sábado, 24 de febreiro de 2024

Día internacional da nena e da muller en ciencia con Estíbaliz Espinosa






O domingo 11 de febreiro celebramos o Día internacional da nena e da muller en ciencia coa visita de Estíbaliz Espinosa. Escritora galega de poesía, ensaio, relato e tradución, visitounos para conmemorar a data connosco. Esta rara avis naceu en A Coruña en 1974. É unha científica pouco habitual por ser tan polifacética en non respectar as etiquetas usuais; ademais de estar licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica, é cantante e comunicadora de ciencia, astrónoma afeccionada.

Falounos do efecto Matilda. Este efecto implica que aínda que hai moitas mulleres importante na ciencia ao longo da historia e mesmo na actualidade,  a sociedade non lles deu o recoñecemento. Falounos tamén dos marabillosos  camiños que abre a posibilidade de mesturar ciencia e poesía.

Unha conferencia interesante e moi inspiradora.

O instituto participa na Olimpíada filosófica de Galicia



Un curso máis, alumnado do instituto acode á Olimpíada filosófica de Galicia. Nesta ocasión a cuestión que nos propoñen é unha reflexión sobre que é o ocio. Alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato presentáronse nas modalidades de fotografía, dilema e disertación. O día 1 de marzo publicaranse os nomes das persioas seleccionadas para a final galega. Sorte a todos e todas!!

xoves, 22 de febreiro de 2024

martes, 20 de febreiro de 2024

Xornada de portas abertas martes 27 de febreiro

 

O IES Plurilingüe Rafael Dieste convida a familias e alumnado a unha segunda xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro o vindeiro martes 27 de febreiro ás 18:30 horas, no salón de actos do instituto.

Nesta ocasión, ademais do equipo directivo, participará tamén parte do profesorado e do alumnado do centro, que presentará varias actividades e proxectos.

En caso de non poder asistir, é posible concertar unha cita a través do enderezo ies.rafael.dieste@edu.xunta.gal

Día da Muller e a Nena na Ciencia no MUNCYT


O venres 9 de febreiro o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía do IES Plurilingüe Rafael Dieste estivo con Sara García Alonso, astronauta en reserva da ESA, no MUNCYT da Coruña, para festexar con o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Máis información

XV Olimpíada de Xeoloxía




O mércores 7 de febreiro 9 alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste participaron na XV Olimpíada de Xeoloxía,
 no Xeoparque cabo Ortegal, en Cedeira.

Máis información

luns, 5 de febreiro de 2024

Cartas desde a trincheira, un proxecto de 1º de Bacharelato

 




Estes días puidemos visitar na biblioteca do IES Rafael Dieste unha exposición sobre a vida nas trincheiras durante a I Guerra Mundial. 

Desde a materia de Historia Contemporánea de 1º de Bacharelato realizamos un exercicio de transformismo histórico. O alumnado púxose na pel daqueles soldados, enfermeiras e médicos que coñeceron e viviron na trincheira e na retagarda durante a Grande Guerra.

Ademais da recreación dunha trincheira o alumnado explicou ao público de 3º ESO B, 4º ESO C e 1º Bacharelato A, o transcorrer da guerra, as súas causas, o seu impacto, o papel da muller na contenda, os inventos que saíron desta contenda e tamén as curiosidades como a famosa tregua do Nadal de 1914 na que a guerra se detivo de maneira espontánea e os bandos contrarios compartiron unhas horas xuntos. 

Finalmente, o alumnado da materia de Historia Contemporánea fixo unha lectura das cartas que eles e elas mesmos redactaron facéndose pasar por aqueles protagonistas anónimos da I Guerra Mundial. 

A exposición desenvolveuse no marco dos actos de conmemoración no centro educativo polo Día da Paz. 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores