"HOMECOMING" é unha tradición anual nos Estados Unidos en institutos e facultades que se xuntan para recibir de novo aos membros da comunidade. Constrúese arredor dun evento central, a maioría das veces, un evento deportivo. Cando se celebran nas escolas, as actividades varían moito. Non obstante, adoitan consistir en actividades fomentando a sana competición e sentido de pertenza á colectividade.
Pois este ano, ímolo celebrar tamén no "Rafael Dieste", organizada pola nosa lectora americana destes dous últimos cursos, Kayleigh Vantassel, xunto con toda a comunidade educativa. Hoxe todo o alumnado da ESO participará nas distintas actividades do noso particular "HOMECOMING" que enfrentará aos diferentes grupos de clases entre sí nas seguintes actividades:
1- PARTIDOS DE BALONCESTO
2- TALENT-SHOW, mostra de diferentes talentos do alumnado de cada grupo
3- TRIVIA QUIZ, resposta a preguntas xerais nun concurso
4- XIMAKANA de actividades
Valórase non só as victorias e acertos en cada unha das distintas actividades, senon tamén aspectos de relación social entre todos. Cremos que unha actividade moi beneficiosa para toda a comunidade, especialmente tras a época que vimos todos de vivir.
O alumnado participa como grupos de clases, que teñen un nome, uns colores , unha mascota, e unha canción de grupo que os representa:
1ºA Fernando Alonso High Schoo | Blue and Pink | Roadrunners |
1ºB Will Smith High School | Black and Orange | Platypi |
1ºC Diego Maradona High School | Red and Yellow | Goats |
1ºD Rafa Nadal High School | Purple and Yellow | Monkey |
2ºA Cristina Ortiz Rodriguez High School | Blue and White | Snakes |
2ºB Stephen Curry High School | Black and Purple | Eagles |
2ºC Marie Curie High School | Green and White | Lions |
2ºD Shakira High School | Purple and White | (Siberan) Tigers |
2ºE Michael Jordan High School | Blue and Yellow | Bulls |
3ºA Iniesta High School | Red and White | Foxes |
3ºB Whitney Houston High School | Black and blue | Bears |
3ºC Isaac Newton High School | Black and grey | Wolves |
3ºD Mozart High School | Black and White | Meerkats |
4ºA Kurt Cobain High School | Red and Black | Mammoths |
4ºB Freddie Mercury High School | Black and Green | Panthers |
4ºC H. P. Lovecraft | Black and yellow | Wasps |