venres, 25 de maio de 2018

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 'RAFAEL DIESTE' 2018


Hoxe á tardiña despedimos outra nova promoción de alumnado do IES Plurilingüe 'Rafael Dieste', a promoción 2012-2018. O acto tivo lugar no Auditorio 'Andrés Gaos' do veciño Conservatorio Superior de Música. E como cada ano, discursos, videos, actuacións e lembranzas repasaron o paso deste grupo de alumnado polo noso instituto.
Tedes fotos dos momentos máis salientables e ao final podedes ver videos con fragmentos dos discursos do director (Fernando Gómez Sal), os titores dos dous grupos de 2ºBac (Inma Mato e Eloi Rodríguez), o profesor de Lingua Castelá (Carlos Blanco), e os dos alumnos (Paula Conde, Andrea Núñez e Iago Mora) e as dúas actuacións (Miguel Alcaide, María Alcaide e Luisana Álvarez).

Noraboa e sorte a tod@s!

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish


Presentadores da gala: Uxía Soneira e Jonathan Suárez.

O discurso do director, Fernando Gómez e a lectura do poema "A cuantos aman la azul lejanía" de Robert Louis Stevenson.

O discurso da titora de 2ºBac-A, Inma Mato.

O discurso do titor de 2ºBac-B, Eloi Rodríguez.

Actuación de Miguel Alcaide ao clarinete.

Discurso do profesor de Lingua e Literatura Castelá de 2ºBac, Carlos Blanco.

Discurso da alumna Paula Conde, en representación do grupo 2ºBac-A

Actuación de María Alcaide (voz) e Luisana Álvarez Monsalve (guitarra).

Discurso  de Andrea Núñez e Iago Mora, representando o grupo 2ºBac-B



Videos discursos e actuacións da Graduación 'Rafael Dieste' 2018:

mércores, 23 de maio de 2018

SOLICITUDES FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2018-19

Aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar do curso 2018-19.
Información e aplicación para solicitar nas seguintes ligazóns:



Prazo do 22 de maio ao 22 de xuño.
(DOG. nº95, 21 maio 2018)


IES PLURILINGÜE RAFAEL DIESTE
Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/2019. DOG Núm. 95 (luns 21 de maio de 2018)
DESTINATARIOS
Todo o alumnado que no vindeiro curso 2018/2019 curse 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO deberá realizar a solicitude, incluso os que teñan materias suspensasantes do 22 de xuño.
Fondo solidario de libros de texto
O alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO recibirá:
- 6 libros para renda per cápita familiar  5.400 €.
- 4 libros para renda per cápita familiar  9.000 €.
Axudas para adquirir libros de texto
-180 € para alumnado con NEAE e renta per cápita familiar  5.400 €.
-104 € para alumnado con NEAE e renta per cápita familiar  9.000 €.
-250 € (ou 6 libros) para alumnado con discapacidade  ao 65%. 250 € para Ed. Especial.
Axudas para adquirir material escolar
- 50 € para o alumnado da ESO con renda per cápita familiar ≤ 5.400€, alumnado con necesidades educativas (NEAE), ou con discapacidade  ao 65% ou de Educación Especial.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Na convocatoria actual poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e poderán optar polas seguintes formas de presentación:
Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro, debidamente asinados, xunto coa documentación.
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. (https://sede.xunta.gal)
Documentación necesaria no caso de presentación no centro educativo:
1. Solicitude (anexo Ie anexo II, unha única solicitude para cada familia con fillos admitidos no mesmo centro.
2. Copia e orixinal do libro de familia.
Documentación complementaria, se procede:
3. Copia e orixinal do certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
4. Copia e orixinal da documentación xustificativa da situación da violencia de xénero no ámbito familiar.
5. Copia e orixinal da resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
6. Copia e orixinal da resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
7. Copia e orixinal do certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
CALENDARIO
Trámites
Prazo
Observacións
Devolución de libros texto para alumnado que cursou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO no curso 2017/18
Ata o 25 de xuño. Para as materias suspensas ata que se examine, e como máximo ata o 7 de setembro de 2018
A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para material escolar no curso 2018/19
Presentación solicitudes
Do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018
Os repetidores de 4ºESO terán de prazo 1 mes desde a formalización da matrícula en setem.
Publicación listaxe provisional
12 de xullo de 2018
Haberá dous días para a presentación de reclamacións
Entrega vales de axudas en xuño
Do 16 ao 24 de xullo
Publicación listaxe definitiva
14 de setembro de 2018
Entrega vales axudas en setembro
Do 17 ao 2de setembro de 2018
Entrega de libros de texto
Do 17 ao 28 de setembro de 2018



Darase ao alumnado un documento de entrega para ser asinado polo pai, nai, titor/a ou representante legal.

ENTREGA DE NOTAS FINAIS 2ºBAC

HOXE
ENTRÉGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 3ª AVALIACIÓN 
DO ALUMNADO
DE 2ºBAC

mércores, 16 de maio de 2018

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' EN PARÍS

Notre Dame

Estes días alumnado de Francés de 1ºBAC disfrutan duns días de visita por París. Aquí a colección de fotos da súa visita en lugares emblemáticos da capital francesa.

Jardins de Luxembourg

Hotel de Ville

Place des Vosges

Pompidou

Sacre Coeur - Montmartre

VISITA Á ESCOLA ECOLÓXICA DO CENTRO DE REINSERCIÓN SOCIAL "A RAÍÑA"


Onte mércores 15 de maio un grupo de alumnado de varios grupos do noso centro visitou a Escola Ecolóxica do Centro de Reinserción Social "A Raíña", nunha viaxe organizada por Vicedirección e o Departamento de Relixión Católica.






martes, 15 de maio de 2018

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA: ESCALADA E PRIMEIROS AUXILIOS


Informamos hoxe de dúas actividades recientes organizadas polo Departamento de Educación Física. A primeira, unha actividade de escalada, realizada no Pavillón polideportivo de Riazor, ao que asistiu o alumnado de 3ºESO.
A segunda, unha actividade de primeiros auxilios e defensa persoal que realizarán todos os niveis, nas fotos inferiores con alumnado de 1ºBAC.


venres, 11 de maio de 2018

PREMIOS EXTRAODRINARIOS DE BACHARELATO E ESO 2017/18



Veñen de convocarse os Premios Extraordinarios de Bacharelato e Educación Secundaria Obrigatoria correspondentes ao curso 2017/18, para todo o alumnado que cursase estudos de Bacharelato ou 4ºESO nun centro docente de Galicia e fora proposto para título correspondente cunha nota media igual ou superior a 8,75 (en Bac) e 9 (na ESO), respectivamente.

O texto completo pódese consultar na Base de Datos nacional de subvencións, nesta ligazón: http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
Indentificadores:
- Bacharelato: BDNS: 389474
- ESO: BDNS: 396874



Prazo de presentación de solicitudes:
- Bacharelato: Un mes contado a partir do 2 de maio 2018.
- ESO: Dende o 7 de xuño ata o 6 de xullo de 2018.

Horario e lugar de realización das probas de Bacharelato na provincia de A Coruña:
22 de xuño: presentación ás 9:30h.
Primeira parte da proba: 10:15h a 12:15h.
Segunda parte da proba: 12:45h a 13:45h.
Lugar: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso
              R/ Someso, nº6, A CORUÑA

Horario e lugar de realización das probas de ESO na provincia de A Coruña:
6 de setembro: presentación ás 9:15h.
Primeira parte da proba: 10:00h a 12:00h.
Segunda parte da proba: 12:30h a 14:30h.
Lugar: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, 
             R/ Someso, nº6, A CORUÑA



mércores, 9 de maio de 2018

APADRIÑANDO NOVOS LECTORES DENDE 'BIBLIODIESTE'



Unha das actividades mais gratificantes das organizadas pola nosa Biblioteca é o programa de "Apadriñar Lectores". Consiste en fomentar a lectura a través de varias actividades multidisciplinares interrelacionadas. 
Este é o segundo curso consecutivo que recibimos ao alumnado de 6º de Educación Infantil dos nosos centros de primaria adscritos ("Prácticas" e "San Pedro de Visma") para compartir a aventura de experimentos, contacontos e lectura. Pero xa tivemos experiencias en cursos anteriores, tamén.
Podedes seguir todas as aventuras vividas ata o momento nesta ligazón:

luns, 7 de maio de 2018

SOMOS UN INSTITUTO DE CAMPIOAS!


Vimos de coñecer dúas noticias sobre a forza coa que veñen as novas xeracións de rapazas no eido deportivo. Ambas as dúas vinculadas ao noso instituto. 

Unha é actualmente alumna de 1ºESO-B e a quen xa nunha entrada anterior felicitamos (AQUÍ). Trátase de EDNA JUDITH FERNÁNDEZ BONILLA, que o pasado sábado proclamouse campioa galega de patinaxe na modalidade de "Solo Dance" 2018. E grazas a iso, foi elexida pola Federación Galega de Patinaxe para representarnos nesta modalidade no Campionato de España.

Outro é unha ex-alumna do centro IRENE BLANCO, que aparece nun video de 'El País', como deportista de alto nivel na disciplina de halterofilia. Ligazón: AQUÍ.


Parabéns para ás dúas campioas!!!

mércores, 2 de maio de 2018

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' EN PRÁCTICAS NA 'DOMUS'



O alumnado de 4º ESO e Bacharelato realizaron durante o mes de abril  Prácticas na Domus;  nos seus laboratorios abertos
As prácticas son posibles grazas a colaboración dos Museos Científicos Coruñeses e a páxina de biomedicina Xplore Health relacionada con Irsicaixa

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores