xoves, 22 de decembro de 2022


 Desexamos a toda a comunidade escolar do IES "RAFAEL DIESTE":
UNHAS BOAS FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!

FESTA DE NADAL 2022


Algunhas fotos das actividades de Nadal que levamos a cabo no último día lectivo de ano: decoracións das portas e as aulas de cada grupo, vestimentas e a representación dun conto de nadal que organizou a profesora de inglés Marta Rey Álvarez con alumnado dos seus grupos de 3ºESO.

 











PRÁCTICAS DE PING PONG CO XOGADOR-SELECCIONADOR MANUEL CASAS


 



Estas dúas últimas semanas o alumnado de 2° e 3° ESO tiveron a sorte de contar con Manuel Casas, xogador de Ping Pong e seleccionador para as Olimpiadas de Barcelona' 92, Atlanta '96 e Sidney 2000. Contounos a súa experiencia con este deporte, ao que estivo vinculado desde os 13 anos, e algúnos trucos para poñer en práctica nos torneos dos recreos. 

#departamentoeducaciónfísica #proxectodeportivodecentro

mércores, 21 de decembro de 2022

ABERTO PRAZO PARA PRESENTAR OFERTAS AO CONTRATO DE CONCESIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO NOSO CENTRO

 


Aberto prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do centro´.

Infórmase á comunidade educativa de que o prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do IES Plurilingüe Rafael Dieste comezou no día de hoxe e remata o 17 de xaneiro de 2023 ás 14.00 horas. Para mais información poden acceder a plataforma de contratos de Galicia. O lote correspondente á cafetería do centro é o número 2.

Para mais información poden acceder a plataforma de contratos de Galicia nesta ligazón: contratosdegalicia.gal/licitacion

venres, 9 de decembro de 2022

CONFERENCIA E ENTREVISTA EN RADIOFIESTRA POLO DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA



 

Tras a celebración, o 1 de decembro, do Día Mundial da Loita contra a SIDA, recibimos a Rubén e André, do Comité Antisida da Coruña (CASCO), para falarnos de prevención para evitar a infección por VIH. Ademais, tiveron a amabilidade de responder ás preguntas de Yacine, Andrés, Yanira e Juan Andrés (4ºC) nun novo programa de Radio Fiestra, que podedes escoitar neste enlace: ENTREVISTA CASCO
Mais información na súa web: cascocoruna.com


mércores, 7 de decembro de 2022

O POETA JUAN BESADA FALA DO SEU NOVO LIBRO EN RADIOFIESTRA


 "Teito de ferro" e o título da última novela de Juan Besada e tivemos o privilexio de que falara dela na nosa radio. Unha conversa relaxada e moi interesante con alumnado de 2º de bacharelato serviu para afondarnos nas súas lembranzas da man de Sinde, unha das protagonistas. Esta muller fala co seu neto de seu pasado: o levantamento nacional en Santiago, as horas de traballo e de inquedanza. Juan Besada acércanos ao seu xeito de falar de nós e de quen somos.

luns, 5 de decembro de 2022

A ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ DE VISITA NO NOSO INSTITUTO



A escritora Antía Yáñez visitounos o pasado xoves 1 de decembro. A autora de "O Misterio de Portomarín", falou co alumnado de 1ª da ESO no Salón de Actos do instituto. 
Tivo un momentiño para pasar pola biblioteca onde temos varios exemplares da súa obra asignados por ela.




 

venres, 2 de decembro de 2022

I TORNEO DE TENIS DE MESA "RAFAEL DIESTE" 3º E 4º ESO


 Despois do éxito do torneo para 1º e 2º ESO, a semana que ven comenza o de 3º e 4º ESO. O horario dos partidos atópase na cortiza, ao carón da porta do ximnasio.  Disfrutádeo!

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores