venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022: VOLVE A FESTA AO "RAFAEL DIESTE"

 

Este ano regresaron os disfraces ao patio central do noso instituto para celebrar o Entroido 2022, aquí deixamos algunhas fotos... desexándovos un bo Entroido a tod@s!














xoves, 24 de febreiro de 2022

CONCURSO DE TEXTOS MEDIEVAIS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


 O Equipo de Dinamización Lingüística e e o Departamento de Galego veñen de organizar un concurso de textos medievais. Estes son os traballos presentados polo alumnado.




xoves, 17 de febreiro de 2022

XIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA: PARTICIPACIÓN DO IES 'RAFAEL DIESTE'

Onte mércores 16 de febreiro o IES Rafael Dieste fomos con 6 alumnos a XIII Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou na Facultade de Ciencias da UDC no Campus da Zapateira. A Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT, (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Polo noso centro foron alumnado de 1ºBAC A e B:

Antía González Fandiño
• Marina Mosteiro Romero
• Camila Nogueira Ruidiaz
• Karen Sofía Suárez Dávila
• Brais Espinosa Castro
• Samuel Rodríguez Barroso

Toda información completa do evento no blog: - LABORATORIO DE CIENCIAS.

 

martes, 15 de febreiro de 2022

ACTUALIZACIÓN: NOVO CALENDARIO E DATAS AVALIACIÓNS CURSO 2021-22


 Achegamos o novo calendario escolar adaptado á nova terminoloxía e cos cambios nas datas 3ª avaliación 2º BAC. Anula o publicado previamente.

Día do Ensino: 11 de outubro. Días non lectivos solicitados polo centro: 7 de decembro e 16 de maio.

AVISO: SIMULACRO DE EVACUACIÓN


Vaise realizar próximamente un simulacro de evacuación de emerxencia no IES Plurilingüe "Rafael Dieste".

Ligazóns:

luns, 14 de febreiro de 2022

11-F 2022: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA






A semana pasada do 7 ao 11 de febreiro, no noso instituto celebramos o Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia (11-Feb) cunha serie de actividades, organizadas polo Departamento de Bioloxía





Para coñecelas todas en detalle tedes toda a información no blog de ciencias nesta ligazón: LABORATORIO DE CIENCIAS-11-F 2020


venres, 11 de febreiro de 2022

OS CLUBES DE LECTURA DO 'RAFAEL DIESTE' 2021-22


Os nosos clubes de lectura seguen traballando e disfrutando da lectura. Temos grupos nos niveis de 2º, 3º e 4º da ESO. Podedes seguir as súas lecturas no blog da nosa Biblioteca:

xoves, 10 de febreiro de 2022

CONCELLO DE A CORUÑA: CONVOCATORIA "IDIOMAS DO MUNDO 2022"


 O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2021-22, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2022, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Destinos e prazas: Irlanda, 37 prazas / Francia, 10 prazas / Portugal, 10 prazas / Alemaña ou Austria, 3 prazas.

Toda a información na web do concello: "Idiomas do mundo".

mércores, 2 de febreiro de 2022

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2022: UNHA VISITA VIRTUAL AO IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE"

 


Este curso ao non ser posible facer as xornadas de portas abertas presencialmente, propoñémosvos una visita virtual ao noso centro. Neste video podedes ver as nosas instalacións e a todas as actividades que desenvolvemos.

martes, 1 de febreiro de 2022

ESPIDO FREIRE VISITA O "RAFAEL DIESTE"

Foto: Víctor Echave / La Opinión de A Coruña



Hoxe visítanos a escritora Espido Freire a partir das 12:30h.
Os grupos que asistirán á súa charla son os cinco de 2º de ESO no salón de actos. A autora falaranos sobre El chico de la flecha, narración que inicia unha triloxía xuvenil ambientada na Emérita Augusta do século I
Ligazón ao artigo na prensa ("La Opinión de A Coruña")

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores