venres, 24 de febreiro de 2023

2º PREMIO NO VI CONCURSO CARTEIS 8-M DA XUNTA DE GALICIA





 O noso centro educativo IES Rafael Dieste resultou gañador no VI Concurso para o deseño do cartel e do lema do día 8 de marzo 2023 "Día Internacional da Muller". Obtivo o segundo premio na  categoría, co cartel “ALUMEANDO”, que ilustra esta entrada. Parabéns para as alumnas de 4ºESO, autoras do cartel: INES SIEIRA, SOFÍA e CANDELA RODRÍGUEZ BARROSO.

 A entrega dos premios que terá lugar previsiblemente o venres día 3 de marzo de 2023, en Santiago de Compostela.

Información na prensa "El Ideal Gallego":

Tres centros coruñeses gañan premios no concurso de carteis da Xunta polo 8-M

xoves, 23 de febreiro de 2023

AO NOSO QUERIDO ALUMNO, DANI FIAÑO


Triste noticia a do falecemento dun antiguo alumno do noso centro. E non un alumno máis, hoxe foise DANI FIAÑO, un alumno con gran espíritu de superación que conseguíu moitísimo a pesar de todas as dificultades do seu camiño. DEP.
Ata sempre, Dani. 




 

luns, 20 de febreiro de 2023

AXUDAS A ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2023 DA XUNTA DE GALICIA

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orden de 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concurrencia competitiva (código de procedimiento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atópase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle

venres, 17 de febreiro de 2023

FESTA DO ENTROIDO E DÍA MUSE 2023


 Así lucía esta mañá o noso patio central preparado para celebrar o Día Muse 2023 e a nosa festa do entroido.
Nos recreos se representaron as actuacións que levan preparando nas diferentes clases de música, educación física e debuxo (de este último son todas as decoracións que se ven na foto superior) dentro do Programa Muse.

Unha das actuacións.

Artigo en "La Voz de Galicia". "DÍA MUSE EN EL INSTITUTO"

ENTROIDO 2023: "FACEMOS HISTORIA" NO 'RAFAEL DIESTE'

 

No entroido 2023 quixemos facer historia reproducindo fotos ou obras históricas.

Video "FACEMOS HISTORIA" do Entroido 2023 do Rafael Dieste:

luns, 13 de febreiro de 2023

LEDICIA COSTAS VISITA O "RAFAEL DIESTE"



Hoxe tivemos a sorte de contar de novo coa presencia da escritora galega Ledicia Costa quen tivo un encontro co alumnado de 2ºBAC. 

xoves, 9 de febreiro de 2023

PARTICIPAMOS NAS OLIMPIADAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA


 
Alumnado do noso centro participará ou ven de participar nas Olimpiadas de Bioloxía e Xeoloxía. A continuación a información e fotos de cada unha.

  • Despois de participar na fase on line da Olimpíada de Bioloxía o 3 de febreiro no instituto, a alumna Clara Marina Roca de Miguel de 2º Bac foi seleccionada para participar na fase autonómica a celebrar o 17 de febreiro en Santiago 


  • O mércores 8 de febreiro o alumnado de xeoloxía de 2º de Bac, paricipou na Olimpíada de Xeoloxía, fase autonómica. Esta desenvolveuse entre o Monte de San Pedro, onde se fixo unha xincana xeolóxica, e na facultade de Ciencias, no Campus da Zapateira, onde se fixo a proba teórica. Unha vez rematado o exame o alumnado pasou por distintos talleres de experiencias da facultade e rematamos a xornada ca entrega de premios e unha chocolatada.  O alumno Ricardo Rego Martínez levou o 3º premio e Brais Espinosa Castro, o primeiro, sendo representante galego con outros catro máis das outras provincias na Fase Nacional, que se levará a cabo en Jaén.

martes, 7 de febreiro de 2023

11-F: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA. CONFERENCIA ONLINE CON ALICIA L. BRUZOS


 

ASEICA lanza unha nova edición de ‘COÑÉCEAS’, unha actividade que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro dunha forma dinámica e interactiva. Mediante esta iniciativa, ASEICA pretende animar ao alumnado e, en particular, ás nenas e novas, a que se interesen pola Ciencia.

No noso instituto temos a Alicia L.Bruzos. É bióloga e bioinformática, doutorada en medicina molecular pola USC, actualmente profesora de xenética na University College of London e investigadora no Francis Crick Institute (en Londres tamén).

O alumnado de 1ºESO asistío a este acto.

luns, 6 de febreiro de 2023

CHARLA EN INGLÉS SOBRE CULTURA BRITÁNICA CON DAMIEN SHEEHY

 


Hoxe pola mañá o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de escoitar a Damien Sheehy, un dublinés que visitou o noso instituto para dar unha charla cultural sobre o Reino Unido. O alumnado disfrutou cunha charla distendida sobre curiosidades da cultura anglosaxona aderezada con preguntas a modo de concurso.

Damien con Guillermo González explicando porque os británicos conducen pola esquerda. 
O comodín do teléfono, chamando á nai de Damien para contestar unha das preguntas.

O comodín do público, votando para axudar noutra das preguntas.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.




IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores