Alumnado de 4ºESO e 1º e 2º de Bacharelato asistiron estes pasados días 22, 27 e 28 de setembro a unhas charlas sobre Voluntariado e Ocio Saudable a cargo da ONG Simbiose.
Amosando publicacións coa etiqueta 22/23 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 22/23 b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de setembro de 2023
mércores, 12 de xullo de 2023
ENTREVISTA RADIOFÓNICA ÁS NOSAS GAÑADORAS DO PREMIO "ISABEL ZENDAL"
O pasado xoves 6 de xullo, entrevistaron en Radio InterCoruña ás alumnas do noso centro gañadoras do premio "ISABEL ZENDAL":
NEREA CERVERA RIVERA (3ºA),
SOFÍA CAROU BARREIRO (2ºA) e
VALERIA RODRÍGUEZ RAMOS (2ºA)
e á nosa profesora de lingua castelá MERCEDES GARROTE .
Hoxe recibimos as fotos e o audio da entrevista, que tedes abaixo.
Podedes escoitar o audio da entrevista:
xoves, 29 de xuño de 2023
GRADUACIÓN FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 4ºESO 2023
Por segunda vez, o pasado luns tivemos a graduación de fin de etapa do alumnado de 4ºESO. O alumnado e profesorado deste nivel reuníuse no Salón de Actos de noso instituto para celebrar o fin de etapa e, nalgún caso, a despedida do alumnado que xa non seguirá no centro ao dirixirse cara a outros estudios.
Houbo actuacións e discursos do director Mateo Torres Neira e varios profesores Alberto Pombo Añón (titor dun grupo de 4º), Arcadio González Novoa e a visita dunha antigua profesora de galego do centro Dores Castro Villar.
Sorte para todo o alumnado!
martes, 27 de xuño de 2023
ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA
Foto: Jesús Castro ("El Correo Gallego")
O alumnado cos mellores expedientes académicos nas probas de ABAU neste curso 2022-23, tiveron o pasado xoves un acto de recoñecemento dos seus méritos académicos no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.
Entre eles estaban 6 estudiantes do noso centro que acadaron boas notas tanto nas ABAU como nas calificacións de 2ºBAC. Citados por orde alfabética:
- ALBA FILGUEIRA FERNÁNDEZ
- ANA PITA GISMERO
- BRUNO CAROU BARREIRO
- HUGO MOSQUEIRA BUDIÑO
- JULIA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
- NICOLÁS LOZANO LÓPEZ
Parabéns para todos eles!
mércores, 21 de xuño de 2023
EXPOSICIÓN TRABALLOS TECNOLOXÍA 1ºESO
Durante estes últimos días lectivos, o patio central do noso instituto acolle unha exposición dos traballos feitos ao longo do curso na asignatura de Tecnoloxía de 1ºESO coa profesora Seila Vázquez Vaquero.
martes, 20 de xuño de 2023
ROTEIRO URBANO LUGRÍS
O alumnado voluntario da biblioteca participou hoxe nunha actividades organizada polo IES Urbano Lugris e destinada a coñecer a obra do pintor en A Coruña, a súa cidade natal, onde viviu e deixou a súa pegada.
VISITA Á BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN
Para rematar o curso, o alumnado dos clubes de lectura visitou onte a Biblioteca "Rosalía de Castro". Curiosidades e historias sobre o patrimonio de A Coruña que se atopan no depósito desta biblioteca.
sábado, 17 de xuño de 2023
XORNADA DE SENDERISMO CO ALUMNADO DE MEDIACIÓN E DO PLAN INCLÚE-T
Para celebrar o traballo feito ao longo do curso, estes dous grupos pasaron a mañá do venres 16 camiñando xuntos. Dende a praia de Bastiagueiro ata o castillo de Santa Cruz, disfrutaron do día estupendo como anticipo das vacacións de verán. Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración na marcha do instituto.
venres, 16 de xuño de 2023
CHARLA DE ÓSCAR HUERTAS SOBRE SAÚDE MENTAL
O xoves 15 de xuño tivemos nas clases de 1º da ESO C e D a Óscar Huertas Rosales.
De Granada, Óscar licenciouse na devandita
universidade no 2010. Ten ademais un Máster
en Biotecnoloxía Agroforestal 2012
(Universidade Politécnica de Madrid). Neste
momento, Óscar é técnico de comunicación e
divulgación científica no CICA onde fai unha
labor de contar á sociedade no que neste
centro traballase e investiga. Actualmente
atópase a traballar nun proxecto de saúde
mental para adolescentes MenteScopia.
Óscar veu falarnos de saúde mental: prevención, sen estigmatizar, mostrando recursos
para coidala, involucrando aos chavales e respondendo as súas preguntas.
xoves, 15 de xuño de 2023
RETORNO AO MEDIEVO NA BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE" + VIDEO TELEXORNAL MEDIEVAL
Estes días celebráronse unhas xoranadas medievais desfrutando dos xogos que fixo o alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO coa profesora da asignatura Isabel González. Previamente, o alumnado deste nivel realizara unha excursión ata o Castelo de Moeche. Para repasar o estudiado nas aulas, este mesmo alumnado elaborou xogos medievais. Son reinterpretacións de xogos de mesa de toda a vida pero en versión medieval. Xogamos na biblioteca, con algo de ambientación.
Nas última fotos superiores a profesora Isabel González e profesores do equipo de biblioteca (Beatriz Cuetsa, Ramón Barreiro e Arcadio González) caracterizados para a ocasión.
Tamén engadimos o telexornal do medievo elaborado polo alumnado de 2ºESO:
mércores, 14 de xuño de 2023
AS CAMPAÑAS DE PROMOCIÓN DO GALEGO DO "RAFAEL DIESTE" NA PRENSA LOCAL E NOS MEDIOS
E tamén en "LA VOZ DE GALICIA":
Na campaña #aquítaménsefala toca ir facendo agradecementos...
Hoxe volveunos visitar un xornalista de "La Voz de Galicia" para entrevistar a catro rapazas envolvidas no proxecto e que falaron en nome dos seus compañeiros e compañeiras: Juliana, Sofía, Carmen e Carla (foto superior e video da entrevista ao final desta entrada).
Esta visita que nos fixo hoxe Jorge Noya, súmase entón ás de:
- Laura Mateo (Quincemil - El Español),
- Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña),
- Kiko Novoa, Silvia Pereira e Yolanda López (Radio Galega),
- Gema Malvido e Víctor Echave (La Opinión de A Coruña),
- Olga Suárez (La Voz de Galicia),
- Luis Manuel Iglesias (Cadena SER),
- Bernardo Penabade (Proxecto Neo / Radio Burela / Radio Piratona / Cuac FM),
- Senlheire (Galicia Livre)
e as persoas que o recolleron noutros espazos: Observatorio da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, etc...
A todos e todas, obrigado pola acollida e esta difusión nos medios.
E o momento tamén de recoñecer o esforzo da rapazada, e o enorme traballo de dinamización que desesnvolveron cada un e cada unha deles. Porque levaron adiante a maior campaña de dinamización da lingua feita por rapaces. A maior feita polos propios veciños e veciñas dos barrios. E poden ter orgullo por teren realizado unha acción tan nobre! (Mais de 500 establecementos participan).
Xa ninguén poderá cuestionalo: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas

















































