venres, 30 de novembro de 2018

ISAAC ROSA NO 'RAFAEL DIESTE'

Onte estivo no noso instituto o escritor e xornalista Isaac Rosa para dar unha charla ao noso alumnado, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura.
Autor de novelas, cómics e columninsta en varios medios de comunicación. Ven de presentar unha nova novela "Final feliz".


Foto: "El País"

mércores, 28 de novembro de 2018

COMPOSICIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR


Informamos da composición definitiva do novo Consello Escolar do noso instituto, unha vez celebradas as eleccións para a renovación dos seus membros.
Os novos membros (elexidos ou reelexidos) son os que aparecen suliñados.

Representantes da Dirección:

MATEO TORRES NEIRA (Director)
ANA MARÍA VIDAL ROCA (Xefa de Estudos)
FLORA GARCÍA FERREIRO (Secretaría)

Representantes do Profesorado:

CRUZ FERNÁNDEZ GRAÑA
MANUEL SANTOS LEDO
JOSÉ MANUEL VILA GONZÁLEZ
ANA BEATRIZ CUÍÑAS GARCÍA
DORES CASTRO VILLAR
LETICIA OGANDO LÓPEZ
MARÍA BEGOÑA CASALDERREY IGLESIAS

Representantes das Familias:

VICTORIA SALGUERO HERNÁNDEZ
DOLORES FREIRE CASALDEREY
HERMINDA PAZOS LOUZÁN (ANPA)

Representantes do Alumnado:

INÉS SANTISO FREIRE
LUIS ENRIQUE IGLESIAS SALGUERO
ALEJANDRO SUEIRO VIGO
JAZMÍN TATIANA GARCÍA MEJÍA

Representantes do Persoal Administrativo e de Servicios:

ELENA BRENLLA PAZOS 

Representante do Concello:

MARÍA LUISA JIMÉNEZ DE LLANO

domingo, 25 de novembro de 2018

25-N: 'RAFAEL DIESTE' CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25-N conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. De novo o noso instituto quixo dar relevancia ao día e o pasado venres expuxéronse carteis no patio central e houbo charlas sobre o tema para o alumnado de 4ºESO.


Grazas  pola charla no 
Necesitamos educar  Campaña "A Coruña en negro contra as violencias machistas"   



mércores, 21 de novembro de 2018

CANDIDATURAS NAIS E PAIS AO CONSELLO ESCOLAR


Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do día 5 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- CHRISTINA ALEN MARTY
2.- DOLORES FREIRE CASALDERREY


    Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996)  corresponde elixir no presente proceso electoral a 1pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.

    Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar, a campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de novembro, ambos días inclusive.

    As votacións terán lugar no salón de actos do noso centro, o vindeiro luns, de 17:00 a 20:00, polo que contamos coa vosa participación.

martes, 20 de novembro de 2018

PROGRAMA DO CONCELLO PARA CURSAR 1ºBAC NOS EE.UU.

O Concello da Coruña pon en marcha a edición 2019-2020 do programa A Coruña no mundo: Junior Year, para cursar 1º de bacharelato nun High School en EE.UU. Vai dirixido aos alumnos que están cursando 4ºESO agora.

O mércores 28 de novembro haberá una reunión informativa no Centro Cívico Municipal dos Mallos ás 19:00 h.

+ info na web do Concello AQUÍ.

1º AVALIACIÓN DE 2ºBAC E ENTREGA DE NOTAS

Informamos que:

a PRIMEIRA AVALIACIÓN de 2ºBAC 

será o vindeiro LUNS 3 de DECEMBRO

Os boletíns de calificacións serán entregados por cada titor

o MÉRCORES 4 de DECEMBRO no segundo recreo nas aulas que lles indiquen.

mércores, 14 de novembro de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, TAMÉN EN 'BIBLIODIESTE'

O Departamento de Ciencias do noso instituto xunto coa Biblioteca tamén celebran o mes da ciencia en galego das Bibliotecas con diversas actividades:

- Proxección de “Nanocosmos: un viaje a lo pequeño”.

- Somos Científicos.

- Universo:
Exposición de carteis e maquetas no vestíbulo do Instituto por parte dos alumnos de 1º de ESO. Exposición de libros de lectura sobre o tema na Biblioteca.

Fotos de cada unha das actividades:

«Este traballo quere transmitir as expectativas dos equipos que loitan por comprender este proceso: cando unha estrela morre lanza un material ao espazo que, a través de interaccións atómicas, poden formar algo moito máis grande como un planeta ou, por que non, un ser vivo» O documental conta coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Economía (FECYT) , Industria y Competitividad, y del Consejo Superior de Investigaciones Científicas(CSIC) e foi producido pola empresa LuzLux.
Traballouse co alumnado de 1º bacharelato de “Cultura Científica” realizándose unha pequena Unidade Didáctica. 


Os estudantes interactúan con científicas e científicos a través de internet. Un concurso de divulgación para persoal investigador no que os estudantes son os xuíces. Alumnas e alumnos desafían a científicos a través de CHATS de texto en directo. PREGÚNTANLLES todo o que se lles ocorre e VOTAN para que a súa científica ou científico favorito gañe 500 € destinados a divulgar o seu traballo.

- Exposicións:

Proxección de documentais no Salón de Actos 
 “O Sistema Solar a escala” (subtítulos en galego, Martin Pawley) Watch This Guy Build a Massive Solar System in the Desert | Short Film Showcase 
 NOSA Axencia Espacial Escolar Galega Publicado el 15 feb. 2018 Imaxes da primeira cápsula MarumaSat, lanzada no IES Maruxa Mallo (Ordes) no curso 
 “A perda da escuridade”, curta documental sobre contaminación luminosa, dispoñible por fin en versión galega 
 Rosetta y Philae en Cometa 67P gran resumen para niños ... - YouTube (Ficha optativo) o Corto Ambition 
 Carlos Briones: ''Os voy a contar una historia'' NAUKAS BILBAO 2018

xoves, 8 de novembro de 2018

INTERCAMBIO ALEMANIA 2019: REUNIÓN INFORMATIVA

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' – Departamento de Inglés
INTERCAMBIO CON ALEMANIA 2019

O vindeiro MARTES 13 DE NOVEMBRO ÁS 18:45 convocamos ás familias e alumnado de 4ºESO preinscrito xa na actividade a unha reunión informativa sobre o Intercambio co Instituto ALTKÖNIGSCHULE de Kronberg-Frankfurt (Alemania).
Extendemos a invitación a todas as demáis familias e alumnado de 4º e 3ºESO que poidan estar interesados porque quedan aínda algunhas prazas vacantes por cubrir. Hai preinscritas unha maioría de alumnas, polo que en principio as prazas vacantes serían preferentemente para alumnos porque algunhas familias alemanas determinan que so acollen alumnos. De todos xeitos, se houbera máis alumnas interesadas, quedarían nunha lista de reserva. Tamén hai a posibilidade de inscribirse só como familia que acolle.

martes, 6 de novembro de 2018

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO BAC MATRICULADO EN EXAMES TRINITY ISE I E II CONVOCATORIA NOVEMBRO 2018


Información para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato matriculado para os exames de Trinity ISE I y II. Confirmación das datas e horas dos exames:

(Reading & Writing)
Place: IES Plurilingüe "EUSEBIO DA GUARDA"
Date: Saturday 17th November 2018
Time: 8:30

(Speaking & Listening)
Place: IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE"
Date: between 19th and 23rd November 2018
Time: in times to be confirmed for each person

Chegará por correo a documentación para cada persoa cas convocatorias dos exames orais. 
Máis información en: ClickOnEnglish-Trinity ISE exams.

CURSO "ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS"


 A Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias”.


A temporalización está establecida para levalo a cabo nas datas do 26-27-28 do mes de novembro no Centro de Formación e Recursos de A Coruña, C/Educación, 3 (edificio contiguo ao noso centro donde está tamén a UNED). En horario de 17:30 a 20:30h.



No documento que se inclúe na ligazón adxunta especifícanse todos os datos e características do mesmo e a forma de inscribirse:





ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

 Incluimos información sobre as eleccións ao Consello Escolar 2018.
Salientar:
- O censo electoral de alumnado e pais/nais/titores están expostos no taboleiro da entrada do instituto.
- O sorteo dos membros da mesa electoral será en acto público o día 19 de novembro ás 12:10h.
- As votacións realizaranse o día 26 de novembro de 17 a 20h.

O resto da información está nesta convocatoria  incluída máis abaixo (que tamén se entregou en papel ao alumnado para que o leven ás casas).




luns, 5 de novembro de 2018

XUSTIFICANTE DE FALTAS


Dende hoxe podedes descargar e imprimir o xustificante das faltas de asistencia para entregar ao titor xunto con calquer outro documento acreditativo pertinente da falta en cuestión. 
Podedes atopar a ligazón na portada da nosa páxina web AQUÍ. Ligazón: IMPRESO XUSTIFICACIÓN FALTAS.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores