luns, 25 de xuño de 2018

SEMANA DA FRANCOFONÍA: EXPERIENCIAS DE VIVIR NUN PAÍS FRANCÓFONO


O Departamento de Francés do 'Rafael Dieste' dentro da semana da francofonía, invitou a familiares do alumnado que viviran ou fosen dalgún país francófono para que diran unha charla na clase do seu fillo/a ou amigo/a. Comparaban o país francófono con España, contando a súa experiencia e explicando a importancia de estudar idiomas para o seu futuro.
Participaron 3. Dúas nais de 2ºC: Ana, nai de Samuel que falou da súa infancia e xuventude en Suiza. Isabel, nai de Gabriel, que foi cursar estudos de posgrado en Francia. e un amigo da familia de Rocío de 2ºB, Juan, un francés que veu aquí con 14 anos. A experiencia foi moi enriquecedora, superando as expectativas.

ENTREGA DE NOTAS FINAIS E RECOLLIDA DE LIBROS DE ESO E 1ºBAC

HOXE
ENTRÉGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 3ª AVALIACIÓN 
DO ALUMNADO
DE ESO E 1ºBAC


Entrega de notas e recollida libros no seguinte horario, nas aulas dos titores correspondentes:
10.00 - B1 e S1
11.00 - S2
12.00 - S3
13.00 - S4

mércores, 6 de xuño de 2018

MATRÍCULA 2018-19 NO 'RAFAEL DIESTE'

Matrícula curso 2018-19 

1º ESO e 2º ESO - luns 25 e martes 26 de xuño
3º ESO e 4º ESO - mércores 27 e xoves 28 de xuño
Bacharelato - xoves 28 e venres 29 de xuño

Terán que matricularse nestas datas os alumnos/as que aproben todas as materias máis os que teñan unha ou dúas materias suspensas. 
(A matrícula dos alumnos que cursan actualmente 4º de ESO queda condicionada ao cumprimento dos criterios de titulación que se recollen no RRI: que o alumno se presente en Septembro ás probas das materias non superadas e realice a lo menos o 75% das mesmas).

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 
1. Impreso de matrícula. 
2. Fotocopia DNI, Pasaporte ou Libro de Familia. 
3. Dúas Fotos tamaño carnét. 
4. Orixinal e fotocopia das últimas cualificacións. 
5. Seguro Escolar (só para 3º,4º e Bach). Abónase en conserxería: 1,12€
6. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria (só para alumnos de 1º e 2º ESO)

venres, 1 de xuño de 2018

'RAFAEL DIESTE' SURFEANDO

Durante esta semana que remata, unha gran parte do alumnado do noso centro participou en distintos días da actividade de surf organizado polo Departamento de Educación Física na praia de Sabón.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores