martes, 30 de abril de 2019

X SEMANA CULTURAL: "EL VERDUGO" DE BERLANGA HOXE NO ÁGORA

 

A proxección da película "El verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora o martes 30 ás 16.15h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que é quen proporciona a película e o Concello de A Coruña cede o auditorio do Ágora. Asiste o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Invitamos a que nos acompañen nais, pais, avoas e avós... Entregaremos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado, e farán tamén unha breve presentación antes da proxección. O aforo do Ágora é de máis de 500 asentos, e a entrada é libre ata completalo. A película dura aproximadamente 1h 30',  contamos con terminar a actividade en torno ás 18.15 h. Citamos ao alumnado no Ágora ás 16:15h para empezar a proxección ás 16:30h.

BENVIDA AOS 15 ALUMNOS ALEMÁNS DO INTERCAMBIO 2019 AO 'RAFAEL DIESTE'


(Foto tomada en Fisterra con todo o grupo de alumnado participante durante a segunda parte do intercambio).

Hoxe daremos a benvida e recibiremos no 'Rafael Dieste' aos 15 estudiantes alemáns do Altkonigschule de Kronberg im Taunus, que chegaron onte á tarde a Coruña para completar a segunda parte do Intercambio Escolar 2019.

Durante a súa estadía aquí visitarán:
MARTES 30
8:30h asistencia á primeira clase. 9:20 benvida ao centro.
10:00h visita á DOMUS e TORRE DE HÉRCULES.
16:30 visita á CASA PICASSO e paseo polo centro da cidade.
MÉRCORES 1: 
Excursión de todo o día á Costa da Morte (Castelo Vimianzo-Fisterra-Ézaro-Louro). (Alumnado español e alemán).
XOVES 2: Asistencia ás dúas primeira clases.
10:00h visita á CASA DOS PEIXES.
18:30h Paseo pola cidada vella e María Pita.
VENRES 3: Excursión de todo o día a SANTIAGO. (Alumnado español e alemán)
FIN DE SEMANA: Convivencia coas familias.
LUNS 6: 9:20: Despedida. 10:00h saída ao aeroporto de ALVEDRO.

venres, 26 de abril de 2019

xoves, 25 de abril de 2019

luns, 22 de abril de 2019

X SEMANA CULTURAL DO 'RAFAEL DIESTE': O CINE


A vindeira semana o IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' vai celebrar a súa X Semana Cultural, este curso adicado ao CINE. Exposicións de traballos do alumnado, proxeccións de películas, concursos e moitas outras actividades se levarán a cabo durante toda a semana. 
Tamén haberá un concurso sobre películas de terror "VAICHE UNHA DE MEDO?" na que pode participar todo o alumnado do centro.

Podedes seguir toda a información detalladamente no blogue da Biblioteca do centro que organiza e coordina toda a actividade, nesta ligazón: 'XSC-O CINE'

martes, 16 de abril de 2019

LISTAXES ALUMNADO PARA ACTIVIDADES FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Na ligazón inferior podedes ver a relación de alumnado con solicitudes correctas para as actividades de formación en linguas estranxeiras da Xunta de Galicia. 



Ainda hai prazo de 10 días para enmendar erros e faltas de documentación, Esta listaxe, así como as das solicitudes incorrectas, rechazadas ou fora de prazo e as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa: edu.xunta.es/axudasle.


mércores, 10 de abril de 2019

CHARLA DE NANDO LÓPEZ


Esta mañá, alumnado de 4ºESO asistiron a charla de Nando López, escritor e dramaturgo español, que fora anteriormente profesor de secundaria, e autor especializado en literatura infantil e xuvenil. 

martes, 9 de abril de 2019

INTERCAMBIO 2019: DE REGRESO DE KRONBERG IM TAUNUS


Hoxe martes 9 o noso alumnado participante no Intercambio 2019 co Alkönigschule de Kronberg im Taunus incorpórase de novo ás clases. Foi unha semana de estadía por Alemaña. Recopilamos nesta entrada fotos de grupo dos alumnos e profesores participantes. Na foto superior a totalidade dos alumnos na terraza do Main Tower de Frankfurt.


Nesta segunda foto en Heidelberg, de novo, a totalidade do alumnado español e alemán xunto cos profesores acompañantes: Julia Westenburger, Hilda Fraga e Ramón Neira.


A terceira foto co grupo ao completo e as profesoras no castelo de Kronberg.


Nesta foto o alumnado español cos profesores nunha ponte sobre o rio Main diante do distrito finacieIro da cidade.


O grupo español no instituto na recepción de benvida.

A información máis completa do intercambio @ ClickOnEnglish.

xoves, 4 de abril de 2019

"EUROPEAN MARITIME DAY 2019" NO 'RAFAEL DIESTE'

Participamos no  Bring European Maritime Day to your country unha actividade para concienciar sobre o problema do plástico no mar.
A conferencia do Día Marítimo Europeo 2019 levarase a cabo en Lisboa, Portugal. Pero son moitos os distintos eventos que se desenvolverán en distintas localidades de toda Europa e no noso país.


martes, 2 de abril de 2019

CONFERENCIA DE ANDRÉS NEUMAN


Hoxe no 'Rafael Dieste' recibimos a visita do narrador, poeta, traductor, blogueiro e columnista hispanoarxentino Andrés Neuman que veu a ofrecer unha charla sobre o seu traballo e a súa obra ao alumnado de 1ºBAC.

luns, 1 de abril de 2019

INTERCAMBIO 2019: ALTKÖNIGSCHULE, KRONBERG IM TAUNUS - IES Plurilingüe RAFAEL DIESTE, A CORUÑA


Comeza hoxe o Intercambio Escolar 2019. Este curso iniciamos unha relación cun novo centro alemán, o Altkönigschule en Kronberg im Taunus, preto de Frankfurt. O alumnado do noso centro viaxa hoxe ata alí para estar durante unha semana. O día 29 de abril virá o alumnado alemán para a súa estadía dunha semana na nosa cidade. 
Coma sempre, o alumnado convivirá coas familias correspondentes e asistirá a algunha actividade escolar en cada un dos institutos e terán preparadas visitas e excursións a lugares de interese da contorna. Participan doce estudantes nosos e quince alemáns.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores