Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xun22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xun22. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xuño de 2022

GRADUACIÓN FIN DE ETAPA ALUMNADO 4ºESO 2022


Este curso celebramos, por primeira vez, a graduación de fin de etapa do alumnado de 4ºESO. Reuníuse o alumnado e profesorado no Salón de Actos de noso instituto esta tarde para celebrar o fin de etapa e nalgún caso a despedida do alumnado que xa non seguirá no centro. Á vez foi a despedida dunha das profesoras por xubilación, Dores Castro Villar, quen foi titora este curso dun dos grupos de 4º e impartiu lingua e literatura galegas en todos eles.


As presentadoras do acto Violeta Hernández Gestal e Carla Vázquez Ruano (4º-A).
Os discursos por cada un dos grupos:


4ºESO-A: Irene Doncel Veira e Guillermo López Vaa
monde.


4ºESO-B: Roque Torre Castro.


4ºESO-C: Martín Golán Sande.
As actuacións musicais:


Canta María Fernández Sánchez con Iago López Pérez ao piano (4º-B).


Iago López Pérez cantando "We are the champions" e "We can work it out".



Roque Torre Castro tocando o piano (4º-B).


Kamille Prainha Pedrozo cantou (4º-B).



Homanaxe á profesora de galego Dores Castro Villar, titora de 4ºESO-A, profesora de galego nos tres grupos de 4ºESO, que cumpliu o seu derrradeiro curso antes da súa xubilación. Tamén deu o seu discurso de despedida.

sábado, 18 de xuño de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

 

Despois dun curso de traballo continuado e ben feito durate os recreos, o alumnado voluntario de Biblioteca disfrtuou dun día de excursión como premio e colofón do feito (deixando a aprte o chocolate  e as galletitas saladas). Unha visita guiada á Biblioteca da Diputación (déposito, facsimiles incunables, orixinais etc..) e, pola tarde, un paso polo Museo de Bellas Artes).











venres, 17 de xuño de 2022

VI TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS


Onte xoves tivo lugar a final da VI edición do Torneo de xadrez intercentros. Este curso xogamos no IES Urbano Lugrís e participou tamén alumnado do IES Fernando Wirtz. Como noutras ocasións, o mestre de xadrez Jacobo Caselas xogou as partidas simultáneas (por sexto ano gana todas) e a novidade foi a partida a cegas. O primeiro premio foi para O Wirtz e nós, trouxemos para casa o segundo. 
Noraboa a todos e todas!!















 

luns, 13 de xuño de 2022

GRADUACIÓN PROMOCIÓN "RAFAEL DIESTE" 2022


O alumnado de 2ºBAC do "RAFAEL DIESTE" celebraron o pasado venres 10 de xuño o seu acto de graduación. Nunhas datas algo mais retrasadas do habitual, xa que ese ano esperaron a terse presentado ás probas da ABAU. Pero xa relaxados, este curso poidéronse reunir de novo o alumnado, o profesorado e as familias para festexar o momento.
Parabéns e moita sorte para tod@s eles no seu futuro!
Actualizamos con máis fotos e o video do acto:



Os presentadores: Lucía Orrico e Alfredo Arcos


O discurso do director Mateo Torres:



Os discursos do alumnado: Lorena Enríquez, Daniel Mora e Ian González:




O discurso do profesor: Carlos Blanco:


A actuación de Adrián Tinaquero á batería:



O video do acto:

 

venres, 10 de xuño de 2022

O NOSO GRUPO 'DIVERXENTES' VISITAN ASOCIACIÓNS EN VIGO




O grupo de diversidade e de apoio afectivo-sexual do noso centro, DiverXentes viaxaron onte á cidade de Vigo para visitar a Asociación Nos Mesmas e tamén a Asociación Pvlse, para coñecer de primeira man a labor realizada por estas asociacións. Nós Mesmas loita polos dereitos das mulleres lebianas, bisexuais e transexuais. Pvlse é unha organización de gays e lesbianas que traballan de xeito transversal os dereitos sociais da cidadanía.
 Agradecemos toda a información e o traballo de ambas asociacións na concienciación e formación nestes ámbitos.

luns, 6 de xuño de 2022

"RAFAEL DIESTE" 2º NO "PASSWORD COMPETITION 2022"

Esta mañá alumnado de 4ºESO do noso centro participaron no "PASSWORD COMPETITION", unha especie de "pasapalabra", donde o alumnado tiña que acertar as palabras definidas. Unha actividade en inglés e enfrentándonos a outros dous institutos da bisbarra. Acabamos 2º, este é o resultado final:

1º) IES "MARÍA CASARES", Santa Cruz. 32 puntos.

2º) IES "RAFAEL DIESTE", A Coruña, 27 puntos.

3º) IES "ISAAC DÍAZ PARDO", Sada, 16 puntos.

A experiencia foi moi positiva porque divertímonos moito e para unha vindeira edición prometemos mellorar.
O evento tamén contou con actuacións e polo noso centro cantou Kamille Prainha.


Ó principio do acto, presentando os capitáns de cada equipo. A nosa, Isabel García Aller, de azul á esquerda.





Aquí os resultados de cada unha das nosas parellas:
ANGÉLICA IGLESIAS LORENZO & IRIA MILES DIAZ (4ºA) 7 respostas correctas de 10
TOMAS ALONSO CALVO (4ºA) & ROQUE TORRE CASTRO (4ºB) 7 respostas correctas de 10
LAURA CASTRO EXPÓSITO & KAMILLE PRAINHA PEDROZO (4ºB)  5  respostas correctas de 10
ISABEL GARCÍA ALLER & IRIA TORRE CASTRO (4ºB)  5  respostas correctas de10
XOEL AÑÓN LAGE (4ºA) & IAGO LÓPEZ PÉREZ (4ºB) 3 respostas correctas de 10
NOA OTERO FERNÁNDEZ (4ºA) & TANIA CALVELO MONTES (4ºB) 0  respostas correctas de  10

Toda a información sobre esta actividade no blog de inglés "ClickOnEnglish"


 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores