venres, 27 de outubro de 2023

INTERCAMBIO 2023-24: REGRESAMOS A KRONBERG


 


Este curso 2023-24 volvemos a realizar o intercambio estudiantil co instituto Altkönigschule de KRONERG IM TAUNUS, perto de FrankfurtEsta actividade, organizada polo Departamento de Inglés, repítese con 20 estudiantes de 4ºESO e 1ºBAC. Será a segunda vez que facemos o intercambio con este centro, a primeira foi en 2019, e houbo un segundo intento no 2020 que foi cancelado pola pandemia. 
A estadía será desde o vindeiro luns 30 ata o 7 de novembro. No vindeiro mes de marzo será o turno do alumnado alemán en devolver a visita ao noso instituto.

Este é programa de actividades desta primeira parte: 

STUDENT EXCHANGE 2023: KRONBERG IM TAUNUS / FRANKFURT / MARBURG


xoves, 26 de outubro de 2023

SAÍDA DIDÁCTICA AO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL


 



O martes 24 de octubre o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía fixemos unha saída a o Xeoparque Cabo Ortegal. O xeólogo Fran Canosa explicounos petroloxía e xeomorfoloxía da zona. O Xeoparque ten ademáis dunha espectacular xeografía cos cantís dos máis altos de Europa, unha singularidade; é dos poucos lugares onde pódese ver parte do manto e codia mariña que cabalgou enriba do continente. É unha viaxe ao interior terrestre.

mércores, 25 de outubro de 2023

24-N: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA



Conmemoramos o día coa actividade "RECOMÉNDOCHE", no que o alumnado recomenda un libro que lle gustou moito e dibuxa a súa portada. Aquí podedes velas.




FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2023-24


Na Biblioteca xa comenzamos coa formación do alumnado voluntario que se incorpora este curso. Axudarán a facer os préstamos, xestionar os recursos da Biblioteca, colocar libros, orientar aos ususrios e usuarias, ....


XORNADA DE MÚSICA E POESÍA PARA O ALUMNADO DE 1ºESO

 






Grazas á colaboración do Programa Falamos Secundaria que promove o Servizo de Dinamización da Lingua Galega do Concello da Coruña, o alumnado de 1º da ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste puido facer unha viaxe sonora pola historia da literatura galega da man dun Cicerone excepcional, o músico Fran Amil.

Esta singradura sonora iniciou a aventura -desde o conforto dos asentos do Centro Ágora- retornando para o século XII, visitando en chave pop xoias do noso cancioneiro medieval. 

A partir de aí, salto temporal até o século XIX coa complicidade amiga de Rosalía de Castro. E esperando por nós, no tempo das Irmandades da Fala, iniciamos o século XX con Luís Amado Carballo. Atrás del apreceron aínda Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Avilés de Taramancos. Popsía. 

Houbo tempo nesta aventura para o soul, o funky, o reggae, o rock. Exectutado brillantemente por unha banda na que houbo solos de teclado, guitarra, baixo, saxofón e gaita. 

EXPOSICIÓN SYMPHONY DE LA CAIXA



O alumnado da asignatura de música de 4ºESO asistiron hoxe á exposición Simphony organizado pola Fundación la Caixa: Caixa Forum Symphony.

luns, 23 de outubro de 2023

CONCELLO: CONVOCATORIA "A CORUÑA NO MUNDO" BOLSAS USA 2023-24

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2023/24, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións: 

• Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE). 

• Residir e estar empadroado co seu pai, ou nai, ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña. 

• Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar do Concello da Coruña, no presente curso 2023-2024. 

• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación media de 6 puntos ou máis, e non ter ningunha materia suspensa. 

• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés). 

O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto dende o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos. 

Nesta edición introdúcense importantes novidades co obxectivo de poder abrir esta fantástica posibilidade a máis nenas e nenos, entre as que destacan: 

• A suba dos cartos de peto mensuais. 

• A posibilidade de obter unha cantidade adicional de 400 euros en concepto de gastos de preparación da viaxe. 

• Reducción das achegas das familias. Para poder informar polo miúdo das condicións das devanditas bolsas, realizaranse as seguintes charlas informativas para as familias: 

CENTRO CÍVICO DATA HORARIO CCM ROSALES 23 de octubre 16.00 a 18.00h

 CCM NOVO MESOIRO 23 de octubre 18.30 a 20.30h 

CCM MALLOS 24 de octubre 18.00 a 20.00h 

CCM MONELOS 25 de octubre 18.00 a 20.00h 

CCM MONTE ALTO 26 de octubre 18:00 a 20:00h 

CCM SAN DIEGO 27 de octubre 18.00 a 20.00h 

Co desexo de que participedes o maior número posible de rapaces e rapazas, para calquera dúbida podedes chamar ao 010, ao Servizo Municipal de Educación ou á Rede Municipal de Información Xuvenil (981184200). 

venres, 20 de outubro de 2023

CALENDARIO DE EXAMES DE ASIGNATURAS PENDENTES (1ª AVALIACIÓN. ENTRE 2 E 8 NOVEMBRO)


Aquí tedes a distribución dos exames das materias pendentes do curso anterior nas asignaturas que recuperan deste xeito. Serán entre o xoves 2 e o mércores 8 de novembro 2023.

luns, 16 de outubro de 2023

CONCURSO DE MANDALAS PARA CURSOS 1ºESO


 


Concurso artístico de mandalas de temática de outono para os grupos de 1ºESO. Os grupos gañadores foron 1ºESO-A e D, e o premio foi asistir ao recital de poesía no Ágora do Programa "Falamos Secundaria".

mércores, 4 de outubro de 2023

CONVOCATORIA PROBAS CERTIFICACIÓN IDIOMAS CURSO 2023-24


A Consellería de Educación da Xunta ven de convocar as probas de nivel lingüístico para alumnado de secundaria para o curso 2023-24, para todos aqueles interesados en realizar unha proba de certificación en lingua estranxeira (inglés ou francés) nos niveis B1, B2 ou C1. O requisito é asinar un compromiso oficial de asistencia e realización da proba e a entrega da mesma. O documento para asinar o comprimiso entregarase no momento da matrícula do alumnado. Só poderán facer o exame dunha das linguas (inglés ou francés).  O prazo de inscripción remata o 6 de novembro. Toda a información na ligazón que se inclúe abaixo:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores