martes, 30 de xaneiro de 2024

Obradoiro sobre prevención de violencia de xénero




O martes 29 de xaneiro de 2024 un grupo de alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Rafael Dieste recibiu formación para instalar e xestionar un punto violeta no instituto. Neste obradoiro, ofertado polo concello, tratáronse temas como que facer para detectar situacións de risco, red flags, como acompañar e onde acudir.

O obxectivo do curso é crear un grupo de xente voluntaria que impulse un espazo violeta ao que calquera persoa poida acudir no caso de precisalo.

Recital de poesía día da Paz

 



O centro celebrou o día da Paz cun recital de poesía no que participou alumnado de todos os niveis educativos.

xoves, 25 de xaneiro de 2024

Xornada de portas abertas xoves 1 de febreiro de 2024

O IES Plurilingüe Rafael Dieste convida ás familias e ao alumnado da cidade a unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro o vindeiro xoves 1 de febreiro ás 17:00 horas, no salón de actos do instituto. Non é preciso confirmar asistencia.

En caso de non poder asistir, é posible concertar unha cita a través do enderezo ies.rafael.dieste@edu.xunta.gal.

Haberá unha segunda xornada entre a última semana de febreiro e a primeira de marzo da que tamén se informará.

martes, 23 de xaneiro de 2024

O grupo DiverXentes explica nas clases da ESO a importancia do respecto aos demais


Alumnado voluntario do grupo DiverXentes está a pasar polas diferentes clases de educación secundaria para amosar con datos e estatísticas a situación coa que nos atopamos respecto á tolerancia e ao apoio afectivo-sexual. O alumnado dos diferentes niveis de ESO tivo a oportunidade de formular preguntas sobre o tema.

luns, 22 de xaneiro de 2024

"AQUÍ TAMÉN SE FALA" PROMOCIONADO NA TVG


 

Esta tarde realizaouse unha entrevista de promoción do proxecto "Aquí tamén se fala galego" en directo dentro do programa da TVG, "Quen anda aí?".

O profesor Arcadio González, coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, con outra profesora e alumnado participante, falaron do proxecto que dende o noso instituto xa se espallou por máis de 160 centros educativos do país e do video viral de Viggo Mortensen.

Tamén apareceu no TELEXORNAL de TVE de Galicia do 17/1/2024. Ver AQUÍ minuto 9.

Actividade de arte e ciencia no Centro Ágora

 


Alumnado de 1º de Bacharelato participou o 22 de xaneiro nunha actividade de arte e ciencia con Centro Ágora.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

Concerto didáctico no Palacio da Ópera

 



Alumnado de segundo e terceiro de ESO asistiu o 17 e o 19 de xaneiro a un concerto didáctico no Palacio da Ópera.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores