Grazas á colaboración do Programa Falamos Secundaria que promove o Servizo de Dinamización da Lingua Galega do Concello da Coruña, o alumnado de 1º da ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste puido facer unha viaxe sonora pola historia da literatura galega da man dun Cicerone excepcional, o músico Fran Amil.
Esta singradura sonora iniciou a aventura -desde o conforto dos asentos do Centro Ágora- retornando para o século XII, visitando en chave pop xoias do noso cancioneiro medieval.
A partir de aí, salto temporal até o século XIX coa complicidade amiga de Rosalía de Castro. E esperando por nós, no tempo das Irmandades da Fala, iniciamos o século XX con Luís Amado Carballo. Atrás del apreceron aínda Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Avilés de Taramancos. Popsía.
Houbo tempo nesta aventura para o soul, o funky, o reggae, o rock. Exectutado brillantemente por unha banda na que houbo solos de teclado, guitarra, baixo, saxofón e gaita.
Foi un pracer contar cun público tan sabedor e tan entregado. Moitas grazas por compartir con nós un momento tan especial. Carlos Amil
ResponderEliminar