martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Como cada 30 de xaneiro, os centros escolares conmemoran o DÍA DA PAZ.
É unha efeméride que sempre corre a cargo da Biblioteca do centro. Cada curso se preparan distintas actividades para conmemorar a data. Deixámosvos ligazóns para ver o que facemos este curso e o que viñemos facendo nos cursos previos.



xoves, 25 de xaneiro de 2018

TOTAL DE ALIMENTOS RECOLLIDOS PARA "RÍAS ALTAS"


Dende a Dirección queremos informar sobre os alimentos recollidos antes das vacacións de Nadal no noso instituto para o Banco de Alimentos "Rías Altas" de A Coruña. Foron un total de 83,300 kilos de distintos productos que veñen especificados no albarán que podedes ver. Tamén queremos aproveitar esta oportunidade para agradecer a vosa colaboración. Moitas grazas.

luns, 22 de xaneiro de 2018

...XA DE VOLTA DE ANDORRA


O grupo de alumnado e profesoras que fixeron a viaxe á neve a Andorra, xa se reincorporaron hoxe ás clases. Compartimos algunhas fotos da súa estancia. Todo saíu moi ben e volven todos con moitos recordos desta experiencia.

martes, 16 de xaneiro de 2018

PROXECTO MUSE 2018: SESIÓNS DE PLÁSTICA-DEBUXO CON LUISA VALDÉS


Onte luns 15 de xaneiro, arrancamos cas sesións do Proxecto Mus-e 2018 de debuxo coa presencia de Luisa Valdés nas clases de Plástica de 1ºESO. Aquí tedes fotos da sesión.


sábado, 13 de xaneiro de 2018

SEMANA BRANCA 2018 DO "RAFAEL DIESTE"


Hoxe empeza a Semana Branca 2018 no IES "Rafael Dieste", un grupo de alumnado do noso centro sairá esta tarde-noite cara a La Massana, Andorra donde disfrutarán dunha semana (do 13 ao 20 de xaneiro) practicando esquí. Boa viaxe e disfrutade!

venres, 12 de xaneiro de 2018

OS "LIBROS VIVINTES 2018"

Hoxe venres 12 de febreiro, comenzamos a segunda edición da actividade 'Libros Vivintes', unha iniciativa da Biblioteca Municipal Ágora xunto coa nosa Biblioteca (Bibliodieste), na que participamos por segundo ano consecutivo.
A primeira fase realizouse hoxe na nosa biblioteca co alumnado dos grupos de 4ºESO.
Os vindeiros martes 23 e 30 de xaneiro terán lugar a segunda fase no Ágora. 
Máis información nestas ligazóns:

mércores, 10 de xaneiro de 2018

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA-VIGO: O PERGAMIÑO VINDEL


Na derradeira semana de clases antes do Nadal, alumnado de diversos cursos (1º e 2ºBAC) foron de excursión a visitar museos, en  Pontevedra e o do Mar de Vigo, pero o principal motivo era ver o Pergamiño Vindel.
Hoxe compartimos unha serie de fotos testemuña da viaxe.
Alumnado no Museo de Pontevedra:
Alumnado no Museo do Mar de Vigo:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores