xoves, 25 de febreiro de 2021

PARABÉNS PARA OS NOSOS ALUMNOS: MARCOS SOUTO BLANCO E NICOLÁS ORTEGA MOINELO

Queremos hoxe dar os nosos parabéns a dous alumnos do noso centro en dúas facetas moi diferentes.

En primeiro lugar a MARCOS SOUTO BLANCO (1ºBAC-C) que ven de publicar a súa primeira novela "MARCA FINAL".

[Unha familia pasa de ter unha vida feliz, a convertirse nun inferno, donde os fillos menores de idade van ter que aprender a sobrevivir, e para iso van ter que robar, matar, enganar, mentir, agredir, escapar da xustiza, pero mais tarde chega o que ninguen esperaba que chegase: a súa salvación, vai chegar o amor, e todo vai dar unha volta que vai cambiar a vida destes tres pequenos que sufriron e foron maltratados polas circunstancias da vida.]

Máis información do libro: "MARCA FINAL"

En segundo lugar os parabéns son para NICOLÁS ORTEGA MOINELO (1ºBAC-B) que se clasificou no terceiro posto no campionato de España de lanzamento de disco na modalidade de menores. É récord galego por lanzar a 66 cm.

Parabéns aos dous!







 

mércores, 24 de febreiro de 2021

PRAZAS VACANTES DO IES "RAFAEL DIESTE" CURSO 2021-22



Informamos das prazas vacantes por niveis no noso centro para o curso 2021-22.
O prazo de entrega de solicitudes de admisión é do 1 ao 22 de marzo de 2021.
Incluimos a ligazón á páxina da solicitude de admisión:


 

luns, 15 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021: OS ARTISTAS DO 'RAFAEL DIESTE"


 
Así foi o Entroido 2021 no 'Rafael Dieste'. Un entroido diferente pero donde apareceu a inspiración de todos os artistas que hai no noso instituto...

Video "ARTISTÍZATE" do Entroido 2021 do 'Rafael Dieste':

xoves, 11 de febreiro de 2021

11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 

O Departamento de Ciencias celebrando, como cada curso, o 11-F, Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.

En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzamos a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queremos encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.

No IES Rafael Dieste teremos as seguintes actividades para celebrar o #11F 



“Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’ 

 Cando? A iniciativa desenvolverase o próximo 8 de Febreiro de 2021. O formato será en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectarase cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti. Os estudantes poderán facelo desde as súas propias aulas sen ningunha infraestrutura ou xestión adicional.

Oxalá que todas as nenas e nenos non teñan ningún impedimento en chegar a ser o que queiran ser

mércores, 10 de febreiro de 2021

CONCURSO CARTEL PARA 8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:


  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

     

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

 Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.

As bases do concurso pódense consulta neste enlace AQUÍ


 

sábado, 6 de febreiro de 2021

LOLI PATIÑO NO RECORDO

Lamentamos comunicar a triste noticia do pasamento de Loli Patiño, que traballou como conserxe no noso instituto.
DEP.


 

luns, 1 de febreiro de 2021

OBRADOIROS DE FORMACIÓN DA RADIO NA ESCOLA NO "RAFAEL DIESTE"


Ao longo da semana pasada tiveron lugar as xornadas de formación de radio na escola para alumnado da ESO e profesorado. Durante 4 días algúns grupos de alumnado da ESO e os seus profesores e profesoras  aprenderon como se fai un programa de radio escolar e como podemos utilizalo para traballar nas distintas materias, na biblioteca, mediación etc..
A formación estivo impartida por Lucia Rodriguez, da asociación AGARESO (Asociación galega de reporteros solidarios). Estes cursos son unha iniciativa da de Biblioteca do Instituto.
A actividade tamén tivo difusión na prensa local:



[Foto e ligazón ao artigo en "La Opinión A Coruña"]

Podedes escoitar os programas nesta ligazón: Programas de RadioFiestra
 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores