xoves, 27 de outubro de 2022

CHARLA COA POETA E RELATORA NURIA VIL



 O alumnado de 2ºBAC tivo hoxe a oportunidade de coñecer es escoitar a NURIA VILÁN PRADO, mais coñecida como NURIA VIL, poeta e relatora galega nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, nunha actividade organizada polo Departamento de Galego.
Nuria formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos. Moi activa en redes sociais.

mércores, 26 de outubro de 2022

PROXECTO INTERCAMBIO EPISTOLAR IES "RAFAEL DIESTE"-RESIDENCIA DE MAIORES "CONCEPCIÓN ARENAL"

Foto: "La Opinión de A Coruña"


Fotos: Marcos Miguez, La Voz de Galicia.

As nosas compañeiras, profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Castelá MERCEDES GARROTE e NORMA FARIÑA, iniciaron durante o periodo de confinamento unha actividade que tiña como obxectivo que o seu alumnado intercambiara cartas con algunhas persoas da residencia de maiores "Concepción Arenal" de Matogrande. Aos rapaces, entonces alumnado de 1º e 2ºESO, plantexóuselles o reto de redactar cartas que os maiores irían contestando. O estudiantes enviaron os textos por correo electrónico que logo se distribuían entre os maiores. Agora, varios anos despois, os maiores son un pouco máis e os rapaces xa están en 4ºESO e 1ºBAC, e onte (martes 25 outubro 2022) os autores desas cartas víronse as caras por primeira vez. As cartas as conservan con cariño e o celebraron cunha merenda, tres anos despois de que comenzara todo.

A profesora Mercedes Garrote comenta: "Saímos encantados e os rapaces emocionados. foi un momento moi especial e creo que para os usuarios tamén."

Todo o material epistolar consérvase e posiblemente o expoñan porque son documentos únicos. Cartas para ler unha e outra vez para non olvidar que unha vez todos, rapaces e maiores, estivemos confinados.

A noticia en "La Voz de Galicia":

Os rapaces e maiores de A Coruña que tardaron tres anos en verse





luns, 24 de outubro de 2022

24-O: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022 - CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS"


Para celebrar este día tan importante para Bibliodieste, convocamos un concurso para que o alumnado mandara fotos da súa biblioteca favorita. Arriba tedes unha selección das fotos recibidas.

Ademais o grupo Divexentes acercouse a biblioteca Agora onde se fixeron as súas fotos para o concurso. So fatla saber quen vai gañar a excursión...






venres, 21 de outubro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA 2022 ALUMNADO 1ºESO


 Rematan por este curso as sesións que se realizan co alumnado de 1ºESO para que coñezan a nosa biblioteca, Bibliodieste. A finalidade destas sesión é que toda a rapazada coñeza con que recursos conta a biblioteca e como utilizalos: libros, cómics, ordenadores, películas, club de lectura, club de encontros, alumnado voluntario, xadrez, radio, etc.. e as distintas actividades e concursos nos que poden participar.




MELLORAS NA ACCESIBILIDADE NA CONTORNA DO IES "RAFAEL DIESTE"


 Fotos: Concello de A Coruña




O Concello da Coruña rematou os traballos de mellora na contorna do IES Rafael Dieste, que consistiron na ampliación da beirarrúa existente no cruzamento da rúa Manuel Murguía e a rolda de Outeiro, na glorieta do Pavo Real, para adaptala á actual normativa e inclúe novas zonas verdes. Ademais, o Concello actualizou a frecuencia semafórica da zona para mellorar a seguridade viaria.

xoves, 20 de outubro de 2022

SAÍDA DIDÁCTICA DE XEOLOXÍA 2ºBAC Á SERRA DA CAPELADA / SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO


 
Este martes 18 o alumnado de 2º de Bacharelato de Xeoloxía, Bioloxía e CTMA, tivemos unha saída xeolóxica á Serra da Capelada, onde o xeólogo Fran Canosa explicounos a extraordinaria xeoloxía da zona. 
Os cantís da Serra da Capelada son dos máis altos de Europa e a súas rochas teñen un alto e singular valor xeolóxico, podéndose observar nalgúns lugares o contacto entre a codia e o manto terrestre.
Ademáis visitamos Santo André de Teixido.













martes, 11 de outubro de 2022

VISITA Á EXPOSICIÓN "MORE THAN HUMAN" DE A FUNDACIÓN


 
O alumnado de 4º da ESO de Filosofía visitou a pasada semana a exposición "More Than Human" organizada por A Fundación. Nesta actividade o alumnado fixo un recorrido dende os primeiros soños de crear vida artificial, como o Golem, pasando pola computadora Enigma ata a tecnoloxía actual e os retos ante os que nos sitúa: pode a intelixencia artificial sustituir ao ser humano?

luns, 3 de outubro de 2022

CONVOCATORIA CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022-23"


 

Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas

Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023

O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:

I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos

II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.

III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com

No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.

A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.

IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.

A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.


V.- PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:

- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.

- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.

- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.

Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.

VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.

VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.

VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.

Ánimadevos!

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores