xoves, 29 de xuño de 2023

GRADUACIÓN FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 4ºESO 2023







Por segunda vez, o pasado luns tivemos a graduación de fin de etapa do alumnado de 4ºESO. O alumnado e profesorado deste nivel reuníuse no Salón de Actos de noso instituto para celebrar o fin de etapa e, nalgún caso, a despedida do alumnado que xa non seguirá no centro ao dirixirse cara a outros estudios. 
Houbo actuacións e discursos do director Mateo Torres Neira e varios profesores Alberto Pombo Añón (titor dun grupo de 4º), Arcadio González Novoa e a visita dunha antigua profesora de galego do centro Dores Castro Villar.
Sorte para todo o alumnado!

mércores, 28 de xuño de 2023

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24


 Incluímos a ligazón á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023-24.  Hai cambios de texto principalmente nos cursos pares (2º e 4ºESO e 2ºBAC) debido á implantación da nova lei educativa LOMLOE.

- LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

martes, 27 de xuño de 2023

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA

Foto: Jesús Castro ("El Correo Gallego")

  O alumnado cos mellores expedientes académicos nas probas de ABAU neste curso 2022-23, tiveron o pasado xoves un acto de recoñecemento dos seus méritos académicos no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.
Entre eles estaban 6 estudiantes do noso centro que acadaron boas notas tanto nas ABAU como nas calificacións de 2ºBAC. Citados por orde alfabética:

- ALBA FILGUEIRA FERNÁNDEZ
- ANA PITA GISMERO
- BRUNO CAROU BARREIRO
- HUGO MOSQUEIRA BUDIÑO
- JULIA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
- NICOLÁS LOZANO LÓPEZ

Parabéns para todos eles!


venres, 23 de xuño de 2023

O "RAFAEL DIESTE" SEGUNDO CENTRO PÚBLICO DA CIDADE DE A CORUÑA POR NOTA NAS ABAU 2023



 


A media do centro foi un 7,3, somos o 5º centro da cidade de A Coruña por nota e o considerando so centros públicos. No ámbito de toda Galicia estamos no posto 18º do medio centenar de centros galegos que acadaron a media de 7 ou superior. (Gráficos de "La Voz de Galicia")

mércores, 21 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN TRABALLOS TECNOLOXÍA 1ºESO







 Durante estes últimos días lectivos, o patio central do noso instituto acolle unha exposición dos traballos feitos ao longo do curso na asignatura de Tecnoloxía de 1ºESO coa profesora Seila Vázquez Vaquero.

martes, 20 de xuño de 2023

ROTEIRO URBANO LUGRÍS







 



O alumnado voluntario da biblioteca participou hoxe nunha actividades organizada polo IES Urbano Lugris e destinada a coñecer a obra do pintor en A Coruña, a súa cidade natal,  onde viviu e deixou a súa pegada.

VISITA Á BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN

Para rematar o curso, o alumnado dos clubes de lectura visitou onte a Biblioteca "Rosalía de Castro". Curiosidades e historias sobre o patrimonio de A Coruña que se atopan no depósito desta biblioteca.





 

sábado, 17 de xuño de 2023

XORNADA DE SENDERISMO CO ALUMNADO DE MEDIACIÓN E DO PLAN INCLÚE-T


 



Para celebrar o traballo feito ao longo do curso, estes dous grupos pasaron a mañá do venres 16  camiñando xuntos. Dende a praia de Bastiagueiro ata o castillo de Santa Cruz, disfrutaron do día estupendo como anticipo das vacacións de verán. Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración na marcha do instituto.

venres, 16 de xuño de 2023

CHARLA DE ÓSCAR HUERTAS SOBRE SAÚDE MENTAL




O xoves 15 de xuño tivemos nas clases de 1º da ESO C e D a Óscar Huertas Rosales. De Granada, Óscar licenciouse na devandita universidade no 2010. Ten ademais un Máster en Biotecnoloxía Agroforestal 2012 (Universidade Politécnica de Madrid). Neste momento, Óscar é técnico de comunicación e divulgación científica no CICA onde fai unha labor de contar á sociedade no que neste centro traballase e investiga. Actualmente atópase a traballar nun proxecto de saúde mental para adolescentes MenteScopia. Óscar veu falarnos de saúde mental: prevención, sen estigmatizar, mostrando recursos para coidala, involucrando aos chavales e respondendo as súas preguntas.

xoves, 15 de xuño de 2023

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE": 100% APROBADOS NA ABAU XUÑO 2023






100% APROBADOS DO IES "RAFAEL DIESTE"
 

Publicados os resultados dos exames de ABAU da convocatoria de Xuño 2023, aprobaron os 54 estudiantes presentados polo noso centro.  Incluimos gráficos de porcentaxes de alumnado por rango de calificacións. A media do centro foi un 7,31, somos o 4º centro da cidade de A Coruña por nota e o 2º, considerando so centros públicos. Unha moi boa promoción! 

Parabéns para todos eles!! 
Todo un éxito para a nosa comunidade educativa!





INFORMACIÓN FIN DE CURSO 2023: CALENDARIO E MATRÍCULA


 

- INFORMACIÓN EN FORMATO PDF: CALENDARIO FIN DE CURSO 2023

RETORNO AO MEDIEVO NA BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE" + VIDEO TELEXORNAL MEDIEVAL






Estes días celebráronse unhas xoranadas medievais desfrutando dos xogos que fixo o alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO coa profesora da asignatura Isabel González. Previamente, o alumnado deste nivel realizara unha excursión ata o Castelo de Moeche. Para repasar o estudiado nas aulas, este mesmo alumnado elaborou xogos medievais. Son reinterpretacións de xogos de mesa de toda a vida pero en versión medieval. Xogamos na biblioteca, con algo de ambientación.
Nas última fotos superiores a profesora Isabel González e profesores do equipo de biblioteca  (Beatriz Cuetsa, Ramón Barreiro e Arcadio González) caracterizados para a ocasión.
Tamén engadimos o telexornal do medievo elaborado polo alumnado de 2ºESO:    

mércores, 14 de xuño de 2023

AS CAMPAÑAS DE PROMOCIÓN DO GALEGO DO "RAFAEL DIESTE" NA PRENSA LOCAL E NOS MEDIOS




A actividade apareceu na prensa local: "LA OPINIÓN DE A CORUÑA" (6/6/23)



E tamén en "LA VOZ DE GALICIA":



Na campaña #aquítaménsefala toca ir facendo agradecementos... 
Hoxe volveunos visitar un xornalista de "La Voz de Galicia" para entrevistar a catro rapazas envolvidas no proxecto e que falaron en nome dos seus compañeiros e compañeiras: Juliana, Sofía, Carmen e Carla (foto superior e video da entrevista ao final desta entrada).

Esta visita que nos fixo hoxe Jorge Noya, súmase entón ás de:

- Laura Mateo (Quincemil - El Español),
- Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña),
- Kiko Novoa, Silvia Pereira e Yolanda López (Radio Galega),
- Gema Malvido e Víctor Echave (La Opinión de A Coruña), 
- Olga Suárez (La Voz de Galicia), 
- Luis Manuel Iglesias (Cadena SER),
- Bernardo Penabade (Proxecto Neo / Radio Burela / Radio Piratona / Cuac FM),
- Senlheire (Galicia Livre)
e as persoas que o recolleron noutros espazos: Observatorio da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, etc...

A todos e todas, obrigado pola acollida e esta difusión nos medios.

E o momento tamén de recoñecer o esforzo da rapazada, e o enorme traballo de dinamización que desesnvolveron cada un e cada unha deles. Porque levaron adiante a maior campaña de dinamización da lingua feita por rapaces. A maior feita polos propios veciños e veciñas dos barrios. E poden ter orgullo por teren realizado unha acción tan nobre! (Mais de 500 establecementos participan).
Xa ninguén poderá cuestionalo: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO!

Video:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores