de 2019

xoves, 19 de decembro de 2019

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019, DE VISITA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


A coordinadora de Biblioteca Matilde de  Cal na presentación do acto de homenaxe.

Pilar Pallarés entre os profesores de galego César Morán (esquerda) e o Xefe de Departamento de Galego do noso centro Eloi Rodríguez (dereita).


Hoxe, dentro das homenaxes que cada curso facemos dende a nosa Biblioteca a distintos autores galegos, recibimos este ano á Premio Nacional de Poesía 2019, PILAR PALLARÉS. Veciña da nosa cidade e que tamén foi profesora de instituto.

Alumnado de 4ºESO, 1º e 2ºBAC acudirán ao salón de actos para escoitar unha presentación sobre esta autora e o recitado de poesías por parte dalgún alumnado, e tamén a interpretación cantada dalgún poema seu por parte de César Morán. E por último, a propia Pilar falará para todos nos.

É a primeira vez que recibimos en vivo á persoa que homenaxeamos e doblemente nun ano no que foi premiada con tan importante galardón.

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

mércores, 18 de decembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: MAIS PRÁCTICA DE ESGRIMA DO ALUMNADO DO DIESTE





Esta semana o alumnado da ESO está realizando unha práctica no Clube Esgrima Coruña ubicado nas instalacións da Casa da Auga. Elisa Martínez, alumna de 4° ESO e campiona de España fixo de anfitriona do seu clube.

martes, 17 de decembro de 2019

CALENDARIO PRIMEIRO PARCIAL ALUMNADO CON ASIGNATURAS PENDENTES XANEIRO 2020

O alumnado con materias pendentes desenvolverá o plan de actividades elaborado polo profesorado que lle imparte docencia no curso actual ou polo Xefe/a do Departamento correspondente. 
Nas materias que se fai parcial de xaneiro seguirase o presente calendario.

BACHARELATO e ESO* (*de ser o caso): Parcial 1–XANEIRO 2020 

Martes 21
18:15-19:15 Tecnoloxía - TIC

Luns 27 
16:30 -17:30 Matemáticas
17.30 -18.30 Lingua Galega

Mércores 29 
16:30 -17:30 Física e Química
17.30 -18.30 Xeografía e Historia

Xoves 30  
16:30 -17:30 Inglés* (*so alumnado 1ºBAC Pendente)

Segundo parcial e final para Bacharelato (e *ESO de ser o caso) en MAIO 2020 en datas por determinar.


luns, 16 de decembro de 2019

XA CHEGOU O NADAL AO 'RAFAEL DIESTE'

BO NADAL E UN PRÓSPERO 2020
PARA TODA A COMUNIDADE ESCOLAR
DO IES 'RAFAEL DIESTE'



O "Rafael Dieste" xa luce ambiente de Nadal para a útlima semana de clases antes das vacacións.






























domingo, 15 de decembro de 2019

A NOSA RADIO XA TEN NOME: "RADIOFIESTRA"


Xa temos nome para a nosa radio: 

"RADIOFIESTRA"

De todas as suxestións que recibimos, está é a selecionada. O seu autor, SERGIO POUSADA, de 1º de Bacharelato C lémbranos coa súa  proposta que unha das principais obras do escritor Rafael Dieste titulase "A Fiestra Valdeira".

Grazas a todos e todas pola participación!

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

mércores, 11 de decembro de 2019

PARABÉNS PARA DANIEL BASCOY NIÓN E TODO O CLAUSTRO DE PROFESORADO DO CENTRO

Achegamos a carta cos parabéns do Director  Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, pola obtención do premio de ESO ao esforzo e á superación persoal por parte do noso ex-alumno Daniel Bascoy Nión.

Parabéns ao alumno Daniel Bascoy Nión, a todo o claustro de profesores e engadimos ao persoal de coidadores que tiveron relación directa con este alumno.

martes, 10 de decembro de 2019

PROBAS GRATUÍTAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA (NIVEIS B1/B2/C1) PARA O ALUMNADO DOS CENTROS PLURILINGÜES


A Consellería de Educación ven de convocar, nunha primeira fase, para o alumnado que cursa os seus estudos de 4º de Educación Secundaria dentro do programa plurilingüe nos centros educativos incorporados á Rede de Centros Plurilingües ás probas para acreditar o Nivel B1, Nivel B2 ou Nivel C1 de competencia lingüística, en lingua inglesa.

Estas probas realizaranse nos centros docentes que se determinen, nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 

o sábado 15 de febreiro de 2020 en horario de mañá

As probas orais realizaranse entre o 10 e o 14 de febreiro con posibilidade de continuar nos días 17 e o 21 de febreiro de 2020, se fose preciso, en horarios que se concretarán para cada persoa candidata.

A participación nestas probas é de carácter voluntario. O alumnado decidirá, coa orientación do seu profesorado, o nivel ao que se quere presentar (B1, B2 ou C1).

A inscrición do alumnado aspirante será gratuíta e o alumnado deberá apuntarse ata o

luns 16 de decembro.


O alumnado interesado deberá inscribirse nunha lista que terá o profesorado de inglés que imparte en 4ºESO.

Para o alumnado de BAC haberá unha posible matrícula nunha segunda fase posterior.

Información sobre o formato dos exames @ ClickOnEnglish

xoves, 5 de decembro de 2019

martes, 26 de novembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: ATLETISMO NAS PISTAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA EN ELVIÑA


Grazas á Universidade de A Coruña, onte o alumnado de 3ºESO puido visitar as pistas de atletismo de Elviña e exercitar as diferentes disciplinas: desprazamentos, saltos e lanzamentos. Algúns descubriron novas habilidades descoñecidas ata o de agora.

luns, 25 de novembro de 2019

25-N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO 'RAFAEL DIESTE'


25 de novembro de 2019, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Para sinalar e conmemorar esta data haberá unha concentración do alumnado no patio central ás 12:00 para a lectura dun comunicado de concienciación elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato. 

Fotos da concentración e do mural preparado por 'BiblioDieste' a continuación.





Entrada xemelga @ ArquivosDoTrasno

mércores, 20 de novembro de 2019

SEGUIMOS CO PROXECTO DEPORTIVO 2019: FLASHMOB, BRILÉ E BALONCESTO


Tras os ensaios da coreografía do flashmob (foto superior) realizado en Marineda o pasado venres 15 no que participarou alumnado do noso centro...

Toda a información sobre o flashmob nesta ligazón a un artigo de "La Voz de Galicia":

Sede de arte no centro comercial

Alumnos de distintos centros da ciudade reclaman ensinanzas artísticas nas aulas cun «flashmob» en Marineda


...esta semana empezaron os campionatos de baloncesto e brilé, deixando dous recreos para baile. 


Estade atentos aos calendarios dos partidos expostos na porta do ximnasio (foto superior), e no taboleiro do departamento de Educación Física. A disfrutar dos recreos.

sábado, 16 de novembro de 2019

DE VOLTA DE OS PEARES: BACK FROM THE 'ENGLISH WEEK'



Hoxe xa regresaron os 25 estudantes do 'Rafael Dieste' que pasaron esta semana en Os Peares no programa de inmersión lingüística "English Week".

Onte no derradeiro día da estadía realizaron as presentacións dos proxectos desenvolvidos ao longo da semana sobre o tema do medio ambiente e as 3R (reducir, reutilizar e reciclar).

Só resta darlles os parabéns a todo o alumnado participante pola súa boa actitude e participación durante toda a semana e as grazas á profesora acompañante (Leticia Ogando) e ao persoal da residencia.






Versión en inglés @ ClickOnEnglish

xoves, 14 de novembro de 2019

BECAS DO CONCELLO PARA CURSAR 1ºBAC NOS EE.UU 2020-21



Un curso máis, o Concello de A Coruña convoca as Becas "A CORUÑA NO MUNDO" 2020-21 para cursar 1º de Bacharelato nun High School nos EE.UU. Vai dirixido a todo o alumnado que cursa neste momento 4º da ESO. 

PRAZO DE SOLICITUDE ENTRE O 18 DE NOVEMBRO E O 10 DE DECEMBRO 2019.

Toda a información na web do Concello AQUÍ.

mércores, 13 de novembro de 2019

DISFRUTANDO INMERSOS NA "ENGLISH WEEK" EN OS PEARES.


Os 25 estudiantes de 3ºESO do "Rafael Dieste" están disfrutando da súa inmersión lingüística en inglés nunha residencia en Os Peares durante esta semana. Na metade da súa estadía envíannos esta foto dende alí.

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

sábado, 9 de novembro de 2019

VOTAMOS #ESTRELAROSALÍA DENDE O 'RAFAEL DIESTE'


Onte venres no Instituto recitamos a Rosalía de Castro, con versos onde a Lúa, o Sol, as Estrelas… eran protagonistas, animando a votar a #EstrelaRosalía.

Se queres axudarnos a que Rosalía de Castro sexa tamén unha estrela recoñecida oficialmente pola Unión Astronómica Internacional, ademais de votar por ela, podes difundir nas túas redes sociais e entre os teus contactos. A data límite das votacións é o día 12 de novembro.

+ INFO:
Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.

HD 149143 é a estrela asignada a España. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. O exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela.

xoves, 7 de novembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: ALUMNADO 2ºESO DO 'DIESTE' PRACTICANDO ESGRIMA



Onte, alumnado de 2ºESO do noso centro asistiron á Sala de Esgrima do Club Esgrima Coruña na Casa de Auga para familiarizarse con esta práctica deportiva. Esta actividade realízase dentro do Proxecto Deportivo do centro.
O Club Esgrima Coruña convida a todo o alumnado de 2ºESO a oito clases gratuitas para coñecer a esgrima.



Videos:

mércores, 6 de novembro de 2019

'RAFAEL DIESTE' 30º ANIVERSARIO: 5 ANOS XA DA CELEBRACIÓN DO 25º ANIVERSARIO


Queremos recordar un aniversario, xa que naquel momento no tiñamos este blogue.
O 6 de novembro de 2014, xa fai 5 anos hoxe, celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director entonces D. L. Fernando Gómez Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector, tamén nese momento, D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.


Programa:
- Apertura do acto polo Director do centro D. L. Fernando Gómez Sal.
- Intervención do profesor D. Miguel Mato Fondo: "Rafael Dieste: un nome para un proxecto educativo"
- Actuación musical a cargo de alumnado do centro.
Conferencia do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña, D. Xosé Luís Armesto Barbeito: "o instituto, a universidade e o dereito á educación".
- Peche musical: La Importancia (1933), poema para voz e piano.
Letra: Rafael Dieste.
Soprano: Susana de Lorenzo
Música: Miguel Brotóns.
Piano: Beatriz López-Suevos.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

martes, 5 de novembro de 2019

UN "DON JUAN TENORIO" REINVENTADO PARA O ALUMNADO DE MÚSICA 1ºBAC



O Departamento de Música asistiu, xunto ao alumnado Música de 1º de Bacharelato á representación da obra de teatro clásico “Don Juan Tenorio” de José Zorrilla no auditorio do Centro Ágora este luns 3 de novembro.


A representación á que asistimos foi moi orixinal, xa que os decorados estaban  videoproxectados en tres dimensións coa técnica do  videomapping, e o texto clásico en verso de Zorrilla (ofrecido pola compañía teatral  Noite Bohemia) acompañábase dunha parte de canto ofrecida polo Acorde Secreto, e a de danza, do ballet Druída.

Precisamente, estivemos dez días antes no ensaio da coreografía do espectáculo na escola de danza Druída, no que a súa directora,  Chedes Suárez, explicounos as claves do espectáculo.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores