xoves, 25 de marzo de 2021

MANUEL VICENTE CHARLA VIRTUAL CO NOSO ALUMNADO 1ºBAC



 Hoxe alumnado da asignatura de Cultura Científica de 1ºBAC (C e D) poido asistir a charla virtual dende o MUNCYT* de A Coruña con Manuel Vicente, co título:
«Os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno» CHARLAS DE LÚA CHEA.
Sobre os CRISPR (en inglés clustered regularly interspaced short palindromic repeats,  repeticións palindrómicas cortas agrupadas e regularmente interespaciadas​ son familias de secuencias de ADN en bacterias) e o ángulo máxico do grafeno.

luns, 22 de marzo de 2021

XI SEMANA CULTURAL 2020-21: "O MAR"


 Esta semana, por fin, poderemos levar a cabo a nosa XI Semana Cultural adicada ao MAR. Era o tema da nosa semana cultural xa o curso pasado, pero polas circunstancias de todos coñecidos, tivemos que cancelala. Conservamos o tema e agora expoñeremos máis virtual que presencialmente o que se traballou. Poderedes comprobalo todo no blog da Biblioteca, organizadora da actividade, en: 

xoves, 18 de marzo de 2021

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC PARA ALUMNADO 2ºBAC


 Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC 

Nos vindeiros días 23, 24 e 25 de marzo de 2021 celebraranse os ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC (Universidade de Santiago de Compostela) para o alumnado de 2ºBAC. Nestas ligazóns que incluimos encontraredes os actos de inauguración e clausura que serán transmitidos para que o alumnado de Ensino Medio poida seguilos en directo dende o centro ou a súa casa.


ACTO INAUGURACIÓN

Martes, 23 de marzo, de 12:00 a 13:00h

Inauguración polo reitor da USC

Conferencia:

Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado)

Título: Proxectos e ilusións (Proxectos e ilusións do Profesor Ángel Carracedo)

Conexión: ligazón aquí

 Canle  Youtube  da  USC: ligazón aquí 

ACTO CLAUSURA

xoves, 25 de marzo, de 18:00 a 19:00h.

Conferencia:

Erica Esmorís (Escritora e Veterinaria)

Título: Non hai punto e final. (elexir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional)

Clausura polo reitor da USC

Conexión: ligazón aquí

Nas páxinas dos centros da USC (Facultades e Escolas) figuran os horarios e os enlaces para que o estudantado poida conectarse por videoconferencia cos responsables das titulacións para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

xoves, 11 de marzo de 2021

APRENDENDO ARTE NO TEMPO DE LECER

 


Os alumnos e alumnas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato de Historia da Arte do IES Rafael Dieste visitaron a exposición "Vestir épocas 1860-1960" no Museo de Belas Artes de Coruña, onde seleccionaron un traxe e un cadro para contextualizalos na súa época e comentalos en clase explicando os motivos da súa elección.


luns, 8 de marzo de 2021

8-M 2021 NO "RAFAEL DIESTE"




Un ano máis conmemoramos o 8 de marzo, Día Mundial das Mulleres no IES Plurilingüe "Rafael Dieste". 

Tivemos unha exposición de carteis no pasillo de entrada (fotos superiores). Fixemos un programa de RadioFiestra sobre o tema, feito polo alumnado ARCO e a súa profesora Silvia Naveira. Podedes escoitalo na ligazón inferior: 

E esta outra actividade de video:

venres, 5 de marzo de 2021

FOLGA ALUMNADO 8-MARZO


 


O alumnado foi convocado a folga o día 8 de marzo.
Reunida a Xunta de delegados, decidiron secundala os cursos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato.
Para regular esta situación e preservar o dereito dos pais e nais a coñecer as actividades dos seus fillos e fillas, e do alumnado tanto de recibir docencia con normalidade como de non asistir ao centro a dirección do centro informa:
1. No caso de que o alumno decida secundar a folga, deberán cumprimentar a recepción da circular e entregala ao seu titor.
2. Entenderase que aquel alumno que entra no centro asistirá ás clases con total normalidade. Polo tanto, os estudantes non poderán abandonar o centro sen ser acompañado por un responsable.
3. Se houbese previstos exames, non poderán ser valoradas negativamente ou como “non realizadas”.
4. Ese día figurará como “falta non xustificada” e así será comunicada ás familias, pero non terán a consideración de faltas de conduta nin terán consideración de absentismo escolar.

RUTA CICLOTURISTA CO ALUMNADO 2ºBAC



Ruta cicloturista co noso alumnado de 2° Bacharelato da optativa "Educación Fisica". O2 e vitamina D para esta recta final do curso que comezan.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores