sábado, 21 de decembro de 2019

INAUGURACIÓN DE "RADIOFIESTRA" COA ENTREVISTA A PILAR PALLARÉS


O pasado xoves inauguramos as emisións de "RADIOFIESTRA" cunha convidada moi especial. Aproveitando o acto de homenaxe á Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019, no noso instituto fixémoslle unha entrevista na nosa nova emisora.


A partir de agora, poderes acceder aos programas de "RadioFiestra" na ligazón que teremos no Blogue da Biblioteca "ArquivosDoTrasno" picando neste icono na columna dereita  :


Versión da entrada @ ArquivosDoTrasno

venres, 20 de decembro de 2019

xoves, 19 de decembro de 2019

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019, DE VISITA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


A coordinadora de Biblioteca Matilde de  Cal na presentación do acto de homenaxe.

Pilar Pallarés entre os profesores de galego César Morán (esquerda) e o Xefe de Departamento de Galego do noso centro Eloi Rodríguez (dereita).


Hoxe, dentro das homenaxes que cada curso facemos dende a nosa Biblioteca a distintos autores galegos, recibimos este ano á Premio Nacional de Poesía 2019, PILAR PALLARÉS. Veciña da nosa cidade e que tamén foi profesora de instituto.

Alumnado de 4ºESO, 1º e 2ºBAC acudirán ao salón de actos para escoitar unha presentación sobre esta autora e o recitado de poesías por parte dalgún alumnado, e tamén a interpretación cantada dalgún poema seu por parte de César Morán. E por último, a propia Pilar falará para todos nos.

É a primeira vez que recibimos en vivo á persoa que homenaxeamos e doblemente nun ano no que foi premiada con tan importante galardón.

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

mércores, 18 de decembro de 2019

PROXECTO DEPORTIVO 2019: MAIS PRÁCTICA DE ESGRIMA DO ALUMNADO DO DIESTE





Esta semana o alumnado da ESO está realizando unha práctica no Clube Esgrima Coruña ubicado nas instalacións da Casa da Auga. Elisa Martínez, alumna de 4° ESO e campiona de España fixo de anfitriona do seu clube.

martes, 17 de decembro de 2019

CALENDARIO PRIMEIRO PARCIAL ALUMNADO CON ASIGNATURAS PENDENTES XANEIRO 2020

O alumnado con materias pendentes desenvolverá o plan de actividades elaborado polo profesorado que lle imparte docencia no curso actual ou polo Xefe/a do Departamento correspondente. 
Nas materias que se fai parcial de xaneiro seguirase o presente calendario.

BACHARELATO e ESO* (*de ser o caso): Parcial 1–XANEIRO 2020 

Martes 21
18:15-19:15 Tecnoloxía - TIC

Luns 27 
16:30 -17:30 Matemáticas
17.30 -18.30 Lingua Galega

Mércores 29 
16:30 -17:30 Física e Química
17.30 -18.30 Xeografía e Historia

Xoves 30  
16:30 -17:30 Inglés* (*so alumnado 1ºBAC Pendente)

Segundo parcial e final para Bacharelato (e *ESO de ser o caso) en MAIO 2020 en datas por determinar.


luns, 16 de decembro de 2019

XA CHEGOU O NADAL AO 'RAFAEL DIESTE'

BO NADAL E UN PRÓSPERO 2020
PARA TODA A COMUNIDADE ESCOLAR
DO IES 'RAFAEL DIESTE'



O "Rafael Dieste" xa luce ambiente de Nadal para a útlima semana de clases antes das vacacións.






























domingo, 15 de decembro de 2019

A NOSA RADIO XA TEN NOME: "RADIOFIESTRA"


Xa temos nome para a nosa radio: 

"RADIOFIESTRA"

De todas as suxestións que recibimos, está é a selecionada. O seu autor, SERGIO POUSADA, de 1º de Bacharelato C lémbranos coa súa  proposta que unha das principais obras do escritor Rafael Dieste titulase "A Fiestra Valdeira".

Grazas a todos e todas pola participación!

Mesma entrada @ ArquivosDoTrasno

mércores, 11 de decembro de 2019

PARABÉNS PARA DANIEL BASCOY NIÓN E TODO O CLAUSTRO DE PROFESORADO DO CENTRO

Achegamos a carta cos parabéns do Director  Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, pola obtención do premio de ESO ao esforzo e á superación persoal por parte do noso ex-alumno Daniel Bascoy Nión.

Parabéns ao alumno Daniel Bascoy Nión, a todo o claustro de profesores e engadimos ao persoal de coidadores que tiveron relación directa con este alumno.

martes, 10 de decembro de 2019

PROBAS GRATUÍTAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA (NIVEIS B1/B2/C1) PARA O ALUMNADO DOS CENTROS PLURILINGÜES


A Consellería de Educación ven de convocar, nunha primeira fase, para o alumnado que cursa os seus estudos de 4º de Educación Secundaria dentro do programa plurilingüe nos centros educativos incorporados á Rede de Centros Plurilingües ás probas para acreditar o Nivel B1, Nivel B2 ou Nivel C1 de competencia lingüística, en lingua inglesa.

Estas probas realizaranse nos centros docentes que se determinen, nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, 

o sábado 15 de febreiro de 2020 en horario de mañá

As probas orais realizaranse entre o 10 e o 14 de febreiro con posibilidade de continuar nos días 17 e o 21 de febreiro de 2020, se fose preciso, en horarios que se concretarán para cada persoa candidata.

A participación nestas probas é de carácter voluntario. O alumnado decidirá, coa orientación do seu profesorado, o nivel ao que se quere presentar (B1, B2 ou C1).

A inscrición do alumnado aspirante será gratuíta e o alumnado deberá apuntarse ata o

luns 16 de decembro.


O alumnado interesado deberá inscribirse nunha lista que terá o profesorado de inglés que imparte en 4ºESO.

Para o alumnado de BAC haberá unha posible matrícula nunha segunda fase posterior.

Información sobre o formato dos exames @ ClickOnEnglish

xoves, 5 de decembro de 2019

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores