venres, 21 de decembro de 2018

O IES 'RAFAEL DIESTE' DESÉXAVOS...

unhas moi FELICES FESTAS
e un próspero ANO 2019!!

Desde o I.E.S. Rafael Dieste queremos desexaros unhas felices festas e un próspero aninovo con esta postal elaborada por una alumna de 1º ESO do noso centro.

ENTREGA BOLETÍNS 1ª AVALIACIÓN ESO E 1ºBAC


HOXE
ENTREGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 1ª AVALIACIÓN
DO ALUMNADO DE ESO E 1ºBAC

xoves, 20 de decembro de 2018

PATINAXE PARA O ALUMNADO DE 1ºESO


Esta mañá o noso alumnado de 1ºESO foron en dúas tandas a patinar sobre xeo nas pistas instaladas nestas datas en Marineda.
E polo que podemos ver, disfrutaron...


PARABÉNS PARA ELISA MARTÍNEZ VIDAL

Outra nova felicitación para outra alumna do noso instituto. Esta vez é para:
ELISA MARTÍNEZ VIDAL (3ºESO) 
que acadou o 7º lugar na Copa do Mundo de Burgos de M20 de Esgrima clásificandose para un vindeiro Campionato Mundial Junior en Polonia en abril 2019.


Foto Víctor Echave para 'La Opinión' de A Coruña. 
Actualizamos cunha ligazón a un artigo de prensa en 'La Opinión' de A Coruña 21/01/2019:

"Quédame moito por diante, pero eu véxome nos Xogos Olímpicos"



mércores, 19 de decembro de 2018

PREMIO PARA ROSALÍA BLANCO BLANCO

Queremos felicitar á nosa alumna
ROSALÍA BLANCO BLANCO (2ºBAC) que ven de obter o
PREMIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL
que concede a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Parabéns, Rosalía!

martes, 18 de decembro de 2018

POR LAURA LUELMO, DEP

Hoxe martes 18 de decembro
 ás 12:05h, 
faremos un minuto de silencio 
pola profesora Laura Luelmo.
Por un 2019 no que cada nena e muller 
que sae da súa casa,
poida voltar sa e salva.

I DÍA MUS-E GALICIA, CURSO 2018-19 "SoñArte"


O pasado martes 11, celebramos o Día MUS-E 2018-19 no Centro Cívico de Os Mallos, con todos os centros participantes no Proxecto MUS-E na comarca de A Coruña: o noso centro, os CEIPs "San Pedro de Visma", "Raquel Camacho" e "Ría do Burgo".
Primeiramente proxectouse un video sobre Yehudi Menuhin e falaron os representantes das dúas fundacións: a de Menuhin e Paideia e tamén representantes do Concello.

Video:




A coreografía do alumnado de IES 'Rafael Dieste, de camisetas vermellas e almofadas blancas.





Alumnado do CEIP "Raquel Camacho" coas camisetas azuis.





Alumnado do CEIP "Ría do Burgo"



Alumnado do CEIP "San Pedro de Visma"

+ info na ligazón á páxina web da Fundación Yehudi Menuhin AQUÍ.

luns, 17 de decembro de 2018

O 'RAFAEL DIESTE' VOLVE A COLABORAR CO BANCO DE ALIMENTOS "RÍAS ALTAS", UN ANO MÁIS


Estimadas familias: O instituto, como forma de colaborar con aquelas persoas que están en situacións difíciles, volve a organizar de novo este ano a campaña solidaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña. 
Pode participar toda a comunidade educativa e consiste en aportar UN QUILO ou UN LITRO (ou máis) de calquera alimento NON PERECEDOIRO como: Leite, galletas, cacao, latas de conserva, café, sal, aceite, legumes, arroz, fariña…ou similares e material hixiénico coma xel, maquinillas de afeitar, champú…
As vosas aportacións pódense depositar nos contedores que se atopan na entrada do centro ata o día 21 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración e BO NADAL 

A Dirección

luns, 10 de decembro de 2018

A VIDA E A MEMORIA DO BARRIO DE LABAÑOU


O xoves 13 de decembro terá lugar o obradoiro “A vida da memoria de Labañou en vídeo” , organizado pola Asociación de Veciños Francisco Rodríguez Otero (Labañou), quen propón este obradoiro co obxectivo de que a propia veciñanza conte as historias do  barrio e así axudar a que memoria do barrio quede en vídeo.


Máis información no facebook da Asociación
Para inscribirse poñerse en contacto coa Asociación de veciños no mail avvfro@yahoo.es ou a través do WhatsApp 623015957.

martes, 4 de decembro de 2018

1º AVALIACIÓN DE ESO E 1ºBAC E ENTREGA DE NOTAS

Informamos que:

PRIMEIRA AVALIACIÓN de ESO e 1ºBAC 

serán os vindeiros LUNS 17 e MÉRCORES 19 de DECEMBRO

Os boletíns de calificacións serán entregados por cada titor

VENRES 21 de DECEMBRO no segundo recreo nas aulas da súa titoría..

ENTREGA BOLETÍNS 1ª AVALIACIÓN 2ºBAC


HOXE
ENTREGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 1ª AVALIACIÓN
DO ALUMNADO DE 2ºBAC

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores