Amosando publicacións coa etiqueta Filosofía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Filosofía. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de abril de 2025

“Amor de auga lixeira” Premio Imaxina 2024-25


“Amor de auga lixeira” gaña o Premio Imaxina 2024-25 do Concello da Coruña, na categoría de Compromiso social, polo traballo de reivindicación e recuperación do patrimonio que supoñen as fontes.

Neste proxecto colaboraron sete departamentos do centro: Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Lingua Galega, Filosofía, Tecnoloxía, EDLG e Física e Química.

Parabéns a todas as persoas que participaron, e en especial ao alumnado que defendeu o proxecto: Mencía López, Evelyn Miranda, Martín Calviño e Natalia Hurtado.






luns, 17 de marzo de 2025

Dobre premio para Román Rojo: Filosofía e Poesía

Celebramos este mes os dous galardóns que recibiu o noso alumno Román Rojo Campaña, de 1º de Bacharelato: gañador da Olimpíada Filosófica en disertación e o primeiro accésit do Minerva de poesía.

Parabéns Román!

sábado, 21 de setembro de 2024

Comeza o curso e… os Clubs de Encontros

Na cortiza xunto á biblioteca están anunciados os Clubs de Encontros que se desenvolverán este curso. Son clubs orientados tanto ao alumnado como profesorado e persoal do centro que teña interese en asistir durante un recreo á semana ou, no caso do Club de xadrez, un recreo cada quince días.

Os clubs son moi variados, ademais do de xadrez (que coordinará Jesús Escariz), volven o club de Lingua de signos (que levará Cristina Rubio, a nosa auxiliar de signos), os Encontros electrónicos (que levará Seila Vázquez), ademais do club de debate (levado por Arcadio González).

Na cortiza xunto á porta da biblioteca tedes un cartel para apuntarvos. Están pendentes os horarios que faremos en función das persoas que desexen asistir e das persoas que os impartirán.

Animádevos!!






venres, 15 de marzo de 2024

Primeiro premio na Olimpíada Filosófica de Galicia

Onte tivo lugar a final galega da Olimpíada Filosófica. Como sempre, foi na Universidade de Filosofía en Santiago de Compostela. A cuestión proposta este curso foi "que é ocio?".

A alumna Marian Artahona, de 4º ESO, defendeu de xeito admirable o seu traballo na modalidade de fotografía filosófica e acadou o Primeiro Premio de Galicia. A final nacional será en abril en Bilbao. Noraboa, Marian!!!

sábado, 24 de febreiro de 2024

O instituto participa na Olimpíada filosófica de Galicia



Un curso máis, alumnado do instituto acode á Olimpíada filosófica de Galicia. Nesta ocasión a cuestión que nos propoñen é unha reflexión sobre que é o ocio. Alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato presentáronse nas modalidades de fotografía, dilema e disertación. O día 1 de marzo publicaranse os nomes das persioas seleccionadas para a final galega. Sorte a todos e todas!!

xoves, 20 de abril de 2023

CHARLA SOBRE CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN ANTE O TERRORISMO E AS SÚAS CONSECUENCIAS



Hoxe o alumnado de 4ºESO e Filosofía do Dereito de 2ºBAC asistiron a unha charla para a concienciación e sensibilización ante o terrorismo e as súas consecuencias, en especial, poñendo o foco nas víctimas do terrorismo.

xoves, 30 de marzo de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: CHARLA DE NEUROCIENCIA CO BIÓLOGO E DOUTOR EN CIENCIAS BIOLÓXICAS XURXO MARIÑO ALONSO




O xoves 30 de marzo o departamento de Filosofía organizou unha charla de neurociencia: Unha viaxe á máquina da mente, impartida por Xurxo Mariño Alonso.

Xurxo Mariño Alfonso, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico 
 Ademais da súa carreira como investigador, profesor e divulgador científico, cultiva outros intereses como a programación informática, a xeoloxía, a paleoantropoloxía, a astronomía, a filosofía da ciencia e é un gran fotógrafo.   

XIII SEMANA CULTURAL: MÁIS ACTIVIDADES SOBRE AS CIDADES


 1) Ruta de "SALTO NO TEMPO"


2) Caixas: "DE QUE ESTÁN FEITAS AS CIDADES?"


3) PUZZLES DE CIDADES

4) MINIVIDEOS:

5) Varias exposicións preparadas polas distintas asignaturas: Ciencias, historia, libros na biblioteca, lingua e literatura, grego...





As cidades e a literatura:








7) FANZINE DE ATENAS:


8) INFOGRAFÍAS DE CIDADES



luns, 23 de xaneiro de 2023

ALUMNADO NOSO NA OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2023


O pasado venres 20 de xaneiro, alumnado de Bacharelato do noso centro estiveron en Santiago na Olimpíada Filosófica de Galicia. 
Tiago e María Mariño, de 2º de bacharaleto, e Angélica, Elís e Martín Golán, de 1º, participaron na Olimpiada filosófica que este curso se centraba no tema da migración, xustiza e globalización. Moita sorte a todos eles!!

xoves, 19 de xaneiro de 2023

martes, 11 de outubro de 2022

VISITA Á EXPOSICIÓN "MORE THAN HUMAN" DE A FUNDACIÓN


 
O alumnado de 4º da ESO de Filosofía visitou a pasada semana a exposición "More Than Human" organizada por A Fundación. Nesta actividade o alumnado fixo un recorrido dende os primeiros soños de crear vida artificial, como o Golem, pasando pola computadora Enigma ata a tecnoloxía actual e os retos ante os que nos sitúa: pode a intelixencia artificial sustituir ao ser humano?

venres, 30 de setembro de 2022

CONFERENCIA ONLINE DE NICK VUJICIC


 Esta mañá o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir á conferencia online de Nick Vujicic.

Nicholas James Vujicic (Melbourne, 4 de decembro de 1982) é un orador motivacional australiano. Director de Life Without Limits, unha organización para persoas con discapacidades físicas. El sufre o síndrome de tetraamelia, o que provocou que lle falten as cuatro extremidades.

Vujicic é un conferenciante que viaxa por todo o mundo contando a súa experiencia de vida, impartindo mensaxes de motivación e superación desde o seu punto de vista e hoxe o noso alumnado terá a posibilidade de escoitalo, xa que se atopa de xira por España.

venres, 18 de marzo de 2022

TATIANA GARCÍA MEJÍA REPRESENTA AO NOSO INSTITUTO NA OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA


 Efectivamente, esta alumna de 4ºESO presentouse á modalidade de dilema moral que este curso plantea a cuestión Transhumanismo, mellora o final da especie humana? No seu desenvolvemento Tatiana propón varias respostas para esta pregunta, analiza as consecuencias das distintas posibilidades, tira das consecuencias que de cada unha dela se derivaría e, finalmente, decídese por unha de elas. E por suposto, explícanos porque e trata de convencernos de que sabe o que elixe.

O día 7 de abrir terá lugar a defensa do seu traballo. Faise de xeito presencial e diante dun xurado composto por profesorado de Secundaria e da Facultade. Será remitido en streaming.

Noraboa, Tatiana!!



martes, 18 de febreiro de 2020

A NOSA ALUMNA NOA LUTIER FINALISTA NA VII OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA


Este curso o IES Rafael Dieste participa por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia. Este certame, que xa vai pola VII edición, ten varias modalidades  de participación segundo o curso e os intereses do alumnado e profesorado: Dilema moral, disertación, curtametraxe e fotografía.
Cada ano, os organizadores suxiren un tema diferente en torno ao que pensar. Este curso a Olimpíada propuxo un temazo: O poder dos mitos.
Pois ben, a alumna Noa Lutier, de 1º Bac A, foi seleccionada na modalidade de fotografía para representar ao noso centro na final autonómica.  Esta cita que terá lugar o próximo xoves 20 de febreiro, reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final. Noa defenderá o seu traballo diante dun numeroso público entre o que se atopan, como non, os seus compañeiros e compañeiras de clase.
A proposta de Noa é  moi persoal. A autora propón  unha reflexión chea de contrapuntos entre a vida cambiante e os mitos inmóbiles, entre o que somos e o que queremos ser, entre o individual e o colectivo, todo isto mediatizado polo poder dos mitos como narracións que dan sentido ao noso mundo, que nos liberan ou nos limitan. 
Moita sorte Noa, aínda que non a necesitas!!

mércores, 21 de febreiro de 2018

VISITA AO MAC: EXPOSICIÓN LITA CABELLUT "TESTIMONIO"

O alumnado de 1ºBAC participou nunha actividade organizada polo Departamento de Filosofía, que consistíu nunha visita ao MAC (Museo de Arte Contemporáneo) para ver a Exposición de Lita Cabellut "TESTIMONIO".
Aquí incluímos fotos da visita de onte dun dos grupos e das obras expostas.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores