martes, 25 de abril de 2023

RECOLLIDA TÍTULOS ESO E BAC PROMOCIÓN 2021

 


O alumnado de ESO e Bacharelato que rematou no curso 2020-2021 pode recoller o seu título correspondente na Secretaría do instituto.



venres, 21 de abril de 2023

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" PRACTICA ESCALADA




 




Tamén ao longo desta semana, alumnado de 1º de ESO e 1ºBAC tiveron a oportunidade de practicar escalada no rocódromo municipal de Riazor nas clases de educación física.

xoves, 20 de abril de 2023

CHARLA SOBRE CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN ANTE O TERRORISMO E AS SÚAS CONSECUENCIAS



Hoxe o alumnado de 4ºESO e Filosofía do Dereito de 2ºBAC asistiron a unha charla para a concienciación e sensibilización ante o terrorismo e as súas consecuencias, en especial, poñendo o foco nas víctimas do terrorismo.

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" PRACTICA ESGRIMA



 Estas dúas últimas semanas o alumnado de 2° e 4°ESO estiveron "en garda"  grazas a Yann e Marcos do clube "Esgrima Atlántico", nas clases de educación física.

martes, 18 de abril de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: CHARLA-COLOQUIO CON ALFONSO GÓMEZ CRUZ, ALCALDE DE XENEBRA (SUIZA)








Por cuestións de axenda, hoxe tivemos unha última actividade que se incluiría dentro da Semana Cultural 2023. Tratouse da oportunidade de contar no noso instituto cun alcalde dunha cidade europea. Hoxe estivo charlando co noso alumnado o galego Alfonso Gómez Cruz, orixinario de Corme (A Coruña), que na actualidade é o alcalde da cidade suiza de Xenebra
Falounos da realidade dunha ciudade europea actual cos seus problemas, realidades e posibles solucións desde o punto de vista da sostenibilidade e a ecoloxía pola súa militancia no partido dos Verdes.
Debaixo a información na prensa local "El Ideal Gallego":


venres, 14 de abril de 2023

HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA VASCA EDURNE PORTELA












Hoxe visítounos a escritora vasca Edurne Portela que veu a falarnos da súa última novela "Maddi y las fronteras", contestando ás preguntas do alumnado de 1ºBAC.

Sinopse da novela:

Unha tarde de outono de 2021 Edurne Portela recibe unha chamada na que lle ofrecen unha serie de documentos históricos relacionados con María Josefa Sansberro, coñecida como Maddi, nada en Oiartzun en 1895 e que rexentara un hotel moi popular nos anos trinta do século XX aos pes do monte Larrún, na fronteira entre España e Francia. A primeira vista, Maddi xa se revela como unha muller inquietante e chea de contradiccións, que traspasou moitas fronteiras tanto físicas como morais: contrabandista e mugalari, fervente católica e divorciada, muller sen fillos e nai, servidora dos nazis e axente da Resistencia. A autora acepta o reto de meterse de cheo neses documentos e, a partir de aí, imaxinar a Maddi: a súa voz e a súa mirada, os seus desexos e anhelos, os seus motivos e razóns, os seus afectos.

   Así se escribe "Maddi y las fronteras", unha novela sobre unha muller que non se axustaba ás convenciones da súa época, que cruzou todas as liñas vermellas, unha muller que fixo o que ninguén esperaba dela.






martes, 11 de abril de 2023

INFORMACION RECURSO DE REPOSICION BOLSAS DE ESTUDO CONVOCATORIA XERAL 22/23

 


 

Aqueles que teñan a bolsa denegada, non estean nas

listaxes, clicando no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html 

ou non estean dacordo cocontía teñen aberta

posibilidade de interpoñer un recurso de reposición.


PRAZO DE PRESENTACION RECURSO REPOSICION BOLSAS 22/23 CONVOCATORIA XERAL:

 

 04/04/2023 ao 03/05/2023.

 


ONDE PRESENTAR RECURSO DIRIXIDO A SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO?

 

UNIDADE

  •  

ENDEREZO

REXISTRO

  • •.Estado 

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION FP e  UNIVERSIDADE. (Xunta-A CORUÑA)

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos

Seccion  de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

  • •.Concellos 

  • •.Xunta 

  • •.Outros órganos Administrativos 

SERVIZO DE CORREOS

  • •.Ordinario 

  • •.Cerrtificado (Sempre e cando queira ter constancia do seu envío) 

TELEMATICO

 

 

PARA DESCARGAR IMPRESO DO RECURSO CLICAR NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.becasalestudio.com/wp-content/uploads/2014/06/ModeloRecursoReposicionBecas2021.pdf

NO GOOGLE:

ESCRIBINDO: Recurso de reposicion becas MEC e clicando na entrada: 

RECURSO DE REPOSICIÓN

BECAS EUROLINGUA 2023


 Estas bolsas que van x pola sua 10ª convocatoria, constan de duas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluido, dirixido a estudiantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 


Toda a información da convocatoria está na seguinte ligazón: Becas Eurolingua
  • oprograma está becado ao 100% e inclúe:
  • Programa de 20 clases de inglés semanáis.
  • Material didáctico.
  • Aloxamiento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Teléfono de emerxencia 24hr.
  • Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son:
  • Idade mínima 14 años.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudios: ESO, Bachillerato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluidos).
  • Ter nacionalidade de calqueira país da UE.
 

O prazo de solicitude para esta bolsa finaliza o 19 de abril.

Entre outros organismos oficiales, a  Xunta de Galicia publica no seu portal educativo a convocatoria:

martes, 4 de abril de 2023

HOMECOMING 2023 (ACTUALIZADO + FOTOS E GAÑADORES)


AND THIS YEAR'S WINNERS ARE:
3ºESO-C
Congratulations!!!
(...e os gañadores deste ano son 3ºESO-C. Parabéns!)

Fotos da actividade TRIVIAL QUIZ:




Fotos da actividade do TALENT SHOW:



















Fotos da JIMKANA:




Fotos de profes:


Sara Wade, unha das organizadoras, ao ser a auxiliar de conversa este curso.



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores