xoves, 31 de decembro de 2020

venres, 25 de decembro de 2020

JERUSALEMA CHALLENGE @ IES 'RAFAEL DIESTE' (CORUÑA) + GRANTON MIDDLE & HIGH SCHOOL (WISCONSIN): BO NADAL 2020

 


O Covid-19 arrebatounos os bicos e os abrazos pero non puido coa nosa capacidade de traballar xuntos contra esta pandemia.
Covid-19 stole our hugs and kisses but it couldn't steal our ability to work together against this pandemic.

Seguindo un mesmo ritmo, o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña) e o Granton Middle & High School (Wisconsin), queren enviar unha mensaxe de esperanza na loita contra o COVID-19. Agradecer ao alumnado, profesorado, persoal administrativo e de servizos pola súa colaboración na realización deste vídeo.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

xoves, 24 de decembro de 2020

ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' PREGUNTAN Á ASTROFÍSICA JOCELYN BELL



Alumnado do noso centro coordinados pola profesora Marisa Castiñeira tiveron a oportunidade, xunto a outros doutros institutos,  de facer preguntas á astrofísica norirlandesa Jocelyn Bell. Unha actividade organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses e conducida pola profesora de astrofísica da Universidade de Vigo, Ana Ulla. Neste video podedes ver a entrevista completa.

Video:

luns, 21 de decembro de 2020

ENTREGA CALIFICACIÓNS PRIMEIRA AVALIACIÓN ALUMNADO ESO E 1ºBAC


 

MAÑÁ MARTES
ENTREGARANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 1ª AVALIACIÓN
DO ALUMNADO DE ESO E 1ºBAC
DURANTE O RECREO 
O NA CLASE SE TEÑEN CO TITOR/A

mércores, 2 de decembro de 2020

ENTREGA CALIFICACIÓNS PRIMEIRA AVALIACIÓN 2ºBAC


 

HOXE ENTREGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 1ª AVALIACIÓN
DO ALUMNADO DE ESO E 2ºBAC
NO RECREO OU NA CLASE
SE TEÑEN CON TITOR/A

luns, 30 de novembro de 2020

CALENDARIO AVALIACIÓNS 2020-21


 1ª AVALIACIÓN

2º BAC: LUNS 30 NOVEMBRO.

Entrega boletíns: 2 Decembro

Cursos ESO e 1ºBAC: MÉRCORES 16, XOVES 17 e LUNS 21 DECEMBRO.

Entrega boletíns: 22 Decembro.

2ª AVALIACIÓN

2º BAC: MÉRCORES 3 MARZO.

Entrega boletíns: 3-4 Marzo

Cursos ESO e 1ºBAC: LUNS 22, MÉROCRES 24 e XOVES 25 MARZO.

Entrega boletíns: 26 Marzo

3ª AVALIACIÓN

2º BAC: en función das datas das probas ABAU.

Cursos ESO, 1ºBAC: MERCORES 23, XOVES 24* e 25 XUÑO.

Entrega boletíns: 28 Xuño

Extraordinaria de 2ºBAC: XOVES 24* XUÑO.

*dependendo se é festivo local. Comunicarase calquer variación sobre estas datas.

martes, 17 de novembro de 2020

INSTRUCCIÓNS DISTRIBUCIÓN MASCARILLAS


 Achegamos instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO 2020
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL: 30 DE NOVEMBRO 2020
RECLAMACIÓNS (2 DÍAS HÁBILES): 1 E 2 DE DECEMBRO 2020
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA: 4 DE DECEMBRO




MES DA CIENCIA EN GALEGO: VIDEOCONFERENCIA CON SONIA VILLAPOL SALGADO


 

Para celebrar o Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4ºESO do noso centro tiveron a oportunidade de realizar unha videoconferencia con Sonia Villapol Salgado investigadora no Texas Medical Center de Houston, Texas, que forma parte do equipo da investigación internacional da COVID-19. Hai que coñecer o virus para poder vencelo e só a ciencia nos rescatará da pandemia. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade efectiva.

Toda a información sobre esta actividade na ligazón ao blog Laboratorio de Ciencias (Marisa Castiñeira)


xoves, 5 de novembro de 2020

PRESENTACIÓN DAS TITORÍAS CURSO 2020-21


 Comprácenos convidar a todas as familias ás presentacións das titorías do curso 2020-21. Este curso, por razóns evidentes, non poden ser presenciais no centro. Serán telemáticas por video conferencia. 

As video conferencias faránse na plataforma Webex  (pode facerse a través da páxina web de Cisco Webex ou descargando a aplicación). Desde un ordenador é preciso auricular e micrófono, e recomendable cámara. Tamén pódese acceder co teléfono móbil mediante a app ou mediante chamada telefónica (sen imaxe). 

Para acceder á sala de reunión de cada titor, tedes o enlace WEBEX de cada titor na seguinte ligazón:


Deberedes utilizar a devandita ligazón na aplicación e no horario de cada nivel, que se inclúe a continuación.

  • Martes 17 - 19:00 h: 1º ESO 
  • Mércores 18
  • 19:00 h: 2º ESO
  • 19:30 h: 3º ESO e 4ºESO-A
  • Xoves 19   
  • 17:00: 2ºESO-C
  • 19:00 h: 4º ESO
  • 19:30: 1º e 2º BAC

venres, 30 de outubro de 2020

RECORDATORIO REGULAMENTO COVID


Facemos un recordatorio do protocolo a seguir:

 O alumnado non pode saír da aula nos cambios de clase, agás por un cambio de aula por algunha asignatura optativa. 

Non se pode ir ao baño sen permiso. Os baños teñen un aforo limitado e non se poden convertir nun punto de encontro. En caso de que, excepcionalemente, se permita ir ao baño ten que ser na hora de clase, sen afectar á seguinte.

Outro aspecto importante son os horarios de entrada e saída. Lémbrase que este curso soan diferentes timbres de entradas e saídas para evitar aglomeracións. 

Respectade os turnos de entrada e saída.


ENTRADA:

1º turno de entrada: 8:20 a 8:25: 3º ESO, 1º e 2º bacharelato

  • 8:20 h: soa o primeiro timbre para comezar a entrada de 3º ESO, 1º e 2º bacharelato. O resto do alumnado non debería entrar no recinto exterior ata o seguinte timbre.

2º turno de entrada: 8:25 a 8:30: 1º, 2º e 4º ESO.

  • 8:25 h: segundo timbre de entrada; comeza a entrada de 1º, 2º e 4º ESO, ata as 8:30 h.

    • O alumnado dos cursos anteriores (S3º, B1º e B2º) que non entrase no seu intervalo, debe esperar fóra do centro ata as 8:30 h, polo que, se chegan á aula despois desa hora deberá constar falta de puntualidade (temos que actuar así porque se están producindo aglomeracións debido a que o alumnado do primeiro turno non respecta o seu horario e debemos evitar que o alumnado entre cando non lle toca).

  • 8:30 h: terceiro timbre de entrada; finaliza a entrada por turnos. Entra o alumnado que chega tarde.

RECREOS: En total todo o alumnado ten 35’ de recreo, dos cales os 5 primeiros ou os 5 últimos son na aula co profesor correspondente.

  • 11:00 h: primeiro timbre de saída ao recreo, exclusivamente para o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO.

    • Os demais alumnos e alumnas deben permanecer co profesorado na aula e non saen ata que toque o segundo timbre (5 primeiros minutos de recreo na aula co mesmo profesor)

  • 11:05 h: segundo timbre nese momento sae 3ª ESO, 1º e 2º de BAC. 

  • 11:30 h: primeiro timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 1º, 2º e 4º. O profesorado debe ir con eles ás aulas a esa hora para abrilas.

    • Teñen 5’ máis de “recreo na aula” co profesor da hora seguinte. 

  • 11:35 h: segundo timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.

SAÍDA:

14:05 h: saída 1º, 2º e 4º ESO. O resto dos grupos poden comezar a recoller, pero non poden saír ata que soe o seguinte timbre.

14:10 h: saída de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.

É imperativo seguir este horario de xeito estricto para facilitar a circulación do alumnado.

O alumnado debe formar filas por grupos nas cabeceiras indicadas no chan. Cando as filas estean formadas, damos paso ao alumnado por grupos para que fagan unha entrada ordenada, respectando a distancia de seguridade e hixienizando as mans.

Deben respectar os turnos horarios. Se os do primeiro turno chegan no intervalo que non lle corresponde deberán esperar ás 8:30, aínda que xa entrara todo o alumnado do segundo turno. Se permitimos a entrada non os disuadiremos para próximas ocasión.

O alumnado debe sair ordeadamente en fila de un.

Tamén temos que comprobar que o alumnado do segundo turno (3º eso, 1º e 2º de bacharelato) saen despois do segundo timbre (14:10 ou 18:10 pola tarde). Se non fose así, o alumnado deberá voltar á aula.

RECREOS

Cada un ten asignada unha zona. En cada zona só pode haber alumnado dun nivel (cómpre vixiar que non circulen por outras zonas):

  • Zona lateral da pista: 1º ESO

  • Zona porta principal: 3º ESO

  • Zona posterior (detrás do ximnasio): 2º ESO

  • Zona posterior (detrás de tecnoloxía): 4º ESO

  • Os bacharelatos poden saír do recinto. Se deciden quedar, os de 2º de BAC poden estar na zona peonil do aparcadoiro e o de 1º no xardín que está baixo a pista.

En caso de inclementcia meteorolóxica, distribuirase deste xeito:

  • o alumnado de 3º ESO ao ximnasio.

  • o alumnado de 1º ESO ao patio interior (metade das aulas de 1º). Na outra metade estará o alumnado de 2º.

  • no 2ª andar, onde deberá permanecer o alumnado de 2º bac.

  • alumnado 4º, na planta baixa.

  • o alumnado de 1º bac deberá permanecer no 2º andar

O alumnado de diferentes niveis non pode xuntarse nos recreos, nin fóra da súa zona, o que será motivo de amonestación.

Debemos velar polo mantemento da distancia social, insistindo continuamente na separación entre alumnado. En ningún caso se permite o contacto entre eles.

Aparte do protocolo COVID, lémbrase tamén a prohibición do uso do móbil, agás por motivos pedagóxicos. O móbil debe estar apagado e non se debe exhibir. Calquera profesor pode e debe retirar o móbil se observa un uso indebido, e depositarao en Dirección.

venres, 2 de outubro de 2020

PLANO DE DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS NO CENTRO CURSO 2020-21


 Este curso por mor dos protocolos anti-Covid, a estructura de aulas de grupos do noso centro variou das aulas materia a aulas para cada un dos grupos de clase. Polo tanto o plano de distribución das clases que tiñamos exposto nas web para os cursos anteriores non vale. Incluimos aquí o plano de distribución de grupos válido para este curso.

xoves, 1 de outubro de 2020

TITORES POR GRUPOS E HORARIOS DE TITORÍAS CURSO 2020-21


 

1ºA MERCEDES GARROTE MARTÍN Mércores 10:10 a 11:00 
1ºB FLORENCIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ Xoves 9:20 a 10:00
1ºC XOSÉ IGNACIO COMESAÑA AGUILAR Venres 10:10 a 11:00
1ºD MARISA CASTIÑEIRA GARCÍA Xoves 10:10 a 11:00
1ºE CARLA BECERRA FERNÁNDEZ Mércores 10:00 a 11:00
2ºA CARMEN CORDAL RODRÍGUEZ Martes 12:25 a 13:15
2ºB JORGE VILÁ SAN CLAUDIO Luns 10:10 a 11:00
2ºC SILVIA RIESGO RAMA  Luns 10:00 a 11:00
2ºD CARMEN PEÑA YÁÑEZ  Venres 10:00 a 11:00
2ºE CARLOS LENS SAN MARTÍN  Xoves 11:35 a 12:25
3ºA MARIÑA FERNÁNDEZ Venres 12:25 a 13:15
3ºB J.M AGROMAYOR MIRA  Venres 10:10 a 11:00
3ºC BEGOÑA SANTAMARÍA Mércores 10:00 a 11:00
3ºD DORES CASTRO VILAR Xoves 10:10 a 11:00
4ºA NORMA FARIÑA COUSELO Martes 12:25 a 13:15
4ºB FRANCISCO ESCOLANTE MUJICO Luns 9:20 a 10:10
4ºC INMACULADA MATO MARTÍNEZ Luns 11:35 a 12:25
4ºD MARÍA LEMA MUIÑO Xoves 12:25 a 13:15
4ºE CRISTINA ÁLVAREZ LÓPEZ Venres 10:10 a 11:00
1ºBAC.A

 AIDA ANIEROS 

 XULIA GALLEGO

 Xoves 10:10 a 11:00

 Luns 12:25 a 13:15

1ºBAC.B

 BEGOÑA FANDIÑO

 CAROLINA MUIÑO

 Luns 11:35 a 12:25

 Xoves 11:35 a 12:25

 1ºBAC.C SUSANA CARNEIRO Xoves 11:35 a 12:25
 1ºBAC.D CARLOS BLANCO DAVILA Xoves 9:20 a 10:10
2ºBAC.A RAMÓN NEIRA TENREIRO  Martes  11:35 a 12:25
2ºBAC.B ELOI RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ Xoves 9:20 a 10:10
2ºBAC.C BEATRIZ CUESTA GARCÍA Martes 12:25 a 13:15
2ºBAC.D MAR NOCHE DOMEC Xoves 11:35 a 12:25


Nas reunións de titorías e outras comunicacións coas familias priorizarase a comunicación por teléfono ou videochamada e serán de xeito xeral con cita previa e por vía telefónica. De xeito excepcional e por requirimento do centro poderán facerse de xeito presencial na aula de titorías seguindo as medidas de seguridade e distancia, con e máscara e productos de limpeza de mans. A entrada das familias non coincidirá con saídas, recreos ou cambios de clase
Poden solicitar cita previa por medio do alumnado, por Abalar ou por teléfono. 
Todo o profesorado do centro, ainda que non sexa titor/a, tamén ten unha sesión no seu horario para a atención ás familias:

BRAVO DÍAZ, SANTIAGO - Mércores 12:25-13:15

CUIÑAS GARCÍA, ANA BEATRIZ - Luns 10:10-11:00

DE CAL CORTINA, MATILDE - Xoves 11:35-12:25

DIAZ BOCELO, LAURA - Venres 10:10-11:00

FANDIÑO LÓPEZ, Mª BEGOÑA - Mércores 12:30-13:20

FRAGA LÓPEZ, HILDA - Luns 10:10-11:00

GARCÍA ÁLVAREZ, RUTH - Venres 11:35-12:25

GARCÍA ESTÉVEZ, PEDRO - Luns 9:20-10:10

GESTAL MUIÑO, SANDRO - Mércores 10:10-11:00

GÓMEZ BAÑO, AMARA - Martes 10:10-11:00

LÓPEZ-SUEVOS HERNÁNDEZ, BEATRIZ - Luns 10:10-11:00

LOZANO PRIETO, ÁNGEL - Mércores 11:35-12:25

MÉNDEZ MUÑOZ, BELÉN - Venres 10:10-11:00

OGANDO LÓPEZ, LETICIA - Venres 10:10-11:00

PENA LEIRA, Mª CARMEN - Mércores 11:35-12:25

PÉREZ TORRES, LOURDES - Mércores 11:35-12:25

RÍOS LAURA - Venres 9:20-10:10

SANTOS LEDO, MANUEL - Luns 11:35-12:25

SEARA FERNÁNDEZ, Mª MAR - Mércores 11:35-12:25

SEBASTIÁN CALZADA, BLANCA - Mércores 11:35-12:25

TORRES COLLAZO, MANUEL - Venres 9:20-10:10

TRILLO BLANCO, Purificación - Martes 10:10-11:00

VILA GONZÁLEZ, JOSÉ MANUEL - Martes 11:35-12:25


domingo, 27 de setembro de 2020

PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID-19 E PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21


 

Achegamos ligazón para acceder ao Plan de Adaptación á Situación COVID-19 do IES "Rafael Dieste" para o curso 2020-21 do que foi informado o Consello Escolar o pasado 21 de setembro. Neste documento se especifican todas as adaptacións de espazos, persoal, tarefas e medidas que deben terse en conta ante esta nova situación.

Ligazóns: 

PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID CURSO 2020-21.

- PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21


xoves, 24 de setembro de 2020

PETICIÓNS DE CAMBIO DE OPTATIVAS, VALIDACIÓNS OU EXENCIÓNS


 Ata o día 1 de outubro, o alumnado pode solicitar cambio de optativas, validacións e exencións  en Administración. Mentres non se resolvan débese continuar na materia en que se está matriculado. 

O venres 2 ou luns 5 de outubro publicarase na ventá de Administración a listaxe de cambios concedidos.

mércores, 23 de setembro de 2020

IMPRESO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA


Incluimos a ligazón para poder descargar e imprimir o impreso para a xustificación das faltas de asistencia. Neste impreso veñen consignados os distintos posibles motivos da falta e nos casos nos que deberá vir acompañado dun xustificante oficial.

martes, 22 de setembro de 2020

ADEUS AO NOSO AMIGO JOAQUÍN


Lamentamos ter que comunicar a triste noticia do falecemento do noso compañeiro Joaquín Vázquez. Histórico membro da nosa comunidade educativa porque foi o noso conserxe dende o primeiro día que abriu o instituto, donde tamén residía.

Unha forte aperta para a súa familia. DEP

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021


 Calendario escolar curso 2020-21. Sinalados os días festivos e vacacións e as datas previstas das avaliacións. A estes hai que engadir dous festivos. Un é o 7 de outubro, que este curso é festivo local na cidade. O segundo é:
DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CLAUSTRO: 
MARTES 18 MAIO 2021
ademáis o 19- MARZO é festivo autonómico, ainda que non apareza sinalado no calendario.

luns, 21 de setembro de 2020

IMPORTANTE!! PLAN DE ACOLLIDA DO 'RAFAEL DIESTE'

 


É MOI IMPORTANTE QUE FAMILIAS E ALUMNADO ESTEAN INFORMADOS SOBRE ESTE PLAN.

Nas Instrucións do 30 de xullo 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establécense as medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato coa finalidade de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o curso 2019/2020. 

Para cumprir coas disposicións legais, o equipo directivo elabora o presente Programa de acollida que se desenvolverá nas dúas primeiras semanas do curso, previa presentación ao Consello Escolar do centro, e onde se recolle a organización de actividades globalizadas e se informa dos aspectos requiridos: 

a) Novas normas de organización e funcionamento do centro. 

b) Actuacións de prevención, hixiene e protección. 

c) Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial. 

d) Atención aos aspectos emocionais e sociais, mediante a realización de actividades grupais de acollida e cohesión. 

Tras a súa elaboración, o equipo directivo procede á súa presentación no Consello Escolar extraordinario celebrado o día 21 de setembro de 2020.

Aquí tedes a ligazón ao texto completo do PLAN DE ACOLLIDA

Incluimos algúns cadros resume do plan:

1) PORTAS DE ACCESO SEGÚN NIVEIS:



2) Información xeral sobre recreos, uso de espazos, acceso e circulación polo centro:






HORARIOS DAS PRESENTACIÓNS DE GRUPOS CURSO 2020-2021

Seguindo as instruccións da Consellería as presentacións do curso 2020-21 faranse en tres días:
- mércores 23 de setembro: 1º e 2º de ESO e 1º BAC
- xoves 24 de setembro: 3ºESO e 2ºBAC
- venres 25 de setembro: 4ºESO
A distribución do alumnado por grupos estará exposta a partir do luns no taboleiro de secretaría e enviarase a través de Abalar Móbil con esta mesma información.
O alumnado de cada grupo deberá presentarse no exterior da porta que lle corresponde onde estará a titora ou o titor asignado, quen os acompañará a súa aula.
As clases comenzarán con normalidade o mesmo día da presentación, logo de reunión de presentación cos titores.
Debaixo tedes ligazóns a arquivos PDF de:
- este mesmo horario de presentacións
- a distribución de alumnado por grupos con DNI semioculto.







 

luns, 14 de setembro de 2020

CALENDARIO PROBAS ABAU SETEMBRO 2020


 Recordatorio das datas para a realización das probas da ABAU esta semana. para o alumnado de 2ºBAC que tivo que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro 

mércores, 9 de setembro de 2020

CURSO 20-21: CONFIRMAMOS O MESMO HORARIO DE CLASES


Ante informacións aparecidas en medios de comunicación locais, como a que se inclúe, a Dirección do centro quere desmentir que o IES 'Rafael Dieste' vaia ter clases en turnos de mañá e tarde. Confirmamos que o horario do centro será o mesmo de sempre cun único recreo durante a mañá.

venres, 31 de xullo de 2020

A NOSA ALUMNA RAQUEL TORRES DÍAZ, UNHA DAS 10 MELLORES CALIFICACIÓNS NAS ABAU 2020 DA CIDADE


Foto: coruna.gal (web do Concello)


Esta mañá a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, recibíu no pazo de María Pita aos estudantes da cidade que acadaron as mellores calificacións nas probas ABAU 2020. Una vez mais, unha das nosas alumnas está entre eles. Trátase de RAQUEL TORRES DÍAZ, alumna de 2ºBAC-B durante o curso 2019-20.
Parabéns para todos eles e moi especialmente para a nosa alumna Raquel e a súa familia. Moita sorte no futuro!

Esta información na web do Concello: AQUÍ

venres, 10 de xullo de 2020

AVISO ALUMNADO CULTURA CLÁSICA 3ºESO PARA SETEMBRO 2020


 O alumnado que teña pendente CULTURA CLÁSICA de 3ºde ESO deberedes preparar durante o verán os seguintes exercicios do aula virtual:
-Tema 1: Grecia 1 e Grecia 5
-Tema 2: Roma 1 e Roma 2
-Tema 3: Historia 1, Historia 2 e  Historia 3
-Tema 4: Historia 1, Historia 2 e Historia 3
Ademáis deberedes preparar un vídeo no que contedes a historia dun deus olímpico grego con imáxes e, a ser posible, música. 
En setembro teredes que acudir á hora e aula asignada a Cultura Clásica de 4º para confirmar que tedes feitas as tarefas e entregarme nun pendrive o vídeo do deus.
Para cualqueira dúbida podedes escribirme ao correo matigr@edu.xunta.es"

venres, 26 de xuño de 2020

AVISO DEPARTAMENTO DEBUXO SETEMBRO 2020


O alumnado con algunha materia  EPVeA ou Debuxo Técnico do departamento suspensa, deberá realizar os traballos colgados na Aula virtual do IES, no curso: DEBUXO SETEMBRO 2020, este curso estará aberto a partir do 1 de xullo. 
Calibración nota setembro: prácticas 30%+ exame70%.
Observacións: Se non se poidera realizar o exame, os traballos serían o 100% da nota da avaliación extraordinaria.

xoves, 25 de xuño de 2020

PLAN PROXECTA CIDADANÍA DIXITAL



Cidadanía Dixital é unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía. O noso instituto desenvolveu este proxecto ao longo deste curso 2019-20 dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,  dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros.
Os departamentos de Lingua Galega e Música colaboraron para desenvolver este traballo integrado na aula e propoñendo estratexias, persoais e colectivas, para xestionar un uso consciente, responsable e transformador da tecnoloxía dixital.
O obxectivo deste Plan Proxecta de Cidadanía Dixital é que é que os propios alumnos tomen conciencia do seu papel ante a tecnoloxía e se convertan en prescritores para outros compañeiros.
Despois do visionado do documental Super Size Me, comparamos os nutrientes da comida lixo (graxa, azúcar e sal) cos “nutrientes” das redes sociais: auto-promoción, popularidade e éxito. Formulamos un decálogo de onde vemos mentiras ou manipulación nas redes. Estes decálogos foron feitos por cada grupo de alumnos de 4º ESO D e presentados nos grupos de 1º ESO e nunha clase de 2° en horas de clase de galego no segundo trimestre, entre xaneiro e febrero. 

O que vemos neste vídeo é un ensaio previo á exposición, unha dramatización do que supón compartir tod@s a comida e o espazo e o ben comúns e o que supón acaparar os alimentos como metáfora do acaparamento e beneficio privado nas redes sociais.

Video:

venres, 19 de xuño de 2020

PRAZOS ADMISIÓN CICLOS MEDIO E SUPERIOR FP

Veñen de publicarse na páxina da Consellería os procedementos de prazos de admisión a Ciclos de FP Medios e Superiores. (Do 25 de xuño ao 8 de xullo). Toda a información nas ligazóns seguintes:

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

ESCRITORES QUE VISITARON O 'RAFAEL DIESTE' NO CURSO 2019-20

José Ovejero
Paloma González Rubio
Fernando Lalana
Marisol Ortiz de Zárate

No día que rematamos o curso e ante a falta de moitas actividades, (ainda que durante a cuarentena tamén tivemos algunha de forma virtual) recopilamos todos os escritores que nos visitaron ao longo deste curso. Actividades todas elas organizadas pola nosa biblioteca en conxunto cos departamentos de lingua castelá e galega. Así recibimos a: Antía Yáñez, Marisol Ortiz de Zárate, Fernando Lalana, Paloma González Rubio, Alfredo G. Cerdá, José Ovejero,  Xurxo Souto ademáis da homenaxe que lle fixemos a Pilar Pallarés da que xa informamos aquí.

Con Antía Yáñez (arriba) e Xurxo Souto (abaixo) o alumnado de 2ºBAC e 1ºBAC respectivamente realizaron uns roteiros literario-culturais pola nosa cidade.



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores