xoves, 30 de marzo de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: CHARLA DE NEUROCIENCIA CO BIÓLOGO E DOUTOR EN CIENCIAS BIOLÓXICAS XURXO MARIÑO ALONSO




O xoves 30 de marzo o departamento de Filosofía organizou unha charla de neurociencia: Unha viaxe á máquina da mente, impartida por Xurxo Mariño Alonso.

Xurxo Mariño Alfonso, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico 
 Ademais da súa carreira como investigador, profesor e divulgador científico, cultiva outros intereses como a programación informática, a xeoloxía, a paleoantropoloxía, a astronomía, a filosofía da ciencia e é un gran fotógrafo.   

XIII SEMANA CULTURAL: TRABALLOS ARTÍSTICOS SOBRE A CORUÑA


 




No patio central están expostos os traballos artísticos feitos polo alumnado do centro nas clases de debuxo de lugares icónicos da nosa cidade.

XIII SEMANA CULTURAL: CITIES IN ENGLISH



 Na asignatura de inglés, recopilouse información sobre cidades nese idioma: información xeral, cancións con nomes de cidades no título, videos en inglés sobre diferentes cidades, capitales de nacións do Reino Unido e a República de Irlanda. Todo o podedes ver nesta ligazón: CITIES

CONVOCATORIA BECAS MEC CURSO 2023-24

 


No BOE do 17 de marzo de 2023 está publicado o Extracto da Resolución de 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeneral para o curso académico 2023-2024, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios:

- LIGAZÓN BECAS MEC 2023-24 (Anuncio no BOE)

- INFORMACIÓN SOBRE BECA

Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude tanto para alumnos que se encontren cursando ensinanzas universitarias como para os que se encontren cursando ensinanzas postobligatorias (bacharelato e FP) e superiores non universitarias. O prazo de solicitude será do 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023  ambos inclusive.

XIII SEMANA CULTURAL: MÁIS ACTIVIDADES SOBRE AS CIDADES


 1) Ruta de "SALTO NO TEMPO"


2) Caixas: "DE QUE ESTÁN FEITAS AS CIDADES?"


3) PUZZLES DE CIDADES

4) MINIVIDEOS:

5) Varias exposicións preparadas polas distintas asignaturas: Ciencias, historia, libros na biblioteca, lingua e literatura, grego...





As cidades e a literatura:








7) FANZINE DE ATENAS:


8) INFOGRAFÍAS DE CIDADES



mércores, 29 de marzo de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: PRESENTACIÓN DO LIBRO "FEMINISMO E ARTE URBANA EN GALICIA"





Esta mañá e dentro das actividades da XIII Semana Cultural o alumnado de 1ºBAC poido asistir á presentación do libro "FEMINISMO E ARTE URBANA EN GALICIA". Un libro que recolle as experiencias das mulleres no mundo do graffitti e como derribar os muros do xénero neste ámbito.

A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, a través da Área de Cultura, e en colaboración co Servizo de Cultura da Deputación da Coruña, pública o libro Elas toman os muros.
Colaboraron no contido: 7H Cooperativa Cultural.

Ademáis a muralista Laura Romero pintou nunha das paredes exteriores do noso instituto antes da presentación.




XIII SEMANA CULTURAL: EXPOSICIÓN "A CIDADE E O TEMPO"



Exposición de antiguas fotos da cidade da Coruña, recopiladas polo alumnado, que conforman unha exposición para comprobar como cambio a cidade e os seus habitantes co paso do tempo.

martes, 28 de marzo de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: CONFERENCIA DO DOUTOR EN ARQUITECTURA ANTONIO AMADO



Dentro das actividades da XVIII Semana Cultural sobre "A CIDADE", hoxe contamos coa presencia do Doutor en Arquitectura da E.T.S de Arquitectura da Coruña, ANTONIO AMADO LORENZO quen impartíu unha charla sobre o modernismo na arquitectura da nosa cidade: "A CADA TEMPO A SÚA ARQUITECTURA. O MODERNISMO CORUÑÉS".

Asistíu o alumnado de 2ºBAC.

+ info: Antonio Amado Lorenzo

luns, 27 de marzo de 2023

XIII SEMANA CULTURAL: VIDEOS DO DEPARTAMENTO DE HISTORIA


 Achegamos videos realizados polo Departamento de Historia en distintas clases:

-2ºESO-A: Reporteiros viaxeiros- "Cidades do Mundo".


2ºESO-D: Na mesma actividade aproveitamos para poñer Unha viaxe cara o románico, no marco de Cidades e patrimonio. Este foi un vídeo-reportaxe co que colaborou o grupo de 2º ESO D en 21 Días en galego e +. 
Pero tamén quedaba ben no marco das cidades e o seu patrimonio, neste caso. 

XIII SEMANA CULTURAL: VILLES EN FRANÇAIS


 Unha actividade organizada polo Departamento de Francés dentro da Semana Cultural para o alumnado de 1ºESO con cancións e videos en francés sobre distintas cidades francesas.

XIII SEMANA CULTURAL 2023: "A CIDADE"


 

Hoxe arrancamos a nosa XVIII Semana Cultural 2023 que vai sobre A CIDADE.

Moitos traballos do alumnado e actividades en torno as cidades terán lugar no noso instituto ao longo da semana.

Estas son as actividades previstas:



venres, 24 de marzo de 2023

CHARLAS SOBRE DIVERSIDADE DE "ALAS CORUÑA"


 Os pasados 21 e 22 de marzo, dous técnicos da asociación ALAS A Coruña viñeron impartir obradoiros sobre diversidade afectivo-sexual ao alumnado de 2º ESO e aos membros de DiverXentes.


A INFLUENCER ACTIVISTA AFROPODEROSSA VISITA O 'RAFAEL DIESTE'



Afropoderossa para os seus seguidores, Perla para quen a coñece, influencer que arrasa en TikTok e Instagram, visitounos para falarnos das súas vivencias como activista antirracista, feminista e antihomófona. Fíxonos en 50 minutos unha radiografía dos prexuízos que aínda subsisten en España cara ás mulleres negras.

xoves, 23 de marzo de 2023

mércores, 22 de marzo de 2023

VISITA GUIADA AO MUSEO DE BELAS ARTES



Esta semana todo o alumnado de 4º da ESO tiveron a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Museu de Belas Artes de A Coruña, organizado polo Departamento de Historia.




IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores