Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de maio de 2025

Obradoiro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva


O alumnado de 1° de bacharelato asistiu a unha charla/obradoiro no noso centro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva.

O profesor da UDC, Francisco Alonso Tajes, explicounos as actualizacións sobre o programa de prevención de lesións e o protocolo de actuación ante as mesmas.

A través da práctica entendemos como funciona a plataforma de presións e a información que nos achega sobre a funcionalidade dos nosos pés.






martes, 30 de xaneiro de 2024

Obradoiro sobre prevención de violencia de xénero




O martes 29 de xaneiro de 2024 un grupo de alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Rafael Dieste recibiu formación para instalar e xestionar un punto violeta no instituto. Neste obradoiro, ofertado polo concello, tratáronse temas como que facer para detectar situacións de risco, red flags, como acompañar e onde acudir.

O obxectivo do curso é crear un grupo de xente voluntaria que impulse un espazo violeta ao que calquera persoa poida acudir no caso de precisalo.

martes, 5 de decembro de 2023

OBRADOIRO SOBRE A RADIO ESCOLAR





Esta semana PONTE NAS ONDAS estivo no instituto para impartir un obradoiro sobre radio escolar. Alumnado e profesorado sentáronse diante dun micro, elaboraron unha escaleta, editaron con Audacity para aprender a utilizar esta ferramenta dentro e fora da aula.

luns, 1 de febreiro de 2021

OBRADOIROS DE FORMACIÓN DA RADIO NA ESCOLA NO "RAFAEL DIESTE"


Ao longo da semana pasada tiveron lugar as xornadas de formación de radio na escola para alumnado da ESO e profesorado. Durante 4 días algúns grupos de alumnado da ESO e os seus profesores e profesoras  aprenderon como se fai un programa de radio escolar e como podemos utilizalo para traballar nas distintas materias, na biblioteca, mediación etc..
A formación estivo impartida por Lucia Rodriguez, da asociación AGARESO (Asociación galega de reporteros solidarios). Estes cursos son unha iniciativa da de Biblioteca do Instituto.
A actividade tamén tivo difusión na prensa local:



[Foto e ligazón ao artigo en "La Opinión A Coruña"]

Podedes escoitar os programas nesta ligazón: Programas de RadioFiestra
 

xoves, 4 de abril de 2019

"EUROPEAN MARITIME DAY 2019" NO 'RAFAEL DIESTE'

Participamos no  Bring European Maritime Day to your country unha actividade para concienciar sobre o problema do plástico no mar.
A conferencia do Día Marítimo Europeo 2019 levarase a cabo en Lisboa, Portugal. Pero son moitos os distintos eventos que se desenvolverán en distintas localidades de toda Europa e no noso país.


venres, 8 de febreiro de 2019

SEMANA "A CIENCIA TEN NOME DE MULLER" NO 'RAFAEL DIESTE'


O Departamento de Ciencias e a Biblioteca do IES "Rafael Dieste" conmemora o 11 de febreiro coa "Semana da Muller e a Nena na Ciencia", que inclúe, como podedes ver no cartel anunciador charlas, proxección de películas, exposicións, xogos e observación do ceo entre o 11 e 15 de febreiro. Nestas ligazóns tedes un resumo das actividades:

- RESUMO ACTIVIDADES 11-F
- OLIMPIADA XEOLOXÍA 2019

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.

A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos.

Ademáis, por outra banda, os días 11 e 18 de febrero os 1º da ESO do IES Rafael Dieste visitaremos a Casa das CienciasVisitaremos o planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, astronomía,…

luns, 10 de decembro de 2018

A VIDA E A MEMORIA DO BARRIO DE LABAÑOU


O xoves 13 de decembro terá lugar o obradoiro “A vida da memoria de Labañou en vídeo” , organizado pola Asociación de Veciños Francisco Rodríguez Otero (Labañou), quen propón este obradoiro co obxectivo de que a propia veciñanza conte as historias do  barrio e así axudar a que memoria do barrio quede en vídeo.


Máis información no facebook da Asociación
Para inscribirse poñerse en contacto coa Asociación de veciños no mail avvfro@yahoo.es ou a través do WhatsApp 623015957.

mércores, 2 de maio de 2018

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' EN PRÁCTICAS NA 'DOMUS'



O alumnado de 4º ESO e Bacharelato realizaron durante o mes de abril  Prácticas na Domus;  nos seus laboratorios abertos
As prácticas son posibles grazas a colaboración dos Museos Científicos Coruñeses e a páxina de biomedicina Xplore Health relacionada con Irsicaixa

luns, 4 de decembro de 2017

OBRADOIRO DE RAP NO "RAFAEL DIESTE"

O pasado xoves 30 de novembro, o alumnado de 3ºESO do noso instituto participou dun Obradoiro de Rap. 
Aquí vos deixamos un video dun momento do acto.


Video Obradoiro de Rap @ IES "Rafael Dieste":


martes, 31 de outubro de 2017

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA SETEMBRO-OUTUBRO 2017


O Departamento de Bioloxía do IES "RAFAEL DIESTE" leva xa varias actividades no que levamos de curso. 

1) WORLD BIOTECH TOUR NA DOMUS

O día 29 de setembro, o alumnado de 4º de ESO de bioloxía e xeoloxía asistiu na DOMUS ao Festival World Biotech Tour O festival na Domus, os e as embaixadoras (trece alumnos e alumnas de cinco institutos galegos que traballaron en diversos proxectos de biotecnoloxía, coa colaboración de empresas e entidades relacionadas con ese ámbito científico) presentarán ao público os seus proxectos. Ademais celebraronse talleres sobre biotecnoloxía para todos os públicos.








2) CHARLA DE CARLOS SERRA "BURBULLAS NO CEREBRO"

O día 10 de Octubro os alumnos de 2º de bacharelato de bioloxía escoitaron a interesante exposición de Carlos Sierra, investigador en Columbia University, Nova York. 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores