venres, 22 de decembro de 2023

mércores, 20 de decembro de 2023

DÚAS PROFESORAS DO "RAFAEL DIESTE" PARTICIPARON NO PROGRAMA PIALE EN CANADÁ



O pasado mes de novembro as profesoras Isabel Viña Vilas, do departamento de inglés, e Leticia Ogando López, do departamento de Educación Física, realizaron unha actividade de integración en Canadá, unha estadía de catro semanas na cidade de Toronto, dentro do programa PIALE da Consellería de Cultura e Educación da @Xunta de Galicia.



Isabel integrouse no George Brown College @goergebrowncollege, no departamento de ESL (Inglés como segunda lingua), en distintos módulos de inglés con fins académicos (EAP) [fotos superiores] e Leticia integrouse na vida académica do Jarvis Collegiate Institute @jarviscc_ , un centro de educación secundaria no centro da cidade [fotos a continuación].




Gracias a hospitalidade dos docentes destes dous centros puideron mellorar a súa competencia lingüística, afondar na metodoloxía do sistema educativo canadense e importar boas prácticas no ensino de linguas estranxeiras.
#PIALE #formacionprofesoradosecundaria #IESRafaelDieste #English#CLIL #Physical Education

martes, 19 de decembro de 2023

Visita ao CIFP Someso

 



O pasado 18 de decembro, alumnado de 4º de ESO realizou unha visita ao CIFP Someso para coñecer a oferta de ciclos formativos do centro.

luns, 18 de decembro de 2023

Visita ao CIFP Ánxel Casal

 




O pasado 15 de decembro, alumnado de 4º de ESO realizou unha visita ao CIFP Ánxel Casal - Monte Alto para coñecer a oferta de ciclos formativos do centro.

sábado, 16 de decembro de 2023

CHARLAS DO IGFAE




O venres 15 de decembro tivemos no instituto dúas charlas do programa de  Charlas Divulgativas do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizadas desde os departamentos de Física e Química e de Bioloxía.  

A primeira correu a cargo de Pablo Cabanelas Eiras que veunos falar da : Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica. Pablo explicou desde que é a radioactividade ata as aplicacións médicas desta. 


A segunda charla da mañá foi impartida por  Víctor Pérez Pardo do IGFAE que veunos falar da orixe do Universo, o seu desenvolvemento, desde os primeiros e cruzáis segundos ata a formación das galaxias… e a nosa Terra.  Título: Que aconteceu despois do Big Bang.



xoves, 14 de decembro de 2023

"EN IMITANT PRÉVERT", VIDEO POEMAS EN FRANCÉS

Presentamos tres videos elaborados por alumnado de 1ºBAC de Francés nunha actividade chamada ""EN IMITANT PRÉVERT" ("Imitando a Prevert") consistente en facer video poemas.

CHARLA ÓSCAR HUERTAS ROSALES: “CONOCERSE A UNO MISMO ERA ESTO”




O martes 12 de decembro desde o Club de Ciencias xestionouse a charla no instituto para o alumnado de 2º de bacharelato de bioloxía a Óscar Huertas Rosales, para dar unha charla de xenética.

Conocerse a uno mismo era esto”

A charla versou desde Mendel, Darwin… hasta os útimos avances en secuenciación e caracterizacións e edición xénica. Tamén houbo tempo para dar mensaxes como: a ciencia é unha empresa de todos e todas -é unha disciplina colectiva-, a saúde mental depende da xenética, pero hai que coidala e incluso para repartir algún regaliño.

Óscar é técnico de comunicación e divulgación científica no CICA onde fai unha labor de contar á sociedade no que neste centro traballase e investiga. 

Actualmente atópase a traballar nun proxecto de saúde mental para adolescentes MenteScopia

Pero Óscar non só traballa achegando a ciencia do CICA, tamén é un incansable divulgador en todos os momentos e en todas as partes onde se preste a gozar da ciencia con ledicia e non menos rigor. É director executivo de Laniakea (empresa de comunicación e divulgación científica) e presidente de Hablando de Ciencia (proxecto e plataforma de divulgación científica)

O seu labor de divulgación fíxolle colaborar en varios libros e moitos artigos de ciencia en revistas especializadas. 


mércores, 13 de decembro de 2023

AGASALLA EN VERDE


 

Agasalla en verde

Celebremos este Nadal por todo o alto, con agasallos para todo o mundo e sen gastar un euro!! É importante consumir de xeito responsable sempre, tamén nestas datas. Por iso propoñemos ao alumnado:

1. Trae da casa algo que estea en boas condicións e non uses.

2. Lévao no primeiro recreo ao Espazo Seguro e dállo ao profe que estea alÍ.

3. Datas: Dende o xoves 14 de decembro ata o martes 19 de decembro

3. O xoves 21 terás o teu agasallo-sorpresa!!!

Un saúdo!!

Organiza: varios Departamentos e mais a BIblioteca propoñemos está actividade sobre consumo responsable para estas datas.

martes, 12 de decembro de 2023

LES RÈGLES Á RESPECTER AU LYCÉE "RAFAEL DIESTE"


O alumnado de francés de 4ºESO, coa profesora Montse Orjales, elaboraron este video coas regras a respetar no noso instituto.

luns, 11 de decembro de 2023

MENTES INQUIETAS: EXPLORANDO O MUNDO DE HOXE DESDE A PERSPECTIVA DE 3ºESO


Neste curso 2023-2024 no IES Rafael Dieste iniciamos un novo programa de radio: "MENTES INQUIETAS". Trátase dun amplo conxunto de podcast realizados polo alumnado que cursa 3º ESO no que analizan a actualidade, os temas máis candentes do noso presente.
Desde a materia de Xeografía e Historia mergullámonos no mundo que nos rodea. Temas como os Estados, os sistemas de goberno, a globalización económica e ecolóxica, os sectores produtivos e os fenómenos migratorios, forman parte do mundo no que vivimos. Os alumnos e alumnas de 3º ESO exploran a actualidade desde a súa perspectiva mediante charlas, entrevistas e debates. Un novo
proxecto ilusionante para as nosas mentes inquedas!
Ligazón para escoitar os podcasts AQUÍ: MENTES INQUIETAS-RADIO

EXPOSICIÓN: LUGARES PARA SOÑAR



 


Unha exposición realizada polo alumnado de 1º ESO sobre lugares maravillosos do noso planeta.

Desde unha exótica praia a unhas illas paradisíacas, pasando por unha gran cordilleira, un fermoso val ou unha espectacular fervenza. Estes e moitos máis foron os recunchos elixidos polos rapaces e rapazas de 1º ESO neste traballo de xeografía.

Desta maneira exploramos lugares descoñecidos que nos gustaría contemplar ou son espazos que visitamos no pasado e gardamos nas nosas lembranzas.

E ti? Que lugar desexas visitar?

É unha actividade realizada en colaboración polo Departamento de Historia e a Biblioteca.




martes, 5 de decembro de 2023

OBRADOIRO SOBRE A RADIO ESCOLAR





Esta semana PONTE NAS ONDAS estivo no instituto para impartir un obradoiro sobre radio escolar. Alumnado e profesorado sentáronse diante dun micro, elaboraron unha escaleta, editaron con Audacity para aprender a utilizar esta ferramenta dentro e fora da aula.

venres, 1 de decembro de 2023

AQUÍ TAMÉN SE FALA! +


 Moi boa tarde compañeiras, 

despois da excelente acollida que tivemos coas accións do curso pasado, no IES Rafael Dieste lanzamos unha nova campaña de Dinamización que se estenderá por diversos centros da faixa atlántica, mais a participación fica aberta para quen se quixer sumar! 

Traemos 4 cousas novas (de momento) para este ano: 

1) Estreamos unha web propia na que iremos anunciando novidades e ampliando seccións

2) Sumamos a forza dos IES de Mos, IES da Illa de Arousa, IES de Coruxo, IES Luís Seoane e CIFP Universidade Laboral na colaboración co IES Rafael Dieste.

3) Creamos a sección #aquítaménseCANTA que inauguramos con Lucía Aldao! Serán pequenos concertos acústicos cos que entramos no mundo da gravación para espallar cultura galega nas redes, como podedes ver no video mais abaixo.

4) Alén da web estamos en youtube, tiktok e instagram @aquitaménsefala.  

E non é todo. Porque en moi pouco tempo sairán aínda novas colaboracións con institucións e empresas que irán anunciando nas redes, a carón dunha sección de entrevistas e outra con breves vídeos realizados por referentes culturais e deportivos animando a usar a lingua galega.

 

Finalmente, un convite á participación co que animan a calquera centro que desexe participar no proxecto contactando previamente co instituto coruñés en calquera das redes sociais de @aquítaménsefala.

Agradécese se o podedes compartir e seguir!

Moito obrigado, 
Alberto Pombo

Aquí tamén se fala! 

Video sesión 1 con Lucía Aldao. Lucía Aldao, do proxecto poético-musical AldaoLado, chega ao IES Rafael Dieste para inaugurar unha nova sección que desenvolvemos desde o colectivo #AquíTaménSeFala para a promoción da música galega. Gravación ao vivo realizada no 28 de novembro de 2023 no auditorio do IES Rafael Dieste (A Coruña) por Oli Rivas, Raúl Martínez, Darío Oliva, Noa Tajes, Martín Pastor, Gonzalo Cedeño e Román Rojo (membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega).

xoves, 30 de novembro de 2023

ACTIVIDADES DO ALUMNADO EN RELACIÓN CO 25-N


 Dende o 25-N, houbo diferentes actividades por e para o alumnado en torno á comemoración do 25-N en contra da violencia machista: 

Alumnado voluntario de 4º ESO impartiu charlas en 1º e 2ª ESO sobre  a escaleira cíclica da violencia de xénero en la adolescencia. (foto superior)

Alumndo de 4º e 3º ESO comenzaron un obradoiro sobre prevención de violencia de xénero. (fotos que seguen a continuación).

Un equipo de médicos de 1º ESO pasaron polas clases de Bacharelato facendo tests de machismo e receitando Igualdina, a medicina para recuperar a igualdade. Non ten efectos secundarios. (fotos que seguen a continuación)








IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores