mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ 2019 NO 'RAFAEL DIESTE'


Como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día da PAZ no 'Rafael Dieste' e como xa anunciáramos están colgados no patio central carteis que nos recordan o día, hai carteis alusivos nas portas das aulas, o mesmo que está exposto no caballete á entrada da biblioteca. Tamén na biblioteca expóñense carteis con citas de personalidades relativas ao tema. Nas sesións de titoría abordarase o tema de convivencia no centro, e hoxe escoitaranse cancións sobre esta temática nos recreos.
Todas estas actividades foron propostas polo Equipo de Biblioteca.

luns, 28 de xaneiro de 2019

CHARLA CONCERTO CO GRUPO ZËNZAR


O mércores 23 de xaneiro o alumnado de 3° de ESO asistiu a unha charla-concerto do grupo Zënzar.  A actividade tivo lugar no Ágora e foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do instituto.


venres, 25 de xaneiro de 2019

DANDO A COÑECER VOCABULARIO GALEGO


Hoxe queremos presentarvos uns videos feitos polo noso alumnado de 4ºESO nos que dan a coñecer palabras exclusivamente galegas.

Videos:


mércores, 23 de xaneiro de 2019

CONMEMORANDO O DÍA DA PAZ 2019

Como todos os cursos o vindeiro 30 de xaneiro conmemoraremos o DÍA DA PAZ.
Todos os anos o equipo da biblioteca prepara unha serie de actividades para traballar o tema.

Este curso haberá


- CONCURSO DE MICRORRELATOS*.

- SESIÓNS DE TITORÍAS DE SECUNDARIA.

- ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN.

Todo con máis detalle nesta ligazón AQUÍ.











*A temática do concurso de microrelatos será A PAZ.
Os textos terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen contar o título. O texto será orixinal, inédito e non presentado a ningún outro concurso con anterioridade.
O alumnado entregará o microrrelato que presente a concurso ao seu titor/a que o fará chegar ao equipo da biblioteca. 
prazo de presentación será entre o mércores 23 ata o 30 de xaneiro.
O xurado do concurso estará composto por un ou dous profesores do equipo da bibliotecca e un alumno/a do grupo de mediadores do centro. 
O fallo farase público o venres 8 de febreiro.
Haberá premios en dúas categorías:- CATEGORÍA A (1º e 2º ESO).  - CATEGORÍA B ( 3º, 4º ESO e 1º, 2ºBAC)
Primeiro premio: un libro de valor apoximado de 20€ e un segundo premio: un libro de valor aproximado de 15€, para cada unha das categorías, respectivamente.

luns, 21 de xaneiro de 2019

CLUBES DE LECTURA DO 'RAFAEL DIESTE'


Queremos salientar hoxe nesta entrada unha das actividades que máis éxito está a ter nos últimos cursos no noso instituto: o CLUB DE LECTURA.

O proxecto Club de Lectura "O TRASNO NA REDE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 8 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2018-2019 temos en funcionamento:
- 19 grupos: 2 de 1ºESO, 4 de 2ºESO, 3 de 3ºESO, 2 de 4ºESO, 4 en 1ºBAC e 4 en 2ºBAC. O que implica:
- 17 profesores (2 deles levan 2 clubes). 11 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de orientación e 1 de persoal de administración.
- 193 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos.
- Información sobre o club pode consultarse no seu propio blog: O trasno na rede.
- As actividades do club inclúen: visitas, roteiros pola cidade, contacontos, invitacións a profesores e outras persoas a participar, visitas a bibliotecas, asistencia a obras de teatro, conexión con outros clubes de lectura (grupo DADO), visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...

martes, 15 de xaneiro de 2019

"ADEUS, CAPITÁN WALTON", O NOVO LIBRO DE MIGUEL MATO


O vindeiro venres 18 de xaneiro ás 20h, o antiguo profesor de galego do noso instituto Miguel Mato, presentará o súa nova novela "ADEUS, CAPITÁN WALTON", na Librería "MOITO CONTO" na rúa San Andrés na nosa cidade. Parece que tamén quere facer unha presentación próximamente no instituto.

luns, 14 de xaneiro de 2019

SEMANA BRANCA "RAFAEL DIESTE" 2019


O grupo de alumnado do "Rafael Dieste" participante na Semana Branca 2019 xa está esquiando en La Massana, Andorra. Estarán alí toda esta semana. Son principalmente de 2º e 3º da ESO.

[Nota: Todo o alumnado que asiste a esta actividade, ten xustificada a falta de asistencia durante toda a semana. Cada titor ten a lista do alumnado que vai do seu grupo].

venres, 11 de xaneiro de 2019

CALENDARIO DO PRIMEIRO PARCIAL DE PENDENTES XANEIRO 2019









PLAN DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

ESO: O alumnado con materias pendentes seguirá o plan de actividades elaborado polo profesor que lle imparte docencia no curso actual ou polo Xefe do Departamento correspondente, se é o caso dunha asignatura que non ten continuidade no curso superior. LEVARÁN CALIFICACIÓN NOS BOLETÍNS DAS AVALIACIÓNS ORDINARIAS*.

*Agás algún departamento que teña contemplada outra decisión. Ver programación de pendentes nos Departamentos que teñan diferencias.

BACHARELATO: O alumnado de 2ºBAC con materias pendentes deberá presentarse a dous exames en xaneiro e maio.

Enlace: calendario primeiro parcial de pendentes XANEIRO 2019
(*Agás Filosofía 15-Xaneiro e Francés 8-Febreiro)

Segundo parcial e final para Bacharelato (e *ESO de ser o caso) en MAIO 2019 en datas por determinar.



mércores, 9 de xaneiro de 2019

RESULTADO DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2018 PARA "RÍAS ALTAS"


Queremos informar dende a Dirección do instituto do resultado da campaña de recollida de alimentos que convocamos antes das vacacións de Nadal para o Banco de Alimentos "Rías Altas" de A Coruña. Este ano recollimos un total de 76,900 kgs de distintos productos alimenticios como podedes ver especificados na foto superior. Igualmente aproveitamos para agradecer toda a vosa colaboración nesta iniciativa. Moitas grazas.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores