Amosando publicacións coa etiqueta 1ºBAC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1ºBAC. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de maio de 2025

Obradoiro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva


O alumnado de 1° de bacharelato asistiu a unha charla/obradoiro no noso centro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva.

O profesor da UDC, Francisco Alonso Tajes, explicounos as actualizacións sobre o programa de prevención de lesións e o protocolo de actuación ante as mesmas.

A través da práctica entendemos como funciona a plataforma de presións e a información que nos achega sobre a funcionalidade dos nosos pés.






domingo, 18 de maio de 2025

O alumnado de 1° ESO e 1° Bacharelato superou novos retos no rocódromo de Riazor. Quen dixo medo?






sábado, 10 de maio de 2025

Xornadas Primeiros Auxilios


Como todos os anos, desde o departamento de Educación Física, levamos a cabo as xornadas de Primeiros Auxilios no centro. Nelas participa todo o alumnado desde 1° de ESO ata 1° de bacharelato. Agradecemos moito a colaboración do Centro de Saúde Os Rosales e do CFR da Coruña.

domingo, 4 de maio de 2025

IV Premios Escola en Camiño

Tres alumnas do IES Plurilingüe Rafael Dieste foron galardoadas na IV edición dos Premios Escola en Camiño, organizados por @laopinioncoruna @farodevigo e @elcorreogallegoweb 

As alumnas premiadas foron Shannon González Fernández, na categoría de debuxo, e Verónica Castillo Aguilar e Valeria Ortiz Arias, na categoría de literatura.

Parabéns!!



xoves, 27 de marzo de 2025

Charla sobre o perigo das fake news

O pasado 20 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla sobre o perigo das mentiras, bulos e desinformación en redes sociais, impartida por César Rodríguez, antigo alumno do centro e periodista da Voz de Galicia.



luns, 24 de marzo de 2025

Alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste premiado no concurso literario "Rita Suárez Amado"

Por quinto ano consecutivo, alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste foi galardoado no Concurso Literario "Rita Suárez Amado" que organiza o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, e que celebra este ano as 20 edicións.

Julieta Pérez Luna, de 3º ESO, foi premiada na súa categoría, e Sofía Carou Barreiro, de 4º ESO, e Daniel Rey Cousillas, de 1º bacharelato, acadaron accésits.

Coma sempre, agradecementos especiais á mestra xubilada Mercedes Garrote, que animou ao alumnado a participar no certame, axudándoos no proceso.

Parabéns!

mércores, 19 de marzo de 2025

Exposición Menssana na Domus

O alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica asistiu o venres 7 de marzo á inauguración na Domus da exposición Menssana.

menteScopia é unha iniciativa multimedia de divulgación e promoción da Saúde Mental. Trátase dunha aposta pola educación, a concienciación e a sensibilización en Saúde Mental dirixida aos mozos e que conciencie a pacientes, familias, profesorado, asociacións e outros sectores sociais. MenteScopia persegue transmitir que normalizar a comunicación sobre problemas de Saúde Mental e coñecer o funcionamento do cerebro mellora a saúde mental da poboación e o benestar social.





luns, 17 de marzo de 2025

Dobre premio para Román Rojo: Filosofía e Poesía

Celebramos este mes os dous galardóns que recibiu o noso alumno Román Rojo Campaña, de 1º de Bacharelato: gañador da Olimpíada Filosófica en disertación e o primeiro accésit do Minerva de poesía.

Parabéns Román!

Medicións de radon por parte de alumnado de 1º de bacharelato

A semana pasada, alumnado de 1º Bacharelato da materia de Física e Química, estivo realizando medicións de radon polo centro co dispositivo Minipix cedido polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela).

Esta proposta educativa ten como finalidade o acercamento á física de partículas, a súa medición e o tratamento de datos.




martes, 10 de decembro de 2024

Arte e xustiza: ilustramos os Dereitos Humanos

Unha exposición desde a materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato que nos  achega aos Dereitos humanos e ao mundo da arte.

A partir do 20 de novembro no IES Rafael Dieste na cortiza do corredor da biblioteca do IES Rafael Dieste organizada desde o Departamento de Xeografía e Historia.

O Día dos Dereitos Humanos conmemórase cada ano a nivel mundial para lembrar o compromiso proclamado pola Asemblea das Nacións Unidas en 1948 tras os horrores da II Guerra Mundial.

Este documento histórico afirma os dereitos inalienables que toda persoa ten como ser humano, independentemente de súa etnia, cor de pel, relixión, sexo, idioma, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

A Declaración foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de Decembro de 1948. Establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro.







domingo, 27 de outubro de 2024

Visita de exalumnos para compartir a súa experiencia no último curso

A semana pasado, os exalumnos de 2º de bacharelato Saúl, Hugo e Alejandro, visitaron o centro para explicar a súa experiencia no último curso, en relación á materia de Física. Foi un pracer recibilos, o alumnado de 1º e de 2º Bacharelato agradeceu moito que pasaran por aquí. Grazas!




luns, 27 de maio de 2024

Prácticas co detector de partículas MiniPix

No mes de maio de 2024, o alumnado de Física e Química de 1º de bacharelato adicouse a realizar medicións en diferentes estancias do centro educativo. O material empregado foi un detector MiniPix cedido polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela e deseñado polo CERN. A finalidade da actividade foi unha primeira aproximación á física de partículas e ao coñecemento do impacto da radiación ionizante na nosa contorna.





luns, 13 de maio de 2024

Imaxes que conmoveron ao mundo

Este é un proxecto baseado nas fotografías máis conmovedoras da nosa historia recente.

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste da Coruña organiza unha exposición que non deixará indiferente a ninguén.

A bomba de Hiroshima, a nena Kim Phuc fuxindo do horror do napalm, Hitler na toma de París, nenos xogando mentres o muro de Berlín está en construción, a caída do muro que dividía a cidade, imaxes do atentado do 11S… son algunhas das fotografías que podedes ver estes días nos corredores do noso centro.

Investigamos cada fotografía, que historia hai detrás de cada unha delas, situamos cada imaxe no seu contexto histórico e exploramos a nosa vinculación emocional coa fotografía escollida.

O alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Historia Contemporánea explica ao alumnado de 3º ESO e 4º de ESO cada unha das imaxes.

domingo, 12 de maio de 2024

Gaza hoxe: charla con Sara Ashour

O venres día 3 de maio, o alumnado de 4 ESO e de 1º Bacharelato da materia de Historia Contemporánea, asistiu á charla organizada desde o equipo da Biblioteca do IES Rafael Dieste. 

Na actividade contamos coa presenza de Sara Ashour, unha universitaria de orixe palestina nacida en Gaza e afincada en Santiago de Compostela. A charla ven promovida pola Fundación Araguaney, unha sociedade sen ánimo de lucro e un referente en Galicia desde 1985 que coopera na difusión da diversidade cultural.

Sara chegou a Galicia con cinco anos. Desde aquela regresou a Gaza en varias ocasións, ata 2014, debido ao agravamento da situación en Gaza. Hoxe en día, parte da súa familia está alí, ademais das súas amizades.

Sara está visitando diferentes centros educativos co fin de presentar e sensibilizar aos adolescentes do que está a pasar na franxa de Gaza, o seu bloqueo e o desastre humanitario xerado por un conflito que parece non ter fin. 

Tras visionar o vídeo “Gaza”, Sara explicounos a orixe do conflito israelí-palestino e a situación a día de hoxe, respondendo ás preguntas do alumnado.

xoves, 18 de abril de 2024

Talleres de Primeiros Auxilios

Todo o alumnado de 1°, 2°, 3° e 4° de ESO e de 1° de bacharelato participou durante estas dúas semanas nos talleres de Primeiros Auxilios organizados desde o Departamento de Educación Física. Neles aprenderon a actuar ante unha emerxencia seguindo o protocolo PAS (Protexer, avisar e socorrer), ante un atragoamento, a realizar unha reanimación cardiopulmonar (RCP) e a usar un desfibrilador.

Moitas grazas ao persoal sanitario do Centro de Saúde dos Rosales e ao Centro de Formación e Recursos da Coruña.





venres, 8 de marzo de 2024

INTERCAMBIO 2023-24 ALKÖNIGSCHULE, KRONBERG - RAFAEL DIESTE, A CORUÑA


Hoxe rematan as actividades da segunda parte do Intercambio 2023-24 KRONBERG-A CORUÑA. A estadía dunha semana rematará mañá cando regresen a casa. Aquí tedes unha recopilación das fotos de todo o grupo que fixemos durante as actividades, tedes toda a información completa no blog de inglés nesta ligazón: INTERCAMBIO 2023-24 - KRONBERG 



luns, 22 de xaneiro de 2024

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores