luns, 30 de marzo de 2020

NOVAS DATAS DA ABAU 2020 EN GALICIA: 7, 8 e 9 XULLO

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E A CIUG ACORDAN QUE A CONVOCATORIA ORDINARIA DA ABAU EN GALICIA SERÁ O 7, 8 E 9 DE XULLO.


Ligazón:

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo


Ademáis a convocatoria extraordinaria das ABAU este ano volverá a ser en setembro, os días 15, 16 e 17, tal e como decidiron a Consellería e a CIUG  o luns 6 de abril.

AVISO IMPORTANTE: CALIFICACIÓNS DA 2ª AVALIACIÓN POR ABALAR MÓBIL


Informamos que o vindeiro xoves a partir das 13h publicaranse as notas da 2ª avaliación en Abalar Móbil, polo que é conveniente que aquelas familias que non o teñen descargado no seu teléfono, o fagan. Se non fose posible deberán poñerse en contacto cos seus titores.

venres, 27 de marzo de 2020

RESOLUCIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS


Esta información está actualizada nunha nova entrada do 3 de abril 2020

O Departamento de Orientación informa que hoxe dia 27 de marzo aparece na páxina da Consellería de Educación a resolución definitiva de exencións e a asignación de centros e sedes para as probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior na convocatoria ordinaria 2020. 
Nesta dirección podedes consultar a información:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Sedes e listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Convocatoria 2020

xoves, 26 de marzo de 2020

NOVAS INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Onte publicaronse na páxina da Consellería de Educación da Xunta os acordos tomados na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma e hoxe as confirmamos con Inspección. Son estas:
- Mantemento do calendario escolar 
- Avaliación do segundo e terceiro trimestre: Avaliarase o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais o pasado 12 de marzo, (pero os exames programados poderán manterse, aínda que non se consideran para a 2ª avaliación senon que contarán para a seguinte) e modificaranse os contidos e competencias do terceiro. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril.
- Aprazamento das probas ABAU e modificación dos modelos de exame: A ABAU desenvolverase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo (con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo) no caso da convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro, no caso da extraordinaria, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Podedes ver a información en AQUÍ.  
É importante que sigades as novidades na páxina da Consellería de Educacióne na da CIUG

Con respecto ás PROBAS de ACCESO á Ciclos de FP, o alumnado que xa fixérades a inscripción a proba de Ciclos Medios ou Superiores, estade atentos á páxina das probas, por si hai modificacións nas datas previstas para a súa realización (CM: 28 de maio, CS: 23 de abril). 

Queremos por último engadir que todas as decisións que tomamos como centro veñen determinadas polas instruccións superiores e que poden, como vedes, variar dun día para outro.

mércores, 25 de marzo de 2020

CALENDARIO EXAMES ALUMNADO PENDENTE MAIO 2020 + APRAZAMENTO DAS PROBAS ABAU ALUMNADO DE 2ºBAC + PROBAS ACCESO A FP



ESTAS DATAS DE EXAMES DE PENDENTES CANCELÁRONSE. ATENTOS A NOVAS CONVOCATORIAS PROPOSTAS NESTA ENTRADA

Hoxe publícanse na páxina da Consellería de Educación os acordos tomados na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma: 
- Mantemento do calendario escolar 
- Avaliación do segundo e terceiro trimestre 
- Aprazamento das probas ABAU e modificación dos modelos de exame. 

Podedes ver a información en AQUÍ.  

É importante que sigades as novidades na páxina da Consellería de Educacióne na da CIUG

Con respecto ás PROBAS de ACCESO á Ciclos de FP, o alumnado que xa fixérades a inscripción a proba de Ciclos Medios ou Superiores, estade atentos á páxina das probas, por si hai modificacións nas datas previstas para a súa realización (CM: 28 de maio, CS: 23 de abril). 

domingo, 22 de marzo de 2020

MAIS OPCIÓNS: "APRENDEMOS NA CASA" EN RTVE-La2 + TVG-G2 + eBiblio + Rede Bibliotecas Públicas de Galicia + Bibliotecas Municipais + Editorial Planeta

Actualización 25-marzo: Ligazóns á Bibliotecas Municipais.

Por se algunha familia non ten conexión a internet ou ten dificultades de conexión e para todos en xeral, informamos que o Ministerio de Educación e RTVE comezan mañá "APRENDEMOS NA CASA" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases.
Serán 5 horas diarias entre luns e venres de programación educativa para estudantes entre os 6 e os 16 anos en diferentes tramos horarios e en aberto na franxa matinal de Clan TV e La2.
As edades do noso alumnado poderán velos concretamente en La2 nas seguintes franxas horarias:

- Estudantes de 12-14 anos (1º e 2ºESO) entre as 12:00h e as 13:00h
- Estudantes de 14-16 anos (3º e 4ºESO) entre as 13:00h e as 14:00h

E a distribución de asignaturas por días é igual para todos:

- Luns: Matemáticas 
- Martes: Sociais 
- Mércores: Artística e Ed. Física 
- Xoves: Lingua e Idiomas
- Venres. Ciencias Naturais 

A información completa nesta ligazón: "APRENDEMOS NA CASA"

Tamén a TVG pola súa segunda canle G2 emitirá un bloque educativo entre as 11h e as 13h en colaboración coa Consellería de Educación para apoiar aos estudantes galegos. Máis información AQUÍ.


Ademáis hai información sobre bibliotecas públicas de interese:


- eBIBLIO GALICIA

Para acceder ás bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de acceder ao préstamo dos libros en formato electrónico a través dun enlace, dispoñible na páxina web:

- REDE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA 

Nesta Rede encontraredes case todos os libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato neste formato (ata dous libros en préstamo durante un período de 21 días).
As claves serán operativas mentres dure o confinamento e ata un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non queres seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta subscrición, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.

BIBLIOTECAS MUNICIPAIS poñémonos en contacto con vós, porque consideramos que esta información pode contribuír ao desenvolvemento das actividades académicas dos vosos alumnos. Dentro das tarefas que os rapaces teñen que desenvolver na casa atòpanse os  títulos de lectura obrigada  que na meirande parte dos casos, as familias non os temos na casa. É por este tema polo que nos diriximos a vós:  a plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLE, acaba de liberar ás claves de acceso aos libros en lingua galega.
O acceso a esta plataforma é gratuito, pero ten a condición para o seu acceso, de ser socio dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ante  esta situación  na que estamos habilitouse  a posibilidade de acceder ao préstamo  dos libros en formato electrónico a través da ligazón superior REDE BIBLIOS PÚBLICAS 
Vantaxes:
Case que todos os libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato están dispoñibles neste formato.
O seu funcionamento é moi sinxelo e ademais existe un manual de uso.
Podense ter hasta dous libros en préstamo durante un período de 21 días.
 As claves serán operativas mentras dure o confinamento e hasta un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non se quer seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta suscripción, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.
Lembrade, ademais, que a través da nosa paxina web seguimos a dar de alta socios e ofrecemos todos os servizos que este confinamento nos permite.

A EDITORIAL PLANETA pon a disposición de todos os lectores (profesorado, alumnado e familias) a descarga gratuita dalgúns do sus mellores libros para combatir o tedio durante estes días de obrigado encerro polo Covid-19: KEEPREADINGENCASA



venres, 20 de marzo de 2020

CONSELLOS PARA A CUARENTENA: A IMPORTANCIA DA RUTINA

Consellos para encarar a cuarentena:

LEVANTARSE: Segue coa mesma rutina. De luns a venres como se foras a clase; aséate e cambiate de roupa; almorza, planifica o traballo e fai as túas tarefas.

PLANIFICAR: Planifica cada día en función das clases que tes no teu horario de clase.

CONSULTAR: Consulta a páxina web/blog do teu centro e as súas novidades. Tamén as páxinas e/ou espazos que cada docente elexiu para traballar.

DESCANSAR: Realiza dúas pausas durante a mañá, come algo san; fai deporte na casa; distráete facendo o que che gusta.

FAMILIARIZARSE: Afaite aos novos espazos de traballo. Ten paciencia, le con calma as instrucións. Que non renda o pánico!

SOCIALIZAR: Aproveita e fala mais cos que che rodean; non dependas do móbil para conectarte co mundo. Úsalo con cabeza, o mesmo que as consolas.

[Autor: Prof. Alfredo Blanco]

domingo, 15 de marzo de 2020

O "RAFAEL DIESTE" ESTÁ PECHADO



Comunícase que o instituto permanecerá pechado ata que finalice o Estado de Alarma. 
O proceso de admisión de alumnado prolongarase unha semana mais tras a reincorporación ás clases. Ata entón os que queiran poden tamén facelo a través da sede dixital.
Confírmase tamén o retraso das probas ABAU para o alumnado de 2ºBAC.

Para calquer dúbida ou consulta o correo do centro é:

ies.rafael.dieste@edu.xunta.gal

sábado, 14 de marzo de 2020

COIDÉMONOS: QUEDA NA CASA

NON SON VACACIÓNS. 
É DISTANCIAMENTO SOCIAL, COLABORA:
NON VAIAS DE VIAXE.
NON FAGAS FESTAS NIN REUNIÓNS.
PROTEXE AOS TEUS FAMILIARES MAIORES.


venres, 13 de marzo de 2020

INFORMACIÓN DURANTE O PECHE ESCOLAR

A principios da vindeira semana (entre luns e mércores) comunicaremos a través da nosa páxina web da reprogramación das datas de exames para a volta ás actividades do instituto. As sesións de avaliación previstas para o 23 e 25 de marzo se retrasan por este motivo. Os exames reprogramados serían para a primeira semana de regreso e as avaliacións para a seguinte.
Informarase dos distintos canles que terá o alumnado dispoñible según cada profesor e asignatura (aulas virtuais, blogues,...) para saber sobre traballos, consellos e outras informacións. O alumnado xa debería saber dos medios de comunicación do que cada profesor dispón. 
Tamén comunicaranse as tarefas por medio de avisos na aplicación ABALAR móbil, a quen estea suscrito.

xoves, 12 de marzo de 2020

AVISO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN: SUSPENSIÓN DAS CLASES DURANTE 14 DÍAS

A Xunta de Galicia acaba de comunicar a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns con carácter oficial por un período inicial de 14 días debido á crise do Coronavirus. Mañá venres non será obrigatorio asistir. Por este motivo suxírese adiar os exames previstos para mañá venres, se non está o alumnado do grupo ao completo.
O alumnado non poderá acudir ao centro durante os 14 días de suspensión.

sábado, 7 de marzo de 2020

8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DECIDEN ELAS"


Deciden elas. É o lema da campaña que o alumnado utiliza este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que foi institucionalizado pola ONU en 1975. A partires do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López, se elaboraron carteis sobre galegas, célebres e non tan célebres, destacadas no seu momento en ámbitos e actividades diferentes:
- Ysabel Barreto, almirante pontevedresa do século XVI, 
Sofía Casanova, a escritora e xornalista, nacida en A Coruña no século XVIII, 
ata exemplos máis recentes como Ángeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol ou Antonia Ferrín, astrónoma ourensá, son mulleres que nos  axudan a repensar a nosa sociedade e nos aníman na tarefa da loita polos dereitos de todas as persoas.
Ademais, no instituto contamos  cunha exposición monográfica sobre Hildegarda de Bingen, música, teóloga, naturista, literaria na Alemania do século XII.
E para poñer a guinda, un grupo de alumnos e alumnas baixo a coordinación da orientadora Laura, encargouse de que quedara constancia de que o 8 de marzo é o Día da muller, non so na planta baixa do instituto, senón tamén nas plantas superiores.
Bo traballo e feliz 8 de marzo!!

Video presentación do traballo feito nesta LIGAZÓN


venres, 6 de marzo de 2020

PREVENCIÓN ANTE O CORONAVIRUS


Ante a incidencia do Coronavirus, esta é a información que facilita a Consellería de Educación xunto coa Dirección Xeral de Saúde Pública como medidas de prevención.
Ligazón á páxina web da Consellería AQUÍ.

mércores, 4 de marzo de 2020

VIDEO INFORMATIVO CON INSTRUCCIÓNS SOBRE AS PROBAS ABAU 2020


A CIUG ven den difundir en video informativo coas instruccións para as probas ABAU 2020 que fará todo o alumnado que finalice 2ºBAC este curso.

Video:


luns, 2 de marzo de 2020

PROXECTO DEPORTIVO: FÚTBOL E VOLEIBOL


Xa están os calendarios dos partidos de fútbol e voleibol dos recreos para este mes de marzo. Tamén os podedes consultar na porta do ximnasio. Botádelles un ollo para non despistarvos. No primeirr recreo do martes e o segundo do venres seguiremos co baile. Grazas a todas e todos pola vosa colaboración"

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores