martes, 31 de xaneiro de 2023

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO DE AVALIACIÓN NOS CURSOS DA ESO CURSO 22-23


 Achegamos o novo calendario de avaliacións cos cambios aprobados polo Consello Escolar para adaptar ás novas normas comunicadas pola Consellería.
As adaptacións afecta aos cursos da ESO non ao Bacharelato.


2ª AVALIACIÓN

2º BAC: 27 FEBRERO.

1ºBAC: 1 MARZO

Cursos ESO: 13 e 15 MARZO

3ª AVALIACIÓN ORDINARIA

2º BAC: 15 MAIO (depende das ABAU).

1ºBAC: 5 XUÑO.

Cursos ESO 3ªAVALIACIÓN e FINAL: 22 XUÑO.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA BACs: 22 XUÑO.

mércores, 25 de xaneiro de 2023

CONVOCATORIA "IDIOMAS DO MUNDO 2023" DO CONCELLO DE A CORUÑA

 


Achegamos bases e información relativa á apertura do prazo de inscrición para participar no programa Idiomas do Mundo 2023, que subvenciona estancias durante un mes en Irlanda, Francia e Portugal para o alumnado de 1º de Bacharelato e que estudou 4º da ESO no curso pasado.

 
Desde mañá mércores e ata o 9 de febreiro xa estará aberto o prazo de inscrición para as solicitudes de participación no programa Idiomas do Mundo 2023, que ofrece a oportunidade ao alumnado que cursa 1º de Bacharelato o presente curso 2022-23 de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán para mellorar a súa competencia en idiomas estranxeiros. O prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de xaneiro ata o 7 de febreiro, ambos días incluídos.

A convocatoria establece un mínimo de dez estancias durante catro semanas, preferentemente no mes de xullo, en Irlanda, Francia e Portugal, para polo menos un total de trinta entre os tres destinos.
 
Os requisitos para poder participar no programa son os de estar empadroado no Concello da Coruña con algún proxenitor ou representante legal no momento da solicitude, estar a cursar 1º de Bacharelato nun centro educativo da cidade, obter unha cualificación media de 7 en 4º de ESO e non contar con ningunha materia suspensa, obter unha cualificación mínimo de 8 en 4º de ESO na materia de lingua estranxeira para a que se solicita praza (inglés, francés, portugués ou galego), aínda que no caso de cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a nota obtida nesta; e estar en posesión do DNI, pasaporte ou NIF, ademais de dispoñer con 15 días de antelación ao comezo da estancia do visado, no caso de que sexa necesario por parte da persoa solicitante.
 
O alumnado seleccionado poderá ser beneficiario dunha subvención total ou parcial en función das circunstancias económicas familiares, segundo unha táboa que figura nas bases do programa. O importe do custo/praza está aínda por determinar.
 
baremación das solicitudes realizarase de acordo á nota media obtida en 4º de ESO, ata un máximo de 6 puntos, de tal maneira que se a nota media é superior a 7 e igual ou inferior a 8 outorgarase 2 puntos; se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, serán 4 puntos, e se é superior a 9, serán 6 puntos. A cualificación de lingua estranxeira estará valorada en 3 puntos se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, e de 6 puntos se é superior a 9. Cando se acredite a existencia dunha situación de discapacidade da persoa solicitante nun grao igual ou superior ao 33% outorgaránselle 2 puntos na baremación.
 
A renda económica familiar non será baremada aínda que permitirá establecer a porcentaxe de subvención por parte do Concello e a achega que terán que realizar as persoas solicitantes en caso de non ser beneficiarios dunha subvención total.
 
A inscrición terá que ser realizada a través de calquera dos rexistros municipais (María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Ágora e centro cívico de Mesoiro) solicitando cita previa, no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2012, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
Para formalizar a inscrición será necesario achegar toda a documentación, recollida nas bases que se poden consultar na web educativa www.coruna.gal/educacion
 
Para máis información:  
educación@coruna.es
981184200, extensión 12114

A INAUGURACIÓN DOS "21 DÍAS CO GALEGO" NO "RAFAEL DIESTE" NA PRENSA LOCAL

Foto: Xunta_"La Voz de Galicia"

Onte anunciamos o acto de inauguración do programa "21 días co Galego" no noso centro e hoxe aparece recollido na prensa local como podedes acceder na seguinte ligazón: 

Arranca a quinta edición do programa 21 días co galego con máis de 4.500 participantes de doce centros educativos ("La Voz De Galicia")



 

martes, 24 de xaneiro de 2023

INAUGURACIÓN PROGRAMA "21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS" NO "RAFAEL DIESTE"


 Hoxe, martes 24 de xaneiro, acollemos no noso centro a inauguración oficial do programa 21 Días co galego e máis. O acto, que se celebrará no salón de actos coa a asistencia do alumnado a partir das 12:30h, contará coas intervencións de:

 

- Mateo Torres, director do centro
- Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística
- José Manuel Álvarez Bértolo, Director xeral de Centros e Recursos Humanos
- Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega
- Pilar Ponte, profesora e coordinadora do programa 21 Días co galego e máis.
 

Serán convidados tamén: o Xefe territorial, o Delegado provincial e o inspector do centro.

Toda a información sobre o programa pode seguirse en:

FACEBOOK - 21 DÍAS CO GALEGO

TWITTER - 21 DÍAS CO GALEGO

INSTAGRAM - 21 DÍAS CO GALEGO

 


luns, 23 de xaneiro de 2023

ALUMNADO NOSO NA OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2023


O pasado venres 20 de xaneiro, alumnado de Bacharelato do noso centro estiveron en Santiago na Olimpíada Filosófica de Galicia. 
Tiago e María Mariño, de 2º de bacharaleto, e Angélica, Elís e Martín Golán, de 1º, participaron na Olimpiada filosófica que este curso se centraba no tema da migración, xustiza e globalización. Moita sorte a todos eles!!

VISITA GUIADA DO ALUMNADO DE 1ºESO Á BIBLIOTECA DO "ÁGORA"


 O alumnado de 1ºda ESO realizou unha visita guiada á biblioteca municipal Ágora.

venres, 20 de xaneiro de 2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023 PARA PRESENTACIÓN DO INSTITUTO ÁS FAMILIAS


 

O vindeiro xoves 26 de xaneiro, ás 18:00 h, faremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro ás familias.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá:
a) Solicitudes de reserva: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023.
b) Solicitudes ordinarias de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

martes, 17 de xaneiro de 2023

VISÍTANOS O ESCRITOR FERNANDO LALANA

Recibimos unha nova visita do escritor zaragozano Fernando Lalana, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, entre outros moitos, quen falou da súa actividade literaria ante o alumnado de 3ºESO.

















 

venres, 13 de xaneiro de 2023

A NOSA RADIO E BIBLIOTECA AO SERVICIO DA DIVULGACIÓN HISTÓRICA



A profesora do Departamento de Historia, Isabel González realizou ao longo do primeiro trimestre unha serie de actividades utilizando os recursos que ofrece a biblioteca do centro: 

- na Radio, a alumnado locutou e editou; 

- na Biblioteca, a rapazada elaborou unha exposición sobre Tutamkamon. 

Como resultado da exposición "Cen anos con Tutankamon", fixeron un breve vídeo do que en conxunto, foi esta actividade:


E para poder escoitar unha selección dos traballos na radio, pódedes acceder nesta ligazón ao blog da Biblioteca ArquivosDoTrasno.

VISITA AO CIQUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


 Alumnado de 2ºBAC de Ciencias visitaron o CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela.



luns, 9 de xaneiro de 2023

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores