martes, 29 de marzo de 2022

XII SEMANA CULTURAL/A SAÚDE: CONFERENCIA DO PSIQUIATRA LUIS FERRER I BALSEBRE, "O IMPACTO DAS CRISIS NO PSIQUISMO HUMANO"



 
Alumnado de 2ºBAC asistiron hoxe a conferencia do psiquiatra e psicoterapeuta Luís Ferrer i Balsebre dentro das actividades da Semana Cultural 2022, para tratar o tema de "O impacto da crise no psiquismo humán".






luns, 28 de marzo de 2022

XII SEMANA CULTURAL 2022: A SAÚDE


 Arrancamos un curso máis a nosa Semana Cultural, esta vez dedicada A SAÚDE. Son xa doce edicións, doce cursos (só interrumpido o ano do confinamento) en que todo o instituto traballa sobre un mesmo tema dende cada unha das asignaturas. Preparamos actividades, visitas, charlas, conferencias, exposicións... e o iremos recollendo todo no blog da nosa biblioteca que é a organizadora e coordinadora de todo o traballo:

xoves, 24 de marzo de 2022

CONCERTOS NO PAZO DA ÓPERA PARA ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE"

Alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron a sendos concertos no Pazo da Ópera de A Coruña, nunha actividade preparada polo Departamento de Música.
 

martes, 22 de marzo de 2022

A ESCRITORA GALEGA ANTÍA YÁÑEZ VISITA O "RAFAEL DIESTE"



 O Departamento de Galego organiza para mañá mércores 23 a visita da escritora Antía Yáñez. Esta escritora galega nacida en Burela. É enxeñeira de camiños, pero nunca exerceu como tal,​ traballa nunha academia,​ e imparte fora dela distintas actividades para rapaces, algunhas literarias​ e outras sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero​ o que compaxina coa escritura e a participación en encontros literarios.

Algunhas das súas obras son de xénero infantil; na primera, O misterio de Portomarín, está ambientada no entorno do seu pobo natal, e nela teñen importancia tanto a comunidade caboverdiana, como o Torque de Burela.

No 2018 publicou a novela Senlleiras, xa dirixida a un público máis adulto, na que se narra a investigación duns crimes e a violencia de género en dúas historias separadas no tempo.​




venres, 18 de marzo de 2022

TATIANA GARCÍA MEJÍA REPRESENTA AO NOSO INSTITUTO NA OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA


 Efectivamente, esta alumna de 4ºESO presentouse á modalidade de dilema moral que este curso plantea a cuestión Transhumanismo, mellora o final da especie humana? No seu desenvolvemento Tatiana propón varias respostas para esta pregunta, analiza as consecuencias das distintas posibilidades, tira das consecuencias que de cada unha dela se derivaría e, finalmente, decídese por unha de elas. E por suposto, explícanos porque e trata de convencernos de que sabe o que elixe.

O día 7 de abrir terá lugar a defensa do seu traballo. Faise de xeito presencial e diante dun xurado composto por profesorado de Secundaria e da Facultade. Será remitido en streaming.

Noraboa, Tatiana!!



COMUNICACIÓN OFICIAL SOBRE USO DE MÁSCARAS NOS ESPAZOS AO AIRE LIBRE NOS CENTROS EDUCATIVOS


 

xoves, 17 de marzo de 2022

XORNADAS DE FORMACIÓN DE RADIO CON AGARESO


O alumnado de 4ºESO comenzou hoxe cunha serie de xornadas de formación sobre radio colaborativa. Igual que o curso pasado, os talleres son impartidos pola asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Os grupos aprenderan como se fai un programa de radio: como locutar, elaborar unha escaleta, gravar un podcast... Nesta ocasión farán unha entrevista online a dous activistas no mundo LGTBIQ+




mércores, 9 de marzo de 2022

ACTOS DO 8-M 2022: DÍA DA MULLER NO 'RAFAEL DIESTE"


 A actividade proposta este curso xirou en torno ao relato Las medias rojas de Emilia Pardo Bazán. No instituto mostramos o noso apoio á causa da muller con medias e calcetíns vermellos e fixemos unha exposición coas fotos dos participantes.

Ademais, a Biblioteca propón unha serie de libros informativos sobre o feminismo e os logros na loita pola igualdade. Podes atopalos todos na sección de novidades.







Presentación das fotos da actividade "LAS MEDIAS ROJAS":

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores