mércores, 20 de decembro de 2017

MAIS PATINAXE CO ALUMNADO DE 1ºESO

O pasado luns foi o turno para que o alumnado de 1ºESO tivese a oportunidade de patinar sobre xeo. Aquí tedes a reportaxe gráfica da súa experiencia.












Video:



martes, 19 de decembro de 2017

O LIBRO DUN EX-PROFESOR DO CENTRO: JAVIER MARTÍN BETANZOS


É moi grato presentar a novela dun ex-profesor do centro, JAVIER MARTÍN BETANZOS, antiguo membro do Departamento de Orientación durante moitos anos, agora xa felizmente retirado. En todos eses anos, Javier atendeu ao alumnado con necesidades educativas que pasaron polo instituto.
A finais do mes pasado, concretamente o día 30 de novembro, no Día da Discapacidade, presentou en Valladolid a súa novela "NO CREAS LO QUE TUS OJOS DICEN". O libro é parte dun proxecto solidario que recadará para futuras reedicións e tamén para facer visible a parálise cerebral. Para máis información sobre a novela, aquí tedes a ligazón ao blog do propio autor donde fala do seu libro. 

venres, 15 de decembro de 2017

ALUMNADO 4ºESO DO "RAFAEL DIESTE" PATINANDO SOBRE XEO


Onte xoves 14 de decembro, o alumnado dos grupos de 4ºESO do noso instituto foron a practicar patinaxe sobre xeo a Marineda. Polo que vemos nestas fotos e no video deberon pasalo moi ben!



Video:


xoves, 14 de decembro de 2017

O "RAFAEL DIESTE" RECOLLE PARA O BANCO DE ALIMENTOS "RÍAS ALTAS"


Estimadas familias: O instituto, como forma de colaborar con aquelas persoas que están en situacións difíciles, organiza outra vez este ano unha campaña solidaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña. Pode participar toda a comunidade educativa e consiste en aportar UN QUILO ou UN LITRO (poden ser máis) de calquera alimento NON PERECEDOIRO como: Leite, galletas, cacao, latas de conserva, café, sal, aceite, legumes, arroz, fariña…ou similares e material hixiénico coma xel, maquinillas de afeitar, champú…
As vosas aportacións pódense depositar nos contedores que se atopan na entrada do centro antes do día 21 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración e BO NADAL 

A Dirección

luns, 4 de decembro de 2017

OBRADOIRO DE RAP NO "RAFAEL DIESTE"

O pasado xoves 30 de novembro, o alumnado de 3ºESO do noso instituto participou dun Obradoiro de Rap. 
Aquí vos deixamos un video dun momento do acto.


Video Obradoiro de Rap @ IES "Rafael Dieste":


venres, 1 de decembro de 2017

PARABÉNS PARA EDNA JUDITH FERNÁNDEZ

Parabéns para a nosa alumna de 1ºESO-B

EDNA JUDITH FERNÁNDEZ

que ven de gañar o 

CAMPEONATO GALEGO DE PATINAXE ARTÍSTICA

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores