venres, 30 de abril de 2021

ACTIVIDADES DE "ABRIL: MES DOS LIBRO" ORGANIZADAS POR 'BIBLIODIESTE"



Este é o resultado das actividade propostas pola Biblioteca do instituto para o "Mes do Libro 2021", aquí mostramos todas as portadas de libros que recibimos. Grazas a tod@s @s que enviáchedes.





 



Samuel, 1º premio

Martín, 2º premio

Entrega de premios do concurso proposto polo Club de Lectura para os Trasnos de 4°ESO sobre os contos de Emilia Pardo Bazán. O primeiro premio foi para Samuel Rodríguez de 4° C, e o segundo para Martín Novo de 4° B
 

luns, 19 de abril de 2021

CAMPAÑA DETECCIÓN COVID NA POBOACIÓN 12-17 ANOS


 A Consellería de Sanidade, o SERGAS e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña inician hoxe luns 19 de abril unha campaña de detección de SARS-CoV-2 dirixida á poboación adolescente (de 12 a 17 anos).

As farmacias de cada municipio colaborarán con esta iniciativa, dispensando os kits de autorrecollida de mostra en saliva, aportando información sobre cómo debe realizar o paciente a toma da mostra, así como o procedimento para a súa posterior recepción e envío desde a farmacia, a través da distribución farmacéutica, ao Laboratorio de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo.


Sabedores da implicación dos colexios e institutos en cualquera medida para frear esta pandemia, queremos pedir a vosa colaboración para que solicitedes o kit na farmacia para realizar a proba.



Podedes acceder a información actualizada e o listado de farmacias donde realizar a proba na siguinte ligazón: https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2 

martes, 13 de abril de 2021

ENQUISA DE CONVIVENCIA 2021


 A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa, para o que demandan a nosa colaboración

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización.

  • Por un lado, entregaremos unha circular para as familias onde se dan instrucións para acceder á enquisa. Cada familia conta cunha clave diferenciada. 

  • Por outro lado, o alumnado accederá á enquisa durante unha clase co seu titor.

martes, 6 de abril de 2021

IES 'RAFAEL DIESTE' - MUS-E 2021: O VIDEO "ESCOITA COMO CHOVE"


 

Mostramos o video realizado neste curso 2020-21 dentro das actividades do programa MUS-E no noso instituto:

Video "ESCOITA COMO CHOVE", alumnado 2ºESO:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores