Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xuñ19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xuñ19. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xullo de 2019

RACHANDO COS ESTEREOTIPOS DE ESPAÑA


O noso lector americano deste curso, Joshua DeYoung, preparou un video para un proxecto do seu programa de estadía, donde intenta rachar cos típicos estereotipos que representan habitualmente a España.
A idea detrás do video é mostrar a estudantes americanos, potenciais visitantes, que a imaxe que poidan ter do noso país a través dos  seus estereotipos (flamenco, paellas e toros) non encaixa co que realmente atoparán nas distintas rexións que o conforman. 
Joshua aparece no video tamén.

Video:
 

venres, 21 de xuño de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

 Hoxe venres 21 de xuño rematan as clases e celebramos no noso salón de actos o festival de fin de curso, en distintas sesións para que todo o alumnado poida disfrutalo.
Pasámolo ben coa alegría de saber que empezan as vacacións.
Que sexan boas para todos!




mércores, 19 de xuño de 2019

PARTICIPAMOS NO #EVOPOD02


Compartimos video dunha tertulia sobre a Evolución Humana con investigadores da Atapuerca na que participarou o noso alumnado de 4ºESO formulando preguntas.

Video:


venres, 7 de xuño de 2019

CONFERENCIA DE LLUÍS MONTOLIU: "EDITANDO XENES"



O Dr. Lluís Montoliu é xenetista e biotecnólogo, investigador en enfermidades raras, como albinismo, a través do uso de modelos animais editados xeneticamente con ferramentas CRISPR, do que é pioneiro no noso país, ferramentas posibles grazas aos descubrimentos en bacterias da salina de Santa Pola por un microbiólogo da Universidade de Alacante; Francisco Martínez Mojica.

Lluís Montoliu (Barcelona 1963) é licenciado (1986) e doutor (1990) en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Actualmente é investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) en Madrid. desde 1997. En 2007 foi nomeado científico titular no Centro Biomédico Español, Centro de Investigación de Redes en Enfermidades Raras (CIBERER).
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".





Hoxe recibimos no noso centro a visita do xenetista, biotecnólogo e investigador Lluís Montoliu quen impartíu a conferencia "Editando xenes" para o alumnado de ciencias de 4ºESO e 1ºBAC. Arriba as fotos durante e despois da conferencia. Ademáis, Lluís dedicou para a nosa biblioteca un dos seus libros. Nesta foto da esquerda aparece coa profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeira, diante da vitrina "Encontros do IES" da nosa biblioteca donde se atopa o seu libro.

venres, 31 de maio de 2019

MIGUEL MATO: CONFERENCIA PARA PRESENTAR O SEU NOVO LIBRO


Como xa prometera alá polo mes de xaneiro, cando presentou a súa última novela  "ADEUS, CAPITÁN WALTON", Miguel Mato, quen foi profesor de galego do noso instituto, veu hoxe a dar unha charla e presentalo diante do alumnado de Bacharelato. Moitos deles foran alumado seu non hai moito.



martes, 28 de maio de 2019

sábado, 25 de maio de 2019

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 'RAFAEL DIESTE 2019'


Onte venres celebramos a ceremonia de Graduación da promoción de alumnado 'Rafael Dieste 2019'. O acto celebrouse no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música para continuar logo no noso instituto.
Parabéns e moita sorte para todos eles!


Video LIPDUB 'RAFAEL DIESTE':

venres, 24 de maio de 2019

"LOS LOCOS DE LOPE" NO 'RAFAEL DIESTE'

 Esta mañá tivemos a visita do Grupo de Teatro do IES 'Monte das Moas' que viñeron a representar para o noso alumnado "Los Locos de Lope".

martes, 14 de maio de 2019

TRABALLOS ALUMNADO 1ºESO EN PLÁSTICA

Aquí tedes o vídeo que realizou o alumno do Practicum de Plástica, Aarón Sabucido Represa, cos traballos do curso de 1º ESO de Plástica.






Video:


luns, 13 de maio de 2019

SAÍDA XEOLÓXICA COSTA DE DEXO (OLEIROS)



O día 9 de maio o alumnado de ciencias de 4º de ESO do IES Rafael Dieste co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía fixemos unha ruta xeolóxia pola costa de Dexo.
Fran Canosa, xeólogo que  leva un proxecto e páxina web de  rutas xeolóxicas de Galicia, explicounos a xeoloxía da zona.

+ info.
Tamén houbo paradas para comentar construccións artísticas da zona pola profesora de historia.

luns, 6 de maio de 2019

O ALUMNADO DE KRONBERG EN A CORUÑA


Entre o 29 de abril e o 6 de maio o alumnado do instituto Altkonigschule de Kronberg estiveron entre nos compartindo clases, excursións e convivencia coas familias do noso alumnado, na segunda parte do intercambio escolar 2019. Recopilamos fotos da súa estadía. Arriba foto de todo o alumnado participante español e alemán diante da Colexiata.



Nas dúas fotos superiores o alumnado e profesores alemáns na súa visita á Domus e á Torre de Hércules.


Nesta foto todo o grupo alumnado e profesores en Fisterra.


Nesta foto todo o grupo diante da Catedral de Santiago.

Toda a información sobre o intercambio @ 'ClickOnEnglish'

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' PARTICIPA NA ACTIVIDADE 'CIENCIA NA RÚA 2019'



O pasado sábado celebrouse na Casa das Ciencias a actividade 'Ciencia na rúa' na que participou alumnado do noso centro coordinados pola profesora de bioloxía Marisa Castiñeira. Ali montaron un posto para mostrar os seus traballos, polo que pasou, entre outros,  o alcalde da cidade Xulio Ferreiro.

+ info.



mércores, 1 de maio de 2019

III PREMIOS DADO 2019


Onte martes 30 de abril falláronse os III Premios Dado no Ágora. Alumnado do noso instituto foi premiado:
III PREMIOS DADO 
- Segundo premio na categoría A: Xoel Añón Lage (S1B).
- Primer premio na categoría B: Uxía Queijeiro Sesar (B1B).
AdemáIs, na categoría B fOron tamén finalistas Raquel Torres (B1A) E Paula Iglesias (B1B).
Vera Losada Castro (S2D) foi finalista na categoría A de Booktrailers.

venres, 26 de abril de 2019

xoves, 25 de abril de 2019

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores